[Sin título]
- Obxecto
- Sopeira
- Autor / Cultura / Taller / CECA
- Real Fábrica de Louza de Sargadelos (Cervo, Lugo)
- Cronoloxía
- 3.ª época (1845-1862)
- Dimensións
-
ALT: 24
ANC: 38
FON: 21,8 - Materia / Soporte
- Louza fina de pedernal
- Estado de conservación
- Regular
- Descrición
-
Sopeira en forma ovalada con asas en forma de cuncha e tapa con remate en flor e follas en relevo. Decoración en rosa carmín.
O tema principal é unha viñeta con paisaxe imaxinaria: xardín vitoriano, no que todo se organiza en torno a un río; hai abundante vexetación: árbores altas, piñeiros, cipreses..., e mestura de estilos arquitectónicos, abundando os templos clásicos. Esta viñeta reprodúcese dúas veces nos lados máis anchos do bandullo. Completan a decoración: orlas de flores sobre tule e remate de cestaría na tapa, boca e base da sopeira.
- Medios
-
S-0185.png
Parte de [Sin título]
