[Sin título]
- Obxecto
- Mambrú
- Autor / Cultura / Taller / CECA
- Real Fábrica de Louza de Sargadelos (Cervo, Lugo)
- Cronoloxía
- 3.ª época (1845-1862)
- Dimensións
-
ALT: 32
ANC: 12 - Peso
- 1.500
- Materia / Soporte
- Louza fina. Feito a molde
- Estado de conservación
- Bo
- Descrición
- Xerra en forma de personaxe masculino sedente. Viste ao gusto da época: sombreiro de candil azul cobalto, levita tamén azul, chaleco ou chambra violeta con botóns na parte dianteira e petos, pantalóns marrons, medias brancas e zapatos con fibelas amarelas. O personaxe está sentado sobre unha cadeira de brazos, as súas mans repousan sobre os xeonllos, ollos e cellas marrons e boca vermella, todo moi esquemático. O exceso de pintura dado no sombreiro fixo que discorrese cara á cara dándolle este característico aspecto. Na parte traseira está a asa.
Parte de [Sin título]



