[Sin título]
- Obxecto
- Froiteiro
- Autor / Cultura / Taller / CECA
- Real Fábrica de Louza de Sargadelos (Cervo, Lugo)
- Cronoloxía
- 3.ª época (1845-1862)
- Dimensións
-
ALT: 8
GR: 0,3
DIÁM: 35 - Peso
- 1288
- Materia / Soporte
- Louza fina de pedernal
- Estado de conservación
- Regular
- Descrición
-
Froiteiro en forma circular, de cuncha con bordo ondulado. Decoración estampada en negro: o tema principal, no centro, é un xardín imaxinario tipo "Góndola", victoriano, e caracterizado pola presenza dun gran floreiro clásico en primeiro termo, balaustres, escalinatas que baixan ao río por onde navega unha pequena embarcación a vela. Polo fondo, edificacións neoclásicas e montañas.
No bordo, decoración de viñetas con paisaxes "Góndola" alternando con rosas; parte exterior, catro ramitos de flores.
- Medios
-
S-0117.png
Parte de [Sin título]
