Fonte de forma ochavada con decoración estampada en negro grisáceo.
O tema principal, localizado no centro, é unha viñeta con paisaxe real, dun peirao sobre o que hai uns personaxes, pequenas embarcacións e ao fondo unha ponte. Debaixo hai unha inscrición: "PUENTE DE LA CARNICERIA EN MATANZAS".
Completa a decoración, nas guardillas, ancha cenefa de empedrados con roleos e remate de encaixe e fina cenefa de rombos.
Fonte redonda, chaira, con decoración estampada en azul.
O tema principal é unha viñeta con vista real na que aparece, en primeiro plano, un peirao e pequenas embarcacións. Ao fondo, unha ponte. Debaixo da ilustración hai unha inscrición: "PUENTE DE LA CARNICERÍA DE MATANZAS".
Completa a decoración, nas guardillas, ancha banda con dúas cenefas de roleos separadas por campo moteado.
Fonte octogonal fonda con pé alto e dúas asas laterais, labiadas, con motivos vexetais en relevo. Estampados en marrón.
O tema principal dáse no fondo, e é unha viñeta con paisaxe real marítima, con pequenas embarcacións e ao fondo un peirao. Debaixo "COMANDANCIA GENERAL DE MARINA DE LA HABANA". Encima: "JOSÉ CAPÓN".
Completa a decoración unha ancha cenefa con roleos e cardos.
Fonte oitavada chaira con estampados en azul cobalto. O tema principal é unha estampa real do porto da Habana, destacando en primeiro plano un gran barco de vapor de mercadorías. Debaixo o epígrafe "Castillo del Morro de la Habana". Nas bufardas ancha orla formada por dúas orlas de roleos e cardos separadas por campo moteado. Esta decoración procede da fábrica inglesa " Copeland & Garret" (1833).
Prato chairo con bordo de ondas. Decoración estampada en dúas cores: o tema principal en gris e o bordo en negro.
O tema principal é unha viñeta con vista real dun xardín e debaixo o epígrafe: "Fuente de la India en el Paseo Nuevo". Completa a decoración, na bufarda, ancha orla a base de empechados e roleos puntillados e pequena orla de rombos.
Prato fondo de bordo poligonal e estampacións en negro nítido. O tema principal, no centro, é unha viñeta cunha vista de Cuba. Debaixo reza unha inscrición: "Fuente de la India en el Paseo Nuevo". O tema procede dunha ilustración da época.
Completa a decoración, nas bufardas, dobre orla de roleos e cardos, copiada de modelos da fábrica inglesa " Copeland & Garret" (1833).
Fonte ovalada, fonda, co bordo de ondas e decoración estampada en rosado. O tema principal localízase no centro e é unha gran viñeta con paisaxe realista (aínda que poida ter elementos ficticios). Altas árbores vitorianas en primeiro termo. Nas bufardas, orla floral sobre banda de tul e remate interior en cestaría. Pola parte externa, decorado a base de catro ramitos de rosáceas, un en cada lado.
Prato sopeiro, de bordo poligonal e decorado con estampados en dúas cores. O tema principal, en negro, é unha vista real de Granada. Debaixo unha inscrición "Alhambra de Granada". Posiblemente foi sacada dalgunha ilustración. Nas bufardas a decoración é en azul cobalto e consiste en dúas orlas de roleos e cardos separadas entre si por unha campo moteado. Esta decoración é copiada da fábrica inglesa " Copeland & Garret".
Recipiente de forma ovalada con dúas asas laterais e estampacións en cor negra. O tema principal é unha vista real da Habana baixo o cal hai un epígrafe: "Teatro de Tacón. Habana". O tema procede dunha estampación da época destinado á súa reprodución en revistas. Completan a decoración outras catro viñetas idénticas do "Castillo del Morro de la Habana", e orlas de cardos e roleos nos bordos interno e externo e a base.
Fonte pequena alongada, de forma poligonal, con dúas asas nos lados menores con relevos vexetais. Decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal, situado no centro, é unha viñeta con paisaxe imaxinaria na que a mestura de elementos orientais e occidentais lle dan ese carácter exótico: composición organizada en torno a un gran río en zig-zag sobre o que navega unha pequena embarcación con tres personaxes vestidos ao oriental. Arredor, edificios, palmeiras, árbores altas. Completa a decoración unha orla de flores sobre tule e remate interior de cestaría.
Fonte ovalada chaira, con bordo en ondas e decoración estampada en azul cobalto. O tema principal é unha viñeta, de marcado carácter escenográfico: trátase dun xardín no que hai, en primeiro termo, un grupo de persoas, dúas mulleres sentadas e outra de pé cun home e unha nena. O xardín presenta os elementos característicos: fornela con cromo, balaústres, árbores; detrás, río en zig-zag en torno ao cal se organiza toda a composición; a ambos os dous lados, edificios nos que se dá a mestura de estilos e pechando a composición, montañas. Orla na á con orla de flores e cestaría.
Xaboeira de forma rectangular con tapa de remate con relevo en flor. Decoración estampada azul cobalto. O tema principal, consistente nunha viñeta, con paisaxe imaxinaria, repítese nos dous lados maiores: río en zig-zag, embarcación, torres alternando con outros edificios, abundante vexetación. Na tapa, parte superior e a ambos os dous lados do remate, dous ramillos de flores (rosáceas). No bordo da tapa: orla floral sobre fondo de tule e remate de cestaría.
Almofía de bordo poligonal con decoración estampada en negro. O motivo principal céntrase no fondo e pertence á serie de xardíns románticos: neste caso caracterizado pola presenza dunha gran fonte en primeiro plano; de base octogonal. A composición, con marcado carácter escenográfico, organízase en torno a un río en zig-zag sobre o que navegan dúas embarcacións tipo "Góndola". O río aparece enmarcado por balaústres. Ao fondo, edificios palacianos. Na bufarda, onda composta por orla floral sobre tule e remate interno de cestaría gótica.
Fonte ovalada chaira decorada con estampacións en negro. O tema principal é un xardín imaxinario en primeiro plano, con fonte no centro, dous damas conversando cun cabaleiro que viste sombreiro e levita. Abundante vexetación: piñeiros, arbustos, árbores altas (vitorianos). En segundo plano, río con gran ponte, e detrás, valo que bordea unha parcela con casa con corredor e tellado a dúas augas. Fondo con lombas e casiñas. No ceo, nubes. Nas bufardas, orla de tipo isabelino con roleos.
Xarra de lavabo de base poligonal decorada con estampacións en negro. O tema principal, que se repite dúas veces no bandullo: trátase dun xardín romántico no que pasean dúas damas e un cabaleiro. Abundante vexetación, en primeiro plano aparece un carro e un can "dogo" co seu colar. Valos, ponte e edificio (casa medieval). Pecha a composición un pano de montañas. En bezo e rebezo ancha orla con flores sobre campo de tule e remate, no colo, de cestaría; este mesmo dáse no pé e a asa.
Fonte chaira, ovalada, de bordo con ondas. Estampaxes en marrón.
O tema principal é unha viñeta con xardín imaxinario de tipo victoriano no que aparecen en primeiro termo un grupo de personaxes conversando entre balaustres, abundante vexetación (piñeiros, árbore victoriana). En segundo plano, grupo de edificios con torres e grandes ventás. Ao fondo, outeiros. Un río en zig-zag organiza ao redor del todos os elementos. Nas guardillas, cenefa floral sobre tul e remate de cestería.
Fonte ovalada, chaira, con bordo de ondas e estampaxes en cor negra.
O tema central é unha viñeta con xardín fantástico victoriano. En primeiro plano, no centro, grupo de personaxes conversando. Á beira, balaustres, floreiro de xardín, árbore alta e outras especies entre as que destacan piñeiros.
En segundo plano, grupo de edificios con grandes ventás. A composición organízase ao redor dun río en zig-zag.
Nas guardillas, cenefa floral sobre tul e remate interior de cestería.
Fonte chaira cuadrilonga con estampaxes en negro.
O tema principal é unha viñeta con xardín paisajista "ideal". A composición, marcadamente escenográfica, está organizada ao redor dun río en zig-zag. En primeiro plano, á esquerda, gran árbore característica destas estampaxes; no centro, grupo de personaxes conversando; balaustres, floreiro de xardín e pedestal con figura de león. Detrás, en segundo plano, grupo de edificios. Ao fondo, outeiros e edificios. Nas guardillas, orla con cenefa floral sobre tul.
Fonte cuadrilonga, chaira, con estampados en negro.
O tema principal é unha viñeta con tema de xardín imaxinario. Toda a composición organízase ao redor dun río en zig-zag. En primeiro termo, grupo merendando ou tomando o té; á beira, escalinatas, balaustres, floreiro de xardín. En segundo termo, mestura de edificios de diferentes estilos. Ao fondo, outeiros e edificios columnados.
Nas guardillas, cenefa vexetal sobre tul. Remate de cestería.
Xerra de tocador que orixinariamente tiña o vertedor en forma de pico de pato e a base poligonal. Decorada con estampados en negro.
Dúas viñetas con paisaxes fantásticas distribúense no bandullo da peza, a ambos os dous lados do asa: nun lado, estrada con mouteiras sobre a que circula un carro e á beira edificio clásico; no outro, especie de igrexa (parecida a San Pablo de Londres). Completan a decoración orlas con roleos no asa, base e boca e pescozo.
Fonte ovalada con bordo de ondas e estampaxes en azul escuro.
O tema principal é unha viñeta con xardín paisajista "ideal". A composición, marcadamente escenográfica, está organizada ao redor dun río que discorre en zig-zag. En primeiro termo, árbore alta victoriana, grupo de personaxes conversando (un deles viste capa curta). Balaustres, abundante vexetación e floreiro de xardín. Detrás, edificios con balaustres, grandes ventás e torretas.
Os mesmo edificios aparecen marcando a distancia. Nas guardillas, cenefa vexetal sobre fondo de tul e remate de cestería.
Fonte de forma cadrada de esquinas redondeadas, fonda; dúas asas con relevo de volutas. Estampaxes en negro.
O tema principal é un xardín romántico imaxinario. Completa a decoración unha cenefa floral sobre fondo de tul e remate de cestería.
Na parte exterior, en cada un dos lados, un ramito de rosáceas e campanillas silvestres.
Tapa procedente dunha fonte cuadrilonga con pomo en forma de flor con follas e capullos en relevo.
Decoración estampada en cor negra consistente nunha orla con roleos dobre.
Cunca de té, co asa rota. Decoración con estampados en rosa. O tema principal: viñeta con paisaxe imaxinaria, caracterizado pola presenza de dous cisnes afrontados, repítese dúas veces no bandullo e un detalle do mesmo no fondo.
Completa a decoración, cenefa de flores sobre fondo de tul e remate de cestería.
Prato de sobremesa de bordo liso e estampaxes en rosa. O tema principal é unha viñeta con paisaxe imaxinaria no que toda a composición organízase ao redor dun río en zig- zag. Á esquerda, rocas e árbore alto característico (elemento que se repite en todas as estampas). Unha ponte sobre a que hai dúas figuras con canas de pescar une os dous lados do río. Na marxe dereita, edificación palaciega e ao fondo outros edificios. Nas guardillas cenefa de uvas e follas entre banda de encaixe.
Prato de sobremesa de bordo liso e estampaxes en rosa.
O tema principal é unha viñeta con paisaxe ideal, de estilo centroeuropeo, coas súas rochosas montañas e os seus lagos. En segundo plano, edificacións de tellados puntiagudos e en primeiro, carreta de bois con dous personaxes; ao seu lado, parella que lembra ao popular grupo: "Mariquita ponte o manto e Martín Garabato", a cuxo lado aparecen unhas pezas de louza. Nas guardillas, cenefa vexetal a base de inflorescencias alternando con follas e remate de cestería.
Prato de sobremesa de bordo liso con estampaxes en negro.
O tema principal é unha viñeta cunha paisaxe ideal, centroeuropeo, coas súas rochosas montañas e lago. En segundo plano: edificacións con picudos tellados e en primeiro plano, carreta con bois e dous personaxes subidos. Ao seu lado unha parella que lembra ao popular grupo: "Mariquita ponte o manto e D. Martín Garabato", a cuxo lado e no chan aparecen uns obxectos de louza. Abundan as coníferas. Nas guardillas, cenefa vexetal sobre tul ou "rede finita". Remate de cestería na parte inferior.
Prato de sobremesa con bordo liso e estampados en verde.
O tema principal representa unha paisaxe imaxinaria do tipo centroeuropeo, con altas e rochosas montañas no fondo e edificacións neogóticas-palaciegas.
En primeiro plano aparece un carro tirado por dous bois sobre os que van dúas persoas con sombreiro e chaleco. Ao seu lado e de pé unha parella que lembra ao famoso grupo: Mariquita ponte o manto e Martin Garabato que teñen aos seus pés dous recipientes de louza. En canto á vexetación predominan os piñeiros ou abetos.
Prato chairo de bordo liso e decoración estampada en negro.
O tema principal é unha viñeta cunha paisaxe ideal, de estilo centroeuropeo, coas súas montañas e os seus lagos. Ao fondo, edificacións palaciegas de carácter medieval. En primeiro plano, carreta de bois sobre o que van dous personaxes. Ao seu lado, unha parella que lembra ao famoso grupo: "Mariquita ponte o manto e D. Martín Garabato" xunto aos que están uns obxectos de louza. Abundan as coníferas. Nas guardillas: cenefa vexetal (alternancia de inflorescencias e follas) sobre tul e remate de cestería.
Prato sopeiro de bordo liso e estampaxes en negro.
Decoración principal tipo viñeta con paisaxe imaxinaria. A composición organízase ao redor dun río en zig-zag. En primeiro plano, á dereita, árbore victoriano característico destas composicións. Sobre unha roca con arbustos e trepadoras aparecen tres personaxes falando. Á dereita, ruínas clásicas, en segundo plano, formado por un conxunto de templos de orde dórico e un "templete". Detrás, en estrutura piramidal, un castelo medieval sitúase no vértice superior. Guardillas: cenefa floral sobre tul e remate de cesterías.
Prato chairo con estampados en verde e bordo liso.
Decoración de viñeta con xardín ideal paisajista e composición marcadamente escenográfica. O exotismo queda patente na mestura de estilos: medievais, torretas cilíndricas e columnas clásicas.
En primeiro termo, árbore característica en xardín con balaustres, imaxes e tres personaxes paseando (a señora con antuca).
Nas guardillas, cenefa floral sobre tul e remate interior de cestería.
Prato sopeiro de bordo liso con decoración estampada en azul.
Decoración principal de viñeta con tema de paisaxe imaxinaria. A composición organizada ao redor dun río en zig-zag sobre o que navega unha embarcación a vela. En primeiro plano, árbore alta que domina a composición; debaixo hai dous personaxes, un a pé e outro a cabalo. Ponte con varanda rústica. Á dereita, edificacións neogóticas en composición ascendente ou piramidal en cuxa cúspide se sitúan igrexas ou edificios con tellados puntiagudos. Nas guardillas cenefa floral sobre tul e remate interior de cestería.
Prato sopeiro con bordo poligonal e estampaxes en negro.
O motivo principal é unha viñeta con "paisaxe ideal" cuxa composición se organiza ao redor dun río en zig-zag. En primeiro plano, á dereita, baixo a característica árbore, aparecen dúas mulleres e un home (ataviado ao medieval). Sobre o río navega unha embarcación cargada de pasaxeiros e con bandeira (é de remos). Á esquerda, por toda a marxe, muro e construcións almenadas medievais.
Nas guardillas cenefa floral sobre tul e remate de cestería.
Prato de sobremesa de bordo liso con estampados en verde.
Decoración tipo viñeta con paisaxe imaxinaria. Composición organizada ao redor dun río en zig-zag. En primeiro plano, á esquerda, baixo unha característica árbore alta, un grupo de personaxes falando: unha muller sentada, un neno e dous homes de pé. Noutro plano, unha ponte une as dúas vertentes do río. Á dereita, pobo con casas e tellados de agulla.
Nas guardillas, cenefa floral sobre tul e remate interior de cestería.
Prato de sobremesa de bordo liso con decoración estampada en negro.
Decoración tipo viñeta con paisaxe imaxinaria. Composición ao redor dun río en zig-zag. En primeiro plano, á esquerda, baixo unha árbore alta característica destas estampas, un grupo de personaxes aparecen conversando: hai un muller sentada cun neno e dous homes de pé. Detrás da árbore, un hórreo e unha ponte que une as dúas vertentes. Á dereita, pobo en estrutura piramidal, con tellados de punta. Guardillas con cenefa vexetal sobre tul e remate de cestería.
Prato sopeiro de bordo liso con decoración estampada en rosa.
Decoración tipo viñeta con paisaxe imaxinaria. Composición organizada ao redor dun río en zig-zag. En primeiro plano, á esquerda, unha árbore alta, característico destes deseños, ao seu pé un grupo de personaxes entre os que están unha muller sentada cun neno e dous homes de pé. Detrás da árbore un hórreo. O lado esquerdo únese co dereito por medio dunha ponte pequena que enlaza cun pobo con edificios de tellados de agulla. Ao fondo, montañas. Nas guardillas, cenefa floral sobre tul e remate en cestería.
Prato sopeiro con decoración estampada en rosa carmín. Tema principal: paisaxe imaxinaria cuxa composición se organiza en torno a un río en zig-zag. En primeiro plano, á esquerda, arbustos, rubideiras, abetos e en vertical, dúas grandes árbores. Á dereita, ruínas clásicas serven de pano de fondo a tres personaxes conversando. Detrás, sobre un promontorio, outeiros e un castelo medieval. Completa a decoración unha orla de flores e follas; na á do prato, sobre campo de rede e remate de cestaría.
Fonte chaira redonda decorada con estampados en negro. O tema principal é unha viñeta con vista fantástica e composición marcadamente escenográfica que se organiza en torno a un río en zig-zag sobre o que navegan varias persoas. En primeiro plano, á dereita, sobre un terrerno rochoso e vexetación, conversan tres personaxes baixo altas árbores. Á marxe esquerda do río, edificacións ameadas, visigóticas, características do Romanticismo. Ao fondo, outra góndola. Na á do prato, orla de flores sobre campo reticulado e remates de cestaría.
Prato de sobremesa de bordo liso decorado con estampados en gris. O tema principal é unha viñeta con paisaxe imaxinaria romántica, cunha composición marcadamente escenográfica que se organiza en torno a un río en zig-zag, rochas, abundante vexetación. Unha ponte sobre a que hai dous personaxes con canas de pescar une os dous lados do río. Á dereita, edificios de altas torres rompen a horizontalidade e equilibra a composición unha árbore alta á esquerda; en último plano, edificios, unha embarcación a vela e montañas. Orla na á do prato a base de orla con uvas e follas de vide entre dúas pequenas orlas de encaixe.
Prato de sobremesa de bordo liso con estampaxes en negro.
Decoración principal tipo viñeta con paisaxe imaxinaria. A composición organízase ao redor dun río en zig-zag. En primeiro plano, á esquerda, gran árbore victoriano característico destas composicións. Sobre unha roca con arbustos e trepadoras hai tres personaxes falando. Á dereita, ruínas clásicas, un conxunto de templos e fornelos clásicos serven de base á pirámide que coroa cun castelo medieval (exotismo). Nas guardillas; cenefa floral sobre tul e cestería.
Prato de sobremesa de bordo liso e decoración estampada en rosa.
O tema principal é unha viñeta con paisaxe imaxinaria. Composición organizada ao redor dun río en zig-zag. En primeiro plano, á esquerda, baixo unha árbore alta, característico destes deseños, un grupo de personaxes: muller sentada e neno e ao seu lado dous homes de pé e un can. Detrás da árbore hai un hórreo. O lado esquerdo únese co dereito mediante unha ponte que comunica cun pobo de estrutura piramidal.
Cenefa floral sobre tul e remate de cestería.
Prato sopeiro de bordo liso con decoración estampada en rosa.
O tema principal representa unha paisaxe imaxinaria de tipo centroeuropeo con altas e rochosas montañas, lagos e edificacións palaciegas de tellados puntiagudos. En primeiro plano, carreta tirada por bois sobre os que van dous homes con sombreiro, chaleco e ao seu lado, de pé, unha parella que lembra ao grupo famoso: "Mariquita ponte o manto e Martín Garabato", que teñen aos seus pés uns recipientes de louza.
Nas guardillas, cenefa floral sobre campo de tul e remate de cestería.
Prato de sobremesa de bordo liso con estampados en negro.
O tema principal é unha viñeta con paisaxe imaxinaria, organizado ao redor dun río sobre o que navegan unha parella de cisnes afrontados. Á dereita aparecen dúas mulleres apoiadas nun muro sobre o que hai unha xerra. Detrás, pavillón e árbore alto. Á esquerda, pobo con torreta.
Nas guardillas, cenefa floral sobre tul e remate interior de cestería.
Prato pequeno de bordo liso e estampados en rosa.
O tema principal é unha viñeta con paisaxe imaxinaria, organizado ao redor dun río no que a parella de cisnes afrontados nada en primeiro plano. Á dereita aparecen dúas mulleres observando o río apoiadas sobre un muro sobre o que hai unha vasilla. Detrás, edificación. Á dereita, en segundo plano, edificios e ponte sobre o río. A árbore alta aparece á dereita. Nas guardillas, cenefa floral sobre tul e remate de cestería.
Prato pequeno de bordo liso e estampados en rosa.
O tema principal é unha viñeta con paisaxe ideal, organizado ao redor dun río sobre o que están dous cisnes afrontados. Á dereita, dúas mulleres observan o río desde un muro no que están apoiadas e sobre o que hai unha xerra. Á esquerda, porta con torreta.
Nas guardillas, cenefa floral alternando flores e follas sobre tul e remate interior de cestería.
Prato pequeno de bordo liso con estampaxes en azul.
O tema principal, no centro, é unha viñeta con paisaxe ideal organizada ao redor dun río sobre o que está un cisne. Á dereita, dúas mulleres observan o río desde un muro sobre o que hai unha xerra. Á esquerda, pobo e edificio con torreta.
Nas guardillas: cenefa vexetal na que se alternan flores e follas sobre tul. Remate de cestería.
Molde para a realización dunha asa dunha salseira polo sistema de "presión" coa pasta semisólida. Presenta tres "caixas" onde encaixarían outros tantos "testigos" que formarían parte doutro molde para así formar entre os dous unha matriz.
Cunco con decoración estampada en negro. O tema principal: paisaxe imaxinaria de pobo, con río sobre o que hai dous cisnes; repítese dúas veces no bandullo e unha vez no interior.
Completa a decoración unha cenefa con flores sobre tul e remate de cestería.
Fonte ovalada con bordo ondulado e estampas en verde.
O tema principal é unha viñeta cun xardín ideal (pode ter elementos dalgún lugar real). A composición é completamente diferente ás obras realizadas en Sargadelos. Aquí dáse a simetría; en lugar dunha árbore victoriana hai dúas, unha en cada extremo. No centro, unha fonte ornamental e detrás unha ponte sobre un río. Tres personaxes conversan en primeiro plano: un home de costas (viste levita) e dúas mulleres. Ao fondo, casa e montañas.
Nas guardillas, orla chamada "Isabelina", realizada a base de cardinas e roleos. Esta orla é copia directamente de orlas da fábrica inglesa "Cappeland & Garret" en Stoke ou Trent de Staffordshire.
Fonte ovalada chaira co bordo con ondas e estampados en negro.
O tema principal, que ocupa o centro da fonte, é un xardín paisajista, ideal, con carácter escenográfico. Trátase dunha asociación de motivos diferentes de distintas épocas e estilos como: edificios clásicos, barrocos e neoclásicos. A composición organizada ao redor dun río en zig-zag.
En primeiro plano, escena dun grupo merendando. Nas guardillas, cenefa floral sobre tul e remate de cestería.