Obra de formato rectangular. Composición a base dunha paisaxe urbana. En primeiro plano, á esquerda, a Muralla romana de Lugo vista desde un punto de vista elevado, debuxando unha diagonal que conduce ao espectador cara ao fondo.
Á dereita, unha rúa pola que circula un home cun carro e dúas vacas, bordeada por unha ringleira de pequenas casas, nunha das cales se pode ler: "VIÑOS/COMIDA".
Ao fondo unha sucesión de suaves lombas con prados e arboledas.
Realizado a base de rotundos e grosos trazos.
Obra de formato rectangular. Escena da vida cotiá no mundo rural galego que representa un mercado ateigado de xente.
En primeiro plano, á esquerda, unha figura feminina de pé suxeita a un bebé en brazos. Á dereita outras mulleres mostran a mercadoría que conteñen as súas cestas a dous homes. En segundo plano, varias persoas soben e baixan por unha escaleira diante dunha casa con tellado vermello e unha xanela aberta.
Ao fondo, varias figuras, que semellan esculturas, distribúense sentadas ao redor de mesas baixo toldos ao redor dunha gran árbore.
Predominio da cor e da forma.
Paleta de cor vibrante e luminosa con pincelada solta.
Obra de formato rectangular. Composición que representa unha paisaxe rural.
En primeiro plano prados resoltos a base de degradación de tons verdes e unha ringleira de árbores de cor marrón. En segundo plano, no centro, un grupo de casas en tonalidades marróns e, ao fondo, montañas de suaves lombas.
O ceo, gris chumbo, aclárase cara a unha liña de horizonte alta.
Na obra priman os valores cromáticos. A paleta empregada é parca pero vibrante e a pincelada solta.
Emprego dunha fonte de luz neutra e difusa que non produce contrastes.
Obra de formato rectangular. Escena na que aparecen catro figuras femininas. En primeiro plano, á esquerda, dúas mulleres de pé, unha en tres cuartos e outra de fronte, con senllos bolos de pan entre as súas mans e unha mesa con mantel branco sobre a que hai varios pedazos de pan.
En segundo plano, á esquerda, outras dúas figuras femininas de costas portando dous cestos.
Composición equilibrada de volumes contundentes. As figuras están realizadas a base de manchas de cor sen contornos e parecen emanar luz.
A paleta de cor é austera, baseada en grises de diferentes tonalidades e toques de amarelo e branco. A pincelada é solta.
A obra constitúe unha das series máis características do artista.
Obra de formato cadrado. Composición a base de tres figuras femininas. Unha muller nova, con cabelo castaño cuberto cun pano vermello, camisa e saia azuis e chaqueta amarela sentada sobre un banco. Suxeita no seu colo a unha nena pequena con vestido branco. Ao seu lado, á esquerda, outra nena, de cabelo louro e vestido branco, ten na súa man dereita unha mazá.
As figuras recórtanse sobre unha parede de cor gris escura na que se abre un van á esquerda, a través do cal asoma a cabeza dunha vaca.
Iconograficamente trátase dunha maternidade. As figuras representadas son hieráticas, volumétricas e escultóricas.
A luz é difusa polo que non se dan contrastes de luces e sombras.
A paleta de cores é intensa e sobria e a pincelada empastada.
Obra de formato rectangular. Composición a base dunha paisaxe urbana. En primeiro plano á esquerda, a Muralla romana de Lugo, pintada desde un punto de vista elevado dende o que se pode ver o adarve, debuxa unha diagonal que conduce ao espectador cara ao fondo.
Á dereita unha rúa pola que circula un home cun carro e dúas vacas, bordeada por unha ringleira de pequenas casa brancas con tellados negros, nunha das cales se pode ler: "VIÑOS/COMIDA".
Ao fondo unha sucesión de suaves lombas con prados e arboledas.
A paleta de cor utilizada é sobria, con predominio dos tons terras. A pincelada é densa e matérica.
A luz difusa non produce contrastes lumínicos.