[Sin título]
- Obxecto
- Xerra
- Autor / Cultura / Taller / CECA
- Real Fábrica de Louza de Sargadelos (Cervo, Lugo)
- Cronoloxía
- 3.ª ou 4.ª época (1845-1862) ou (1870-1875)
- Dimensións
-
ALT: 27
ANC: 21,5 - Materia / Soporte
- Louza fina de pedernal. Feito a molde.
- Estado de conservación
- Regular
- Descrición
-
Xerra de lavabo de forma "pico de pato". Decorada con estampados en cor negra.
O tema principal compóñeno dúas grandes viñetas do tipo vistas ideais, idénticas, unha a cada lado do bandullo. Pertencen ao modelo " Góndola", que é un xardín victoriano caracterizado pola presenza dun gran floreiro en primeiro plano, balaustre, escalinatas e abundante vexetación. Composición en zig- zag xerada pola existencia dun río sobre o que circula unha góndola. Na base e asa cenefa de capullos de rosa. Bezo e rebezo: alternancia de viñetas.
- Medios
-
S-0122.png
Parte de [Sin título]
