[Sin título]
- Obxecto
- Almofía
- Autor / Cultura / Taller / CECA
- Real Fábrica de Louza de Sargadelos (Cervo, Lugo)
- Cronoloxía
- 3.ª época (1845-1862)
- Dimensións
-
ALT: 11
GR: 0,4
DIÁM: 30 - 13,5 - Materia / Soporte
- Louza fina de pedernal
- Estado de conservación
- Regular
- Descrición
- Almofía decorada con estampacións en verde. O tema principal no centro do fondo representa unha viñeta cunha escena do Quixote, concretamente do capítulo XVII "onde se proseguen os innumerables traballos que o bravo D. Quixote e o seu bo escudeiro Sancho Panza pasaron na venda, que polo seu mal pensou que era castelo: ... "e alí posto Sancho en metade da manta, comezaron a levantalo en alto e folgarse con el como can por carnes tolendas. As voces que o mísero manteado daba foron tantas que chegaron a oídos do seu amo, o cal deténdose a escoitar atentamente, creu que algunha nova aventura lle viña... ". No debuxo reprodúcese o momento en que Sancho está a ser elevado polos aires, á porta da venda e detrás dun muro aparece don Quijote sobre Rocinante. Faise unha referencia á paisaxe, con montañas picudas. No bandullo repítese unha mesma viñeta con paisaxe imaxinaria: home sobre cabalo, río, ponte, pazos e edificacións rurais. Completa a decoración "orla tipo isabelino" de orlas de roleos. Esta orla é copia dunha inglesa da fábrica "Copeland & Garret " fundada por Sporcle en Stanffordshire.
Parte de [Sin título]



