Prato de sobremesa con bordo poligonal e estampaxes en azul cobalto.
O tema principal, situado no centro, é un ramo cunha gran rosa e caraveis chineses.
Completa a decoración, nas guardillas, cenefa floral a base de trepadoras.
Prato sopeiro de bordo liso. Decoración estampada en negro.
O tema principal é un xardín ideal, victoriano, caracterizado pola presenza dun gran floreiro de xardín clásico, en primeiro plano, balaustres, vexetación e escaleiras que baixan a un río que discorre en zig-zag sobre o que navega unha góndola. Ao fondo, edificios clasicistas e montañas picudas.
Nas guardillas, decoración de viñetas con vistas "Góndola" alternando con rosas.
Fonte chaira de forma ovalada con ondas no bordo.
Decoración estampada en negro. Representación no centro dunha "paisaxe ideal", é a coñecida como "Góndola", procedente dun modelo inglés. Trátase dun xardín victoriano caracterizado por un gran floreiro en primeiro plano, balaustres, vexetación, escaleiras que baixan a un lago por onde navega unha embarcación a vela. Ao fondo, edificios tipo templos, ponte e outeiros de rochas.
Nas guardillas: decoración en viñetas con vistas similares ao motivo central, repetidas, alternando con rosas.
Prato de sobremesa con bordo ondulado. Decoración estampada en marrón tipo "xardíns ideais". O motivo central representa unha típica paisaxe victoriana e procede dunha prancha doutra fábrica inglesa. Está caracterizado pola presenza dun gran floreiro en primeiro plano, clásico; vexetación abundante, balaustres, escalinatas, unha góndola navegando sobre un río en zig-zag, a cuxo marxe esquerda ordénanse edificios, montañas e unha ponte.
Na guardilla, decoración tipo "viñeta" con paisaxes similares ao central (iguais) alternando con rosas.
Copa redondeada con pé de base circular e dúas pequenas asas aos lados con motivos vexetais en relevo. Decoración estampada en marrón.
Decorado de viñetas no bandullo: un mesmo paisaxe ideal reprodúcese dúas veces, un a cada lado. É o chamado "Góndola" caracterizado pola presenza dun gran floreiro clásico en primeiro termo, escalinatas, balaustre, vexetación e ao fondo, edificios clásicos (típico xardín victoriano). No bordo do pé orla con cenefa vexetal de espiguilla e rosáceas e puntilla estreita.
Teteira redondeada con decorados de estampaxe en cor marrón clara.
Decoración de viñeta no bandullo, dúas vistas imaxinarias tipo "Góndola", unha a cada lado, caracterizadas pola existencia dun gran floreiro clásico, balaustres, escalinatas, río en zig-zag e no fondo edificios clásicos. Unha viñeta igual en tamaño pequeno está na parte da fronte do vertedor.
No bordo da teteira, bordo do vertedor e asa, cenefa vexetal a base de espiga en cenefa e rosáceas.
Azucreiro de forma redonda con dúas asas laterais en forma de cuncha. Tapa con pomo de relevo vexetal. Decoración estampada en granate, unha mesma viñeta dáse en ambas as caras do recipiente: trátase dun xardín imaxinario victoriano, caracterizado por un gran floreiro clásico en primeiro plano, balaustres, abundante vexetación, escalinatas ata a auga onde navega unha pequena embarcación a vela. Ao fondo e bordeando o río, edificios clásicos, montañas... O modelo é inglés.
Bordo da tapa: orla con viñetas de xardín alternando con rosas.
Floreiro de cinco dedos (actualmente catro) que semella a palma da man estendida. Estampados en granate. Decoración principal: dúas vistas imaxinarias tipo "Góndola" en cada un dos lados, que ocupan o bandullo da peza. Cada un dos dedos ten o bordo en ondas, decorado con cenefa de espiquilla e rosáceas, tanto no interior como no exterior; en cada un dos dedos, dous ramos de rosáceas e roleos (chinesco) e no dedo central o mesmo ramo pero con dúas aves do paraíso. Base cuadrangular con viñetas de paisaxe "Góndola" alternando con rosas.
De forma rectangular alargada, consta dun soporte con dúas asas laterais en forma de cuncha e relevos de roleos e gallones na súa parte inferior, que ten tres orificios onde van colocados dous tinteiros e unha salvadera. Decoración en estampados cor vermella carmín, consistentes en viñetas con xardíns victorianos tipo "Góndola" que se repiten en diferentes tamaños e diferentes motivos por toda a peza.
De forma cilíndrica cos extremos moldurados; parte superior furada para a saída das areas secantes. Decoración estampada en vermello carmín.
No corpo, viñetas: dúas paisaxes imaxinarias seguidas e idénticas, tipo "Góndola", caracterizadas pola presenza dun gran floreiro clásico en primeiro termo, balaustre, vexetación abundante, escalinatas e río polo que circula unha góndola. O mesmo motivo nunha viñeta na parte superior furada, rodeado por unha cenefa vexetal a base de espiguilla e rosáceas.
De forma cilíndrica con extremos moldurados. Tapa redonda con remate en bóla. Decoración estampada en vermello carmín rosado; no corpo, dúas paisaxes imaxinarias idénticas, unha a continuación da outra, tipo "Góndola", caracterizado pola presenza dun gran floreiro clásico, balaustres, abundante vexetación, río con góndola e edificacións pseudo-clásicas. Similar viñeta na tapadeira formando parte da mesma o botón. No bordo, espiguilla e rosácea en cenefa.
Xerra para lavabo. Decoración con estampados en cor marrón tabaco.
No bandullo, viñetas decorativas do tipo "vista imaxinaria" con xardín victoriano tipo "Góndola", repetidos dúas veces. Caracterízase pola existencia dun gran floreiro clásico en primeiro plano, balaustres, escalinatas, río en zig-zag sobre o que navega unha góndola. En bezo e rebezo gran cenefa con viñetas de paisaxe "Góndola" alternando con rosas. Asa, cenefa vexetal.
Na base, cenefa de capullos de rosas e follas.
Orinal de forma ochavada con decoración estampada en marrón, tipo "xardíns irreais", localízase no bandullo da peza (dúas veces o mesmo debuxo), son dúas viñetas idénticas que representan un xardín victoriano. Están caracterizados pola presenza dun gran floreiro en primeiro plano, clásico; vexetación abundante, balaustre, escalinatas que baixan ata un río que discorre en zig-zag sobre o que navegan unhas pequenas embarcacións a vela. Á marxe esquerda do río e en planos máis afastados: edificios, montañas... Decoración de orla no bordo, base e asa.
Palangana de bordo poligonal con decoración estampada en vermello carmín claro. O tema principal encádrase dentro do grupo "paisaxes fantásticos": é o denominado "Góndola", que se reproduce no centro, no fondo e dúas veces no bandullo. Caracterízase pola presenza dun gran floreiro clásico en primeiro plano, gran vexetación, balaustres, escalinatas que baixan cara ao río que discorre en zig-zag sobre o que navega unha embarcación a vela.
Ancha orla no bordo interno de viñetas con paisaxes "Góndola" alternando con rosas.
Pistero con asa lateral para beber na cama. Decoración a base de estampados verdes. O tema principal, consistente nunha viñeta con xardín fantástico tipo "Góndola", localízase no bandullo e continúa no pitorro: caracterízase pola existencia dun gran floreiro clásico, balaustre, vexetación abundante e lago con góndola (típica paisaxe victoriana).
Bordo do pitorro, orla con cenefa floral, asa con puntilla e parte interna da cunca, cenefa de espiguillas. Parte superior, ramo de rosáceas.
Fonte chaira con forma ovalada e bordo de ondas.
Decoración estampada en granate tipo "Góndola" (paisaxes ideais). O motivo principal, situado no centro da fonte procede dun modelo inglés: Trátase dun xardín victoriano caracterizado por un gran floreiro clásico en primeiro plano, balaustres, rica vexetación e unha góndola sobre o río. Ao fondo, edificios neoclásicos, montañas e unha ponte. Nas guardillas decoración de viñetas con igual paisaxe ao central pero en pequeno alternando con rosas.
Prato sopeiro con decoración estampada en azul cobalto.
Tema principal: gran viñeta con imaxe de xardín victoriano e caracterizado pola existencia dun gran floreiro clásico en primeiro termo, balaustres, escalinatas, río e pequena góndola.
Na á, alternancia de viñetas con paisaxes similares ao central (todos iguais) e rosas.
Prato de almorzo decorado con estampados en azul cobalto.
O tema principal é unha viñeta con paisaxe imaxinaria tipo victoriano, caracterizado pola existencia dun gran floreiro clásico en primeiro termo, balaustres, abundante vexetación, río e pequena embarcación con velas.
Na á do prato, alternancia de paisaxe con floreiro e góndolas e grupos de rosas.
Cunca de té con decoración estampada en azul cobalto fundido.
Decoración a base de viñetas con tema de paisaxe imaxinaria victoriano, con góndola, alternando con flores (rosas) no bordo interno e viñetas iguais no bandullo, ocupando toda a parte externa da peza. Asa, estampado floral.
Fonte cuadrilonga con pé e asas laterais con decoración vexetal en relevo. Decorada a base de estampados en azul cobalto.
O motivo principal é unha gran viñeta que representa un xardín victoriano, tipo "Góndola", caracterizado pola existencia dunha gran floreiro clásico en primeiro termo.
Na á, alternancia de viñetas e rosas. O pé, no bordo, decoración de cenefa de espiguilla e alternando grupos de rosáceas.
Fonte chaira, ovalada, co bordo en ondas. Decoración estampada en azul cobalto. Tema principal: xardín imaxinario tipo "Góndola". Trátase dun xardín victoriano, é unha viñeta de composición escenográfica na que destaca en primeiro termo un gran floreiro de xardín clásico, balaustres, escalinatas e río en zig-zag sobre o que navega unha pequena embarcación a vela.
Nas guardillas ou á da fonte, decoración de viñetas con vistas de paisaxe "Góndola" e alternando con rosas, debaixo, cenefa de espiguilla e rosáceas.
Fonte fonda, cuadrilonga con decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal, no fondo, é unha gran viñeta cun xardín fantástico victoriano, é o modelo "Góndola". Caracterízase pola existencia dun gran floreiro clásico en primeiro termo, balaustres, vexetación, embarcación a vela.
Na á, alternancia de viñetas con paisaxes, góndolas e rosas.
Na parte exterior, en cada un dos catro lados, ramos de flores tipo rosáceas.
Fonte redondeada con pé alto, asas con formas vexetais e o asidero da tapa en forma de flor.
O tema principal, xardín imaxinario victoriano, reprodúcese no fondo da fonte.
Na guardilla da fonte e bordo da tapa, paisaxes similares ao central, repítense e alternan con grupos de rosas.
Na base, cenefa de espiguilla e flores. Na parte exterior, no bandullo, catro pequenos ramalletes de flores.
Sopeira de forma redonda, con pé alto e dúas asas laterais en forma de venera.
O tema principal é unha gran viñeta con paisaxe fantástica victoriana, reprodúcese dúas veces no bandullo e caracterízase pola existencia dun gran floreiro clásico en primeiro termo, balaustre, río e dúas embarcacións. Ao fondo, edificios clásicos.
No bordo interno e externo da boca e na base, cenefa de espiguilla e a intervalos, grupos de flores.
Sopeira de forma ovalada con peana e asas aos lados en forma de venera e folla en relevo.
O tema principal, viñeta con paisaxe imaxinaria de xardín victoriano, con floreiro clásico en primeiro plano. Este tema repítese dúas veces no bandullo.
Na tapa, alternancia de viñetas con paisaxes idénticas á central alternando con rosas.
No bordo da boca e base, cenefa de espiguillas e flores.
Bacía de barbeiro de forma ovalada. Decorada con estampados en azul cobalto. O tema principal representa unha viñeta cun gran xardín victoriano caracterizado pola presenza dunha gran floreiro clásico en primeiro termo, balaustres, escalinatas, río sobre o que navega unha góndola, Na á, decoración a base de viñetas con paisaxes idénticas ao central, alternando con rosas. Na parte inferior o xardín repítese dúas veces.
Bote de forma cilíndrica con moldura na parte superior e inferior. O motivo principal é unha base sobre a que están uns matraces e alambiques cunha resistencia.
Completan a decoración dúas cenefas con viñetas tipo "Góndola" alternando con rosas na parte superior e na tapadeira. Ademais dúas cenefas de espiguillas con rosáceas no bordo da tapa e na base do tarro. A tapa ten remate en forma de piña.
De forma ochavada con tapa. Decoración estampada en negro.
O motivo principal localízase no bandullo: son dúas grandes viñetas idénticas, unha a cada lado, que reproducen un xardín victoriano tipo "Góndola", caracterizado pola presenza dun gran floreiro clásico en primeiro termo, balaustres, vexetación, escalinatas que dan a un río que discorre en zig-zag sobre o que navegan dúas embarcacións a vela. Ao fondo, marxe esquerda, edificios clásicos. Tapa: decoración de viñetas con paisaxe "Góndola" alternando con rosas. Pé e bordo: cenefa de encaixe (fragmento do de viñetas).
Xerra de lavabo de forma "pico de pato". Decorada con estampados en cor negra.
O tema principal compóñeno dúas grandes viñetas do tipo vistas ideais, idénticas, unha a cada lado do bandullo. Pertencen ao modelo " Góndola", que é un xardín victoriano caracterizado pola presenza dun gran floreiro en primeiro plano, balaustre, escalinatas e abundante vexetación. Composición en zig- zag xerada pola existencia dun río sobre o que circula unha góndola. Na base e asa cenefa de capullos de rosa. Bezo e rebezo: alternancia de viñetas.
Caixa para xabón sen espumadera, de forma rectangular con remate na tapa de relevo de flor. Estampados en negro.
Decoración tanto na tapa como na caixa a base de sucesión de viñetas con paisaxe ideal tipo "Góndola" alternando con rosas.
Teteira labiada, de molde, de base octogonal. Decorada con estampados en negro.
O tema principal, que se repite dúas veces no bandullo, representa un xardín fantástico tipo "Góndola" cun gran floreiro clásico en primeiro plano, balaustres, río con embarcación a vela, vexetación e edificios clásicos. Completa a decoración en bezo e rebezo unha alternancia de viñetas de paisaxe e rosas, parte ancha do vertedor.
Na base, asa e bordo do vertedor, espiguilla.
De forma redonda con dúas asas que rematan en forma de venera.
O tema principal constitúeo unha viñeta cun xardín victoriano tipo "Góndola" que se repite dúas veces no bandullo do recipiente. Está caracterizado pola súa teatralidade e por posuír un gran floreiro clásico en primeiro termo, unha góndola sobre o río en zig-zag, edificios clásicos...
Na tapa, decoración a base de viñetas de paisaxes iguais ao descrito, que alternan con recuadros de rosas.
Cunca de almorzo con decoración estampada en negro a base de sucesión de viñetas con paisaxes "Góndola", caracterizados pola existencia dun gran floreiro clásico en primeiro termo, edificios clásicos, góndola... que se van alternando, na parte interior, con rosas e na exterior repítense un tras outro, idénticos.
Froiteiro en forma circular, de cuncha con bordo ondulado. Decoración estampada en negro: o tema principal, no centro, é un xardín imaxinario tipo "Góndola", victoriano, e caracterizado pola presenza dun gran floreiro clásico en primeiro termo, balaustres, escalinatas que baixan ao río por onde navega unha pequena embarcación a vela. Polo fondo, edificacións neoclásicas e montañas.
No bordo, decoración de viñetas con paisaxes "Góndola" alternando con rosas; parte exterior, catro ramitos de flores.
Fonte ochavada con pé e dúas asas laterais con decoración de relevo. Decoración de estampados en negro.
O motivo central é unha gran viñeta con escena dun xardín fantástico tipo "Góndola" caracterizado por ter un gran floreiro clásico en primeiro termo, balaustres, río e góndola.
Completa a decoración, na á da fonte, viñetas con paisaxes iguais ao central alternando con rosas.
No pé, decoración de cenefa a base de espiguillas e rosáceas.
Sopeira de forma ovalada con dúas asas que rematan en venera. Tapa con remate de flor e follas en relevo. Estampados en negro.
Motivo principal: dúas viñetas idénticas, unha a cada lado; xardín ideal victoriano modelo "Góndola", caracterizado pola presenza dun gran floreiro clásico en primeiro termo, balaustres, río en zig-zag, edificios neoclásicos e góndola.
No bordo da tapa, alternancia de viñetas de paisaxes tipo góndola con rosas. Pé, cenefa vexetal a base de espiguilla e rosáceas.
Prato de sobremesa con decoración en relevo na á do prato que se atopa dividida en 7 segmentos iguais por medio de liñas onduladas en relevo, pintadas a pincel en negro e azul. En cada segmento hai un animal en relevo: cisne, cabra, corzo, galo, ardilla, pavo e búfalo. Un filete negro percorre o bordo e outro máis fino separa o centro da guardilla.
No centro decoración estampada en negro dunha paisaxe imaxinaria tipo "Góndola" caracterizada pola existencia dunha gran floreiro clásico en primeiro termo, balaustres, río con góndola, ponte e edificacións clásicas.
Salseira de pico e asa (actualmente desaparecida), decorada con estampaxes en marrón.
O tema principal (impreso dúas veces, un a cada lado da peza) é o xardín imaxinario tipo "Góndola", caracterizado pola existencia dun gran floreiro clásico en primeiro plano. Río, góndola, xardín con balaustres e exuberante vexetación.
No pé, cenefa de espiguillas alternando con rosetas e remate fino de encaixe.
Salseira de pico e asa, de base ovalada e decoración estampada en violeta.
O tema principal, impreso dúas veces, un a cada lado da peza, é o xardín imaxinario tipo "Góndola", caracterizado pola presenza dun gran floreiro de xardín en primeiro plano, balaustres, río con góndola, abundante vexetación e edificios con torres.
Na base, cenefa de espiguilla alternando con rosáceas e remate de encaixe, do mesmo xeito que na asa.
Fonte de forma cadrada, fonda, con dúas asas laterais. Decoración estampada en negro.
O tema principal, no centro, xardín imaxinario victoriano, caracterizado pola presenza dun gran floreiro clásico en primeiro termo, góndolas, balaustres, vexetación abundante... Completa a decoración, orla de viñetas con paisaxes "Góndola", alternando con rosas. Nas asas, viñeta de rosas.
Sopeira alongada con dúas asas laterais e remate na tapadeira. Decoración estampada en rosa.
O tema principal é unha viñeta con tema de xardín fantástico victoriano, caracterizado pola existencia dun gran floreiro clásico en primeiro plano. Esta viñeta repítese dúas veces no corpo e dúas na tapa.
Completa a decoración unha cenefa con alternancia de xardíns e rosas. Decoración de espiguillas na base e parte interna do bordo.
Sopeira alongada de base ovalada con dúas asas laterais (unha fragmentada) e sen tapadeira. Estampados en negro.
O tema principal é unha viñeta con paisaxe fantástica, victoriana, caracterizado pola existencia dun gran floreiro clásico (en primeiro plano), río en zig-zag, góndola... Completa a decoración cenefas de espiguillas alternando con rosáceas na base e na parte interna do bordo.
Sopeira de planta octogonal, moi labiada, con remate de flor na tapadeira. Decoración estampada en rosa.
O tema principal é unha viñeta con paisaxe imaxinaria victoriana denominada "Góndola", que se repite dúas veces no bandullo da sopeira.
Completa a decoración, cenefa de espiguillas e rosáceas na base e boca.
Orla de viñetas alternando con rosas na tapa.
Sopeira alongada de base ovalada con dúas asas laterais e remate na tapadeira.
Decoración estampada en negro a base dunha viñeta con xardín fantástico victoriano, que se repite dúas veces no corpo da sopeira e dúas na tapadeira. A paisaxe está caracterizado pola existencia dun gran floreiro de xardín en primeiro plano. Completa a decoración na tapa unha sucesión de viñetas con paisaxes "Góndola" e rosas. Completa con espiguillas e rosáceas, tamén na base e bordo interior da sopeira.
Sopeira de forma bulbosa con dúas asas laterais con formas vexetais de talos e follas. Á tapadeira, con relevos de follas, fáltalle o pomo. Decoración estampada en negro.
O tema principal é unha viñeta con tema de xardín fantástico tipo "Góndola". caracterizado pola presenza dun gran floreiro clásico en primeiro plano. Completan a decoración, cenefas con alternancia de viñetas e rosas na base, asas e tapadeira. Van acompañadas de espiguillas e rosáceas, cenefa que tamén se dá no bordo.
Prato de postre de bordo poligonal decorado con motivos estampados en azul cobalto de marcados contornos.
O tema principal mezcla do chinesco e europeo está constituído por un gran ramo cunha rosa e caraveis chineses no centro. Completa a decoración unha ancha orla floral que cobre toda a "guardilla" do prato consistente en flores rubideiras cos seus gabiáns.
Ao bordo do prato, estreita orla de puntilla.
Prato chairo con decoración vexetal en relevo no bordo, seguida a pincel azul violáceo do mesmo xeito que as estampaxes.
Sete grupos de flores, entre as que destacan as rosáceas, cardos ou roleos e aves do paraíso, distribúense simétricamente pola superficie do prato: o grupo do centro é o único que ten dúas aves, ao redor alternan un grupo con ave e outro sen ela.
Cunca de té moi deteriorada e sen asa. Presenta decoración estampada en azul cobalto e impregnación do fondo de cor.
Os elementos decorativos distribúense por toda a superficie da peza: no bandullo, dous ramos idénticos compostos de rosas e caraveis chineses. O mesmo ramo reprodúcese no fondo da cunca.
No rebezo, cenefa floral a base de trepadoras cos seus "zarcillos" (posiblemente "parra virxe").
Plano chairo de bordo poligonal con estampados en azul cobalto.
Ao bordo, cenefa de campanillas trepadoras. Sete grupos de flores, entre as que destacan as rosáceas e os roleos ou cardos, con aves do paraíso distribúense simétricamente pola superficie do prato.
O grupo do centro é o único que ten dúas aves. Ao redor, alternancia de grupos florais só e flores con ave.
Teteira labeada, de base poligonal, sen asa nin tapadeira. Decoración estampada en azul cobalto difuminado.
Dous ramos de flores idénticos colócanse a cada un dos lados do bandullo. Están compostos de rosas e caraveis chineses.
Na parte frontal do vertidor, fragmento do estampado do ramo.
No bordo e base, cenefa de plantas trepadoras cos seus "zarcillos" (podería tratarse de parra virxe).