[Sin título]
- Obxecto
- Almofía
- Autor / Cultura / Taller / CECA
- Real Fábrica de Louza de Sargadelos (Cervo, Lugo)
- Cronoloxía
- 3.ª época (1845-1862)
- Dimensións
-
ALT: 9,7
GR: 0,2
DIÁM: 32,5 - 17 - Materia / Soporte
- Louza fina de pedernal
- Estado de conservación
- Bo
- Descrición
- Almofía de bordo poligonal con decoración estampada en negro. O motivo principal céntrase no fondo e pertence á serie de xardíns románticos: neste caso caracterizado pola presenza dunha gran fonte en primeiro plano; de base octogonal. A composición, con marcado carácter escenográfico, organízase en torno a un río en zig-zag sobre o que navegan dúas embarcacións tipo "Góndola". O río aparece enmarcado por balaústres. Ao fondo, edificios palacianos. Na bufarda, onda composta por orla floral sobre tule e remate interno de cestaría gótica.
Parte de [Sin título]



