[Sin título]
- Obxecto
- Prato
- Autor / Cultura / Taller / CECA
- Real Fábrica de Louza de Sargadelos (Cervo, Lugo)
- Cronoloxía
- 3.ª época (1845-1862)
- Dimensións
-
ALT: 2,8
GR: 0,1
DIÁM: 23,8 - 15 - Materia / Soporte
- Louza fina de pedernal
- Estado de conservación
- Regular
- Descrición
- Prato de sobremesa de bordo liso decorado con estampados en gris. O tema principal é unha viñeta con paisaxe imaxinaria romántica, cunha composición marcadamente escenográfica que se organiza en torno a un río en zig-zag, rochas, abundante vexetación. Unha ponte sobre a que hai dous personaxes con canas de pescar une os dous lados do río. Á dereita, edificios de altas torres rompen a horizontalidade e equilibra a composición unha árbore alta á esquerda; en último plano, edificios, unha embarcación a vela e montañas. Orla na á do prato a base de orla con uvas e follas de vide entre dúas pequenas orlas de encaixe.
- Medios
-
S-0212.png
Parte de [Sin título]
