[Sin título]
- Obxecto
- Prato
- Autor / Cultura / Taller / CECA
- Real Fábrica de Louza de Sargadelos (Cervo, Lugo)
- Cronoloxía
- 3.ª época (1845-1862)
- Dimensións
-
ALT: 2,5
GR: 0,1
DIÁM: 22 - 14 - Materia / Soporte
- Louza fina de pedernal
- Estado de conservación
- Bo
- Descrición
-
Prato de sobremesa con decoración estampada en negro. O tema principal é unha viñeta cunha ilustración do capítulo II do Quixote que trata da primeira saída que da súa terra fixo o enxeñoso D. Quixote: "... chegouse á porta da venda e viu as dúas distraídas mozas que alí estaban, que a el lle pareceron dúas fermosas doncelas e dúas graciosas damas que diante da porta do castelo se estaban a solazar... ".
Aparece en primeiro plano don Quijote sobre Rocinante falando a dúas doncelas que están de pé á porta dunha casa; unhas montañas e espesas nubes serven de fondo á composición. A estrutura das mesmas, alongadas e fantasmagóricas achégannos ao Romanticismo e á pintura de Villaamil.
Completa a decoración a orla "tipo isabelino" da á do prato, con roleos, que é unha copia da orla empregada pola fábrica fundada por Sporcle en Staffordshire e que en 1833 se chamou "Copeland & Garret " (1833-1847)
- Medios
-
S-0273.png
Parte de [Sin título]
