Paisaxe
- Clasificación xenérica
- Pintura
- Obxecto
- Cadro
- Título / denominación
- Paisaxe
- Autor / Cultura / Taller / CECA
-
Colmeiro, Manuel. (1901-1999)
Manuel Colmeiro Guimarás
Chapas, Silleda, Pontevedra 1901- Salvaterra do Miño, Pontevedra 1999 - Cronoloxía
- 1975
- Dimensións
- 81´5 X 100 cm.
- Materia / Soporte
- Óleo/lenzo
- Técnica construtiva / decorativa
- Pintura
- Estado de conservación
- Bo
- Descrición
-
Obra de formato rectangular. Composición que representa unha paisaxe rural.
En primeiro plano prados resoltos a base de degradación de tons verdes e unha ringleira de árbores de cor marrón. En segundo plano, no centro, un grupo de casas en tonalidades marróns e, ao fondo, montañas de suaves lombas.
O ceo, gris chumbo, aclárase cara a unha liña de horizonte alta.
Na obra priman os valores cromáticos. A paleta empregada é parca pero vibrante e a pincelada solta.
Emprego dunha fonte de luz neutra e difusa que non produce contrastes.
- Medios
-
P-0052.tif
Parte de Paisaxe
