Panadeiras
- Clasificación xenérica
- Pintura
- Obxecto
- Cadro
- Título / denominación
- Panadeiras
- Autor / Cultura / Taller / CECA
-
Colmeiro, Manuel (1901-1999)
Manuel Colmeiro Guimarás
Chapa, Silleda, Pontevedra 1901- Salvaterra do Miño, Pontevedra 1999 - Cronoloxía
- 1977/79
- Dimensións
- 81,3 x 100 cm.
- Materia / Soporte
- Óleo/lenzo
- Técnica construtiva / decorativa
- Pintura
- Estado de conservación
- Bo
- Descrición
-
Obra de formato rectangular. Escena na que aparecen catro figuras femininas. En primeiro plano, á esquerda, dúas mulleres de pé, unha en tres cuartos e outra de fronte, con senllos bolos de pan entre as súas mans e unha mesa con mantel branco sobre a que hai varios pedazos de pan.
En segundo plano, á esquerda, outras dúas figuras femininas de costas portando dous cestos.
Composición equilibrada de volumes contundentes. As figuras están realizadas a base de manchas de cor sen contornos e parecen emanar luz.
A paleta de cor é austera, baseada en grises de diferentes tonalidades e toques de amarelo e branco. A pincelada é solta.
A obra constitúe unha das series máis características do artista. - Exposicións
- "M. Colmeiro a través da súa obra". Casa das Artes do Concello de Vigo e Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo. Do 25 de febreiro ata o 4 de abril de 1999.
- Medios
-
_MG_8233.tif
Parte de Panadeiras
