Arestora, está formada por 505 décimos, da práctica totalidade de sorteos, ordinarios, especiais e extraordinarios, celebrados entre os anos 1969 e 1977. Esta recompilación non só destaca polo seu valor coleccionista, senón tamén pola relevancia como reflexo dunha época na que a lotaría se convertiu nunha tradición profundamente arraigada na sociedade española.

Conforme a compra de décimos se foi establecendo como unha práctica habitual entre a poboación, as autoridades comprenderon que a Lotaría Nacional podía ser máis que un sinxelo xogo de azar. Recoñeceron nela unha ferramenta para a comunicación de ideas, valores, coñecementos ou tradicións. Así, os décimos comezaron a utilizarse tamén como soporte gráfico e simbólico para transmitir mensaxes que axudaran a difundir a historia, a cultura e a identidade colectiva do país, pero tamén as ideas que se querían promover.

Neste sentido, a colección do MPL representa un claro exemplo desta función informativa. Está integrada, na súa maior parte, por series temáticas con motivos que aluden a feitos históricos, modalidades deportivas e elementos patrimoniais de grande importancia. Pero estas emisións non só tiñan un fin informativo ou cultural, senón tamén un compoñente propagandístico evidente, especialmente nun contexto coma o dos anos finais do franquismo e a transición democrática, un período marcado por profundos cambios sociais, políticos e culturais.

O décimo máis antigo que forma parte da colección data do 6 de marzo de 1967,  e pertence á serie A escultura española. Nel represéntase a célebre Dama de Elx, unha das pezas máis destacadas do patrimonio arqueolóxico nacional. A súa inclusión nesta serie non é casual xa que esta escultura voltou a España no ano 1941, como resultado dun intercambio diplomático entre o réxime franquista e o goberno francés de Pétain, en plena Segunda Guerra Mundial. Este feito foi interpretado coma un logro no ámbito internacional, convertíndose nun símbolo da recuperación do patrimonio histórico español.

Décimo da Lotaría Nacional de 1967 co motivo "A Escultura española": imaxe da representación do Mestre Mateo aos pés do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, que popularmente é coñecido como o "Santo dos Croques".O número do décimo é o 50547 / ANVERSO. Impresión / 50547 / Lotería Nacional / Décima parte del billete para el sorteo del día 26 de julio de 1967 / El jefe del servicio (sinatura) / Séptima / 50547 / 21/67 / 7ª / Precio 50 pesetas / 2ª serie / El Maestro Mateo. Santiago de Compostela (imaxe) / Fca. Nal. de Moneda y Timbre / REVERSO. Impresión / Sorteo del día 26 de julio de 1967. Sistema moderno. 8 series con 60.000 billetes de 500 pesetas. (Resumo de premios) / Extracto de la instrucción de Loterías (texto) / Próximo sorteo: 5 de agosto. Billetes de 500 ptas., en décimos de 50 ptas
 

Décimo da Lotaría Nacional de 1973 co motivo "España medra": imaxe que representa o encoro de Alarcón en Cuenca. O número do décimo é o 57939 / ANVERSO. Impresión / (Escudo) / 57939 / Lotería Nacional. Décima parte del billete para el sorteo del día 16 de enero de 1973 / El jefe del servicio (sinatura) / Segunda / 57939 / 2/73 / 2ª / 3ª serie / Precio 150 pesetas / "Embalse" de Alarcón (imaxe) / Fca. Nal. de Moneda y Timbre / REVERSO. Impresión / Sorteo del día 16 de enero de 1973. Sistema moderno. 8 series de 60.000 billetes de 1.500 pesetas. (Resumo de premios) / Extracto de la instrucción de Loterías (texto) / Próximo sorteo: 25 de enero. Billetes de 1.000 ptas., en décimos de 100 ptas
 

Décimo do ano 1967 coa efixie da Dama de Elx, o máis antigo do MPL (LT-1).
Colección do MPL

Por outro lado, a colección tamén da conta de momentos clave no ámbito deportivo. O ano 1968, por exemplo, foi o dos Xogos Olímpicos en Cidade de México, de verán, e en Grenoble, de inverno. Coincidindo con estos acontecementos, emitiuse unha serie con imaxes de temática deportiva, que non só amosaban diferentes modalidades, senón que tamén contribuían á promoción do deporte e dos seus valores entre a cidadanía.

                      Imagen 2

 

Á esquerda, décimo da Lotería Nacional "Especial do Día do Neno" de 1968 cunha imaxe dun deportista facendo esquí (LT-22). Á dereita, décimo "Especial de Vacacións" coa imaxe duns deportistas facendo piragüismo (LT-34).
Colección do MPL.

Outra das series destacadas é a de 1969, dedicada ao refraneiro popular español. Esta elección reflicte o interese por conservar e valorar unha parte esencial do patrimonio inmaterial. Os refráns, transmitidos de xeración en xeración, son unha fonte de sabiduría popular. A través deles preservouse, durante séculos, valores, crenzas, normas sociais e experiencias cotiás do pobo. A súa inclusión nos décimos amosa o papel da Lotaría Nacional como vehículo de identidade cultural.

 

Décimo do ano 1969 cunha imaxe que representa o refrán "Agua pasada no mueve molino" (LT-80).
Colección do MPL

Finalmente, a última das series incluídas na colección do MPL corresponde ao ano 1977. Nela preséntanse diversos motivos relacionados coas provincias española, nun claro esforzo por destacar a diversidade e a riqueza cultural do Estado. Entre os décimos destaca especialmente o emitido o día 16 de xullo dese ano que amosa unha imaxe do claustro do antigo convento de San Francisco, actual sede do Museo Provincial de Lugo.

Este exemplo ilustra como os décimos non só representan elementos históricos ou artísticos, senón tamén lugares concretos, fomentando así o coñecemento e a valorización do patrimonio local. En conxunto, esta colección documenta non só unha etapa concreta da historia da Lotaría Nacional, senón tamén ofrece un testimonio gráfico e simbólico da evolución social e cultural de España durante casi unha década clave da historia recente.

 

Décimo do ano 1977 co motivo do claustro do antigo convento de San Francisco, actual Museo Provincial de Lugo
Colección do MPL (LT-409)

< Previous page Next page >