Forma rectangular de material duro e resistente ás altas temperaturas. Fabricado para a elaboración de fornos...
Presenta unha inscrición dentro dun recuadro rectangular gravado cando a pasta estaba fresca: "CERÁMICA DE SARGADELOS".
Ladrillo en forma de bloque rectangular de material moi duro e resistente a altas temperaturas, fabricado para a realización de fornos.
Presenta unha inscrición: "CERÁMICA DE SARGADELOS".
Fonte chaira de forma ovalada con bordo de ondas.
Decoración estampada en azul tipo "paisaxes ideais". O motivo central é o denominado "Góndola", procedente dun modelo inglés. Trátase dun xardín victoriano caracterizado por un gran floreiro clásico en primeiro plano, balaustres, vexetación, escaleiras que baixan a un lago por onde navega unha embarcación a vela. Ao fondo, edificios con columnas, ponte e outeiros. Nas guardillas, decoración de viñetas con vistas igual ao motivo central, que se repiten, alternando con rosas.
Molde para a realización dunha pila de auga bendita: é unha das partes na que se ve en relevo afundido Xesucristo crucificado e a forma da pileta. Outro molde formaría con este a matriz.
Molde de ferro en forma de "Y" con vástago para "agarrar". Empregábase para realizar "patas de galo", que eran unhas pezas empregadas para a suxeición da obra torneada dentro do forno: para separar pezas, impedir que se movesen...
Molde para a realización dunha fonte alongada co bordo de ondas. Estaría constituído por dúas pezas: esta é unha que produciría a parte interna da fonte e a outra parte a externa. O sistema empregado con este molde sería por "presión" coa pasta semisólida.
Pequenas pezas de forma piramidal que presentan diferente colorido debido ás distintas temperaturas que soportaron nas coccións. Empregábanse para separar e suxeitar as pezas dentro do forno.
Parte dun molde de prato sopeiro. A matriz estaba constituída por este molde de forma circular do que se obtería a forma interna do prato e outro molde mediante o cal sairía a parte externa.
Realizaríase pola técnica de "presión" coa pasta semisólida.
Prato de bordo liso e decoración estampada en verde de carácter xeral, consistente en grupos ou inflorescencias coas súas follas pequenas a xeito de breixo. O motivo repítese catro veces na á do prato (idéntico motivo) e no centro o mesmo motivo adquire unha forma redondeada.
Prato de sobremesa. Decorado con estampados en azul cobalto esvaídos. O bordo, en relevo a base de follas de acanto, está repasado a pincel.
Os motivos estampados de carácter "chinesco" consistente en grupos de flores, paxaros do paraíso e roleos (mestura de elementos orientais e europeos) salpícanse por toda a superficie do prato simetricamente: un no centro e seis arredor.
Molde de forma circular para realizar pés de pezas como teteiras, azucreiros, leiteiras e cafeteiras. Presenta cinco "caixas" onde encaixarían outros tantos "testigos" que irían incluídos dentro doutro molde que completaría o molde ou "matriz".
O sistema empregado con estes moldes era por "presión" coa pasta semisólida.
Molde circular para realizar os pomos das tapadeiras de botes, sopeiras... por presión, é dicir, coa "pasta" semisólida.
É a metade da matriz e contén unhos testigos (3) que encaixarían perfectamente dentro dunhas "caixas" que contería o outro molde.
Parte dun molde de platiño: este molde colocábase na cabeza dun torno, a continuación aplicábase unha "galleta" de pasta sobre o mesmo; un brazo mecánico fixo á mesa do torno cun portacalibre realizaría a parte externa do prato, mentres que o molde a interna, ao poñer en movemento o torno.
Cunca de gran grosor para bebidas moi quentes como o chocolate.
O grosor das súas paredes fai que a peza teña unha gran resistencia o que a fai apta para cafeterías ou establecementos públicos.
Como decoración presenta dúas cenefas en azul cobalto a base de campanillas trepadoras.
Cunca para chocolate, de grosas paredes, como ocorre frecuentemente coa louza dos establecementos públicos; forma cilíndrica e un asa.
Dúas cenefas con estampados en azul cobalto percorren as partes superior e inferior: trátase dunha orla de campanillas (tamén no asa).
Na fronte (lado oposto do asa), unha inscrición: "Circo-Recreo/de (en letra inglesa) / LUGO" (en maiúsculas e letra romana dobre).
Molde de forma alongada para realizar asas de cafeteiras polo sistema de "presión" con pasta semisólida. Presenta catro orificios ou caixas onde encaixarían outros tantas "testigos" doutro molde que completaría o asa.
Benditera no segundo paso da súa fabricación, en biscoito: despois de ser moldeada e ensambladas as dúas partes das que consta enfornouse a 1.000º C. A peza, así, estaría lista para estampar posteriormente, pero non chegou a terminarse.
Na parte superior posúe dous orificios para poder ser colgada da parede.
Prato pequeno de bordo liso e decoración estampada en azul.
No centro, tema que parece un fragmento sacado dun xardín romántico: á beira dunha estrutura decorativa, adornada con flores, aparece un pavo real asentado nunha rama.
Nas guardillas: cenefa ancha a base de rosáceas con zarcillos (podería tratarse de plantas tipo silvas coas súas mouras). Bordo de encaixe moi fino.
Figura de adorno de can de lás sentado sobre as súas patas traseiras e sobre unha peaña ovalada e que mira á fronte: os ollos son dous círculos con senllos puntos dentro de cada un; o fociño negro igual que os pezuños e o colar; no lombo, patas e orellas toques de esponxa con pintura negra. A peaña está decorada tamén a esponxa pero en verde.
Palilleiro en forma de can dogo tombado: posúe os orificios para os escarvadentes no lombo do animal.
Está decorado con rapidez e falta de precisión e detalle: un bozo a base de trazos marrons; os ollos son dous puntos azuis e o corpo está cuberto por manchas, feitas a esponxa, en cor verdosa.
En forma de cabeza de can. Está policromada "a esponxa", dando pequenos toques sobre a superficie creando un efecto de "salpicado" en cor negra. Os ollos, fociño e bigotes pintados a pincel en cor negra. O colo é verde.
Con forma de cabeza de can co fociño pintado de negro do que parten bigotes negros tamén. Cabeza pintada en marrón claro mediante toques de esponxa que dá unha sensación de "salpicado". Ollos negros e colo verde claro.
Figuriña que reproduce unha "ave do paraíso" con á e larga cola decorada en cores, pico amarelo, crista vermella e ollos negros, poutas amarelas, no corpo decoración a base de fileiras de puntitos violeta, azul, vermello, verde e amarelo, a á e a cola con debuxo imitando plumas en todas estas cores.
A ave aséntase sobre unha especie de madeiro verde con nós e hoquedades onde, nun niño, hai tres ovos brancos decorados con pintas vermellas.
Forma circular plana. Os números debuxados en negro e perfilados en azul claro: numeración inglesa para as horas. División en minutos (numeración máis pequena). Debaixo de cada hora unha pequena rama en azul pálido e nas "3" e "9" senllas flores.
Debaixo do "12": "Sargadelos" en negro, e sobre as "6": "Año de 1860".
Galo de adorno decorado a pincel e esponxa: crista vermella, pico amarelo e corpo en marrón escuro. Está de pé sobre base verde claro. Os ollos son dous círculos marrons dentro dos cales hai senllos puntos.
Cabeza de can, oca, pintada a man en tons marrons: escuro para orellas, colo, cellas e pómulos, e máis claro no resto para conseguir así certo volume. Os ollos en negro, igual que o fociño e os bigotes.
Nunha carta comercial do ano 1872 pídese á fábrica certo número de "cabezas de can para palilleiros de mesa"...
"Palillero" en forma de burro de cor branca con manchas negras. Os ollos son dúas manchas azuis e leva alforxas amarelas e vermellas en cada unha das cales hai tres orificios para os escarvadentes.
A base é verde imitando o campo e conseguiuse a base de toques coa esponxa empapada en pintura.
Botella para auga bendita en forma de Virxe das Angustias: a Virxe posúe un gran manto que a cobre de cabeza aos pés, en cor marrón co bordo negro, túnica marrón longa. Mans xuntas sobre a cintura, ollos e cellas negras. Tanto a pintura do manto como da túnica está dada en exceso polo que cae formando grandes chorretones que discorre ata a peaña. A tapadeira constitúea a coroa da cabeza e na parte traseira ten asa para suxeitala.
Xerra en forma de personaxe masculino sedente. Viste ao gusto da época: sombreiro de candil azul cobalto, levita tamén azul, chaleco ou chambra violeta con botóns na parte dianteira e petos, pantalóns marrons, medias brancas e zapatos con fibelas amarelas. O personaxe está sentado sobre unha cadeira de brazos, as súas mans repousan sobre os xeonllos, ollos e cellas marrons e boca vermella, todo moi esquemático. O exceso de pintura dado no sombreiro fixo que discorrese cara á cara dándolle este característico aspecto. Na parte traseira está a asa.
Xerra en forma de personaxe masculino sentado nunha cadeira de brazos decorada a base de cores verdes brillantes e arabescos en azul.
O personaxe cóbrese cun sombreiro negro de candil, que serve de vertedor e un tapón negro tamén. Viste levita azul cobalto, chambra amarela con abotoadura en negro, gravata e pantalón negro, medias brancas e zapatos con fibela.
Os ollos esquematizados, as súas dúas mans sobre os xeonllos e nun dos dedos maimiños leva unha sortella. Na parte traseira: costas e cadeira, leva a asa. Estas pezas teñen a súa orixe nos "toby jug " ingleses do S. XIX.
Prato chairo de bordo liso. Decoración pintada de carácter floral consistente nun motivo central de gran tamaño que é unha especie de rosa ou peonía realizada en vermello-carmín, a base de grandes e soltos trazos, da que parten en cruz unhas ramas negras con follas e capullos azuis.
Nas guardillas, decoración de ramitos pequenos illados a base de rosas con talos finos negros e follas verdes con capullos azuis.
Cuenco con decoración pintada a man a base de flores, clavelones vermellos, unidos entre si por ramos finos negros, follas verdes e capullos azuis.
No fondo, no interior, capullo pequeno azul con follas verdes.
Prato de sobremesa de bordo liso. O tema principal, no centro, é un clavelón vermello do que parten poliñas en negro, radialmente, con follas verdes e capullos azuis.
Nas guardillas, clavelones vermellos unidos entre si por finos talos negros con follas verdes e capullitos azuis.
As cores están aplicadas bastante diluídas.