Vista de Lugo con muralla
- Clasificación xenérica
- Pintura
- Obxecto
- Cadro
- Título / denominación
- Vista de Lugo con muralla
- Autor / Cultura / Taller / CECA
-
Colmeiro, Manuel (1901-1999)
Manuel Colmeiro Guimarás
Chapa, Silleda, Pontevedra 1901- Salvaterra do Miño, Pontevedra 1999 - Cronoloxía
- 1934
- Dimensións
- 65 x 81 cm.
- Materia / Soporte
- Óleo/lenzo
- Técnica construtiva / decorativa
- Pintura
- Estado de conservación
- Bo
- Descrición
-
Obra de formato rectangular. Composición a base dunha paisaxe urbana. En primeiro plano á esquerda, a Muralla romana de Lugo, pintada desde un punto de vista elevado dende o que se pode ver o adarve, debuxa unha diagonal que conduce ao espectador cara ao fondo.
Á dereita unha rúa pola que circula un home cun carro e dúas vacas, bordeada por unha ringleira de pequenas casa brancas con tellados negros, nunha das cales se pode ler: "VIÑOS/COMIDA".
Ao fondo unha sucesión de suaves lombas con prados e arboledas.
A paleta de cor utilizada é sobria, con predominio dos tons terras. A pincelada é densa e matérica.
A luz difusa non produce contrastes lumínicos.
- Medios
-
IMG_0251.jpg
Parte de Vista de Lugo con muralla
