Teteira de forma bulbosa con asa e sen tapadeira, decorada con estampaxes en azul cobalto.
No bandullo da peza, a cada lado do vertedor, repítese un mesmo motivo de paisaxe chinesca cuxo modelo procede do "Willow Patteru". Un fragmento do mesmo reprodúcese na fronte do vertedor.
Na boca e asa, orla con motivos chinescos.
Prato chairo de bordo poligonal e decoración estampada en azul cobalto difuminado.
O tema principal, localizado no centro, é un ramo cunha gran rosa e caraveis chineses.
Completa a decoración, na guardilla, cenefa floral a base de trepadoras coas súas zarcillos.
Prato de sobremesa de bordo liso e decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal, no centro, representa un xardín tipo chinés, con pagodas, pavillóns, salgueiros, rocas... Completa a decoración unha ancha orla nas guardillas, con alternancia de elementos chinescos e florais. Na parte interna, cenefa de roleos.
Fonte ovalada con bordo de ondas e decoración estampada en azul violáceo.
No centro, o tema principal que é unha viñeta con paisaxe imaxinaria chinesca na que pavillóns, palmeiras, illotes... organízanse ao redor dun río que discorre en zig-zag.
En primeiro plano, varios personaxes aparecen nunha especie de xardín con escalinatas e flores.
Nas guardillas, cenefa tipicamente chinesca e cenefa de roleos.
Prato de sobremesa pertencente a unha vaixela de nenos (infantil).
O tema principal, estampado en negro, localízase no centro: é unha viñeta con xardín fantástico chinesco (pavillóns, palmeiras, ponte, río y chinos)
No bordo, decoración en relevo de ramas e follas repasadas a pincel seguindo a liña do debuxo.
Prato chairo con bordo poligonal. Decoración por estampados en negro.
O tema principal, no centro, representa unha paisaxe imaxinaria tipo chinés, con pavillóns, palmeiras, salgueiros, rocallas...
Completa a decoración unha ancha cenefa, ao bordo, con alternancia de motivos chinescos e flores. Na parte interior da guardilla, cenefa con roleos.
Fonte con pozuelo para salsas, de forma ovalada, con bordo de ondas e estampados en negro difuminado (cor cantón).
No centro, tema principal, procedente do "willow patteru" inglés: Viñeta onde se reproduce un xardín imaxinario chinesco con pavillóns, rocalles, palmeiras, illotes ordenados ao redor dun río en zig-zag.
Nas guardillas, onda con elementos chinescos e cenefa de roleos.
Fonte de forma ovalada e bordo en ondas con estampaxes en azul cobalto.
O tema principal procede do "willow patteru" inglés; trátase dunha viñeta onde se reproduce unha paisaxe imaxinaria chinesca con pavillóns, rocallas, menúfares, palmeiras, illotes, piñeiros.
Nas guardillas, orla con formas chinescas e cenefa fina de roleos.
Salvadeira de forma cilíndrica, moldurada, con estampaxes en cor negra.
Na parte superior (furada para a saída de areas), fragmento dunha viñeta con paisaxe chinesca, enmarcada por orla característica chinesca.
No corpo: paisaxe chinesca repetida dúas veces, unha a continuación da outra.
Prato chairo de bordo liso e decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal, situado no centro do prato, é unha paisaxe imaxinaria con elementos chinescos (pavillóns, salgueiros, personaxes vestidos ao oriental, río, embarcación...).
Completa a decoración, nas guardillas, orla ao bordo con alternancia de motivos chinescos e flores. Acompáñalle unha cenefa máis fina de roleos.
Escupidera en forma bulbosa, coa boca rota. Decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal, localizado no fondo do recipiente, é unha paisaxe ideal, tipo chinesco. Completa a decoración, no exterior, cenefa con elementos chinescos e orla con roleos.
Recipiente de forma cuadrilonga con decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal: paisaxe imaxinaria, chinesca, repítese nos dous lados maiores; nos menores, ramos de rosáceas e campanillas.
No interior, tres separacións conseguidas por dous tabiques, en cada oco un fragmento de xardín imaxinario. No interior, cenefa de roleos.
Xerra de lavabo con vertedor en forma de pico de pato e base poligonal.
Presenta decoración estampada en azul cobalto consistente en dúas paisaxes chinescas, imaxinarias, caracterizadas pola presenza dun gran río, pavillóns, palmeiras, rocallas...
Completa a decoración ancha cenefa nas partes interna e externa da boca, a base de cinta con empechados e debaixo fina cenefa con estilización de motivos vexetais. Na asa e pé, igual cenefa, pero máis estreita e con fino encaixe.
Prato chairo de bordo poligonal e decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal é unha viñeta con paisaxe chinesco, imaxinario: con pagodas, palmeiras, río, rocallas barrocas, embarcación... Completa a decoración unha cenefa ao bordo, nas guardillas, alternancia de motivos chinescos e flores. Acompaña a esta unha orla de roleos.
Xaboeira de forma rectangular (só o recipiente). Decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal desenvólvese nos dous lados maiores e é o mesmo en ambos: xardín imaxinario, de carácter chinesco, con palmeiras, río, salgueiros, pavillóns...
Nos lados menores: ramo pequeno de rosáceas e campanillas silvestres.
No bordo interior, cenefa de roleos.
Cunca de té con decoración estampada en azul cobalto e difuminada.
No corpo da peza, dúas viñetas iguais, unha a continuación da outra, con paisaxe chinesca imaxinaria cuxo modelo é o "Willow Patteru" inglés. Un fragmento deste reprodúcese no fondo, e no rebezo e asa, orla chinesca característica.
Fonte ovalada chaira con bordo de ondas e estampaxes en azul cobalto difuminado.
No centro, o tema principal procedente do "willow patteru" inglés: é unha viñeta onde se reproduce unha paisaxe imaxinaria chinesca con pavillóns, rocallas, figuras, palmeiras e illotes organizados ao redor dun río en zig-zag.
Nas guardillas, orla con elementos chinescos e cenefa con roleos.
Tapadeira de forma circular con decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal é un xardín imaxinario, chinesco, con pagodas, rocallas, palmeiras... Completa a decoración unha ancha cenefa de empedrados con roleos puntillados.
Orinal de forma labiada e base poligonal. Decorado mediante estampados en azul cobalto.
O tema principal repítese dúas veces no bandullo e consiste nunha paisaxe chinesca, imaxinaria, organizada ao redor dun río en zig-zag, pavillóns, salgueiros, palmeiras, chineses e embarcacións. No ceo, dúas anduriñas. Outra viñeta sitúase no fondo. Na base, orla con elementos chinescos e roleos, tamén na asa e no bordo.
Fonte en forma ovalada e bordo de ondas con estampaxes en azul cobalto.
O tema principal procede do "willow patteru" inglés; trátase dunha viñeta onde se reproduce unha paisaxe imaxinaria chinesca con pavillóns, rocallas, figuras, palmeiras e illotes ordenados ao redor dun río en zig-zag.
Nas guardillas, orla con forma chinesca e cenefa fina con roleos.
Fonte para entremeses en forma de cuncha, con relevo, na parte máis estreita, de flores e follas.
No centro, e con desenvolvemento horizontal, paisaxe imaxinaria chinesca, que se organiza ao redor dun río en zig-zag con pavillóns, rocallas, palmeiras, salgueiros...
Bordeando a peza, orla con decoración xeométrica "tipo empechados" con roleos puntillados e fina cenefa a base de rombos.
Sopeira sen tapadeira de forma redondeada e dúas asas laterais.
Relevo de carácter vexetal nas asas, corpo e base, finamente repasado a pincel con cor azul cobalto seguindo o debuxo do modelado.
No bandullo, decoración por estampaxe consistente en dous ramos idénticos, un a cada lado, con rosas, flores pequenas e caraveis chineses.
Fonte redonda con dúas asas laterais, con relevo de ramas e bordo de follas. Filete pintado a pincel por todo o bordo.
Na superficie da peza distribúense simétricamente agrupacións de flores e plantas (rosáceas e cardos) con aves da paixón. En total son sete agrupacións colocadas unha no centro e seis ao redor.
Salseira "de pico" con tapa, forma herdada da prataría. Decoración estampada en azul violáceo.
A salseira presenta decoración de tres agrupacións de paxaros de paraíso, rosáceas e roleos (cardinas isabelinas), unha na parte central e dúas nos laterais. Na base, orla de campaíñas rubideiras ao igual que na asa e bordo da tapa; esta presenta agarradoira en forma de froita (pera?) e como decoración tres grupos de flores e roleos (sen paxaros). Tipo de decoración chinesca.
Cunca de té con decoración estampada en azul cobalto esvaído.
Os motivos principais consistentes en dous ramos con rosas e caraveis chineses sitúanse no bandullo a ambos os dous lados da asa. No rebezo: orla de rubideiras e ao bordo pequena orla puntillada.
Prato sopeiro con bordo poligonal e decoración estampada en azul cobalto.
No centro, iniciais en letra gótica alemá de cor negra: "N.V.M.".
As guardillas completamente decoradas mediante ancha orla con dobre cenefa de roleos e cardos.
Oveira en forma de copa con decoración estampada e esvaída en azul cobalto.
A decoración principal está constituída por unha orla de flores tipo enredadeira, cos seus gabiáns, flores e botóns. Este mesmo motivo decora o pé e o interior da copa.
Ao bordo da boca, pequena orla estreita de encaixe.
Gardapanos de mesa en forma de anel con molduras nas dúas bocas. Decoración estampada en azul cobalto esvaído.
O tema decorativo principal constitúeo unha orla de flores tipo enredadeira que ben podería tratarse dunha parra virxe cos seus gabiáns, e que percorre toda a peza.
Almofía para xogo de lavabo que podería facer xogo cunha xerra.
Decoración estampada en azul cobalto nítido.
O tema principal está constituído por un gran ramo de flores no centro ocupando todo o fondo: unha gran rosa, caraveis chineses e campaíñas rubideiras. Como temas secundarios: grandes orlas de rubideira cos seus gabiáns percorren o bordo e o bandullo da peza.
Froiteiro calado con tres pés en forma de pouta de felino. Presenta decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal é un gran ramo con rosa, caraveis chineses e outras pequenas flores, e sitúase no fondo do recipiente.
Completan a decoración grandes orlas florais estampadas tanto na parede interna como no exterior, calados, e a mesma orla, pero estreita percorre a base (orla a base de rubideiras cos seus gabiáns).
Prato de sobremesa con bordo con relevos de talos e follas redebuxadas con pincel en azul cobalto. Decoración estampada en azul cobalto.
A decoración está composta por agrupacións de flores (rosáceas), paxaros do paraíso e roleos (cardinas isabelinas), colocados simetricamente: un no centro e seis arredor.
Xerra empregada para lavabo. Decoración estampada en azul cobalto a base de ramos ou agrupación de flores: rosáceas, roleos e aves do paraíso; tres grandes ramos no bandullo, un de fronte e outros a senllos lados, e tres ramos de flores rosáceas e roleos.
Completa a decoración unhas orlas florais de campaíñas rubideiras en bezo, rebezo, base e separando o colo da base.
Cuspideira de man de forma bulbosa decorada con estampados en azul-violeta nítido.
O tema principal está no fondo do recipiente e é unha viñeta similar ás demais pezas, representa un xardín chinesco á europea con río, pagodes, salgueiros...
Temas secundarios: orla tipo chinesco con flores en bordo interno e externo e no bandullo. Orla de roleos no colo.
Fonte con tapa para asados decorada con estampacións en azul cobalto.
A fonte é cuadrangular, ten pé e asas nos lados menores con relevos: no fondo, o motivo central é unha viñeta que representa un xardín chinesco á europea: río en zig-zag, pavillóns, rochas, palmeiras... con gran carácter escenográfico. No pé, orla chinesca con flores.
A tapa ten un pomo para suxeitar en forma de flor con follas en relevo: presenta dúas viñetas idénticas con similar composición á central (emprego dos mesmos elementos) e orla chinesca ao bordo e orla de roleos.
Cullerón para sopeira, decorado con estampados en azul.
Motivo principal: no fondo do cazo, viñeta con paisaxe fantástica chinesca cuxo modelo procede do inglés "willow". Composición teatral na que unha serie de pavillóns se organizan en torno a un río en zig-zag. Outros elementos: chinitos, rochas, salgueiro, palmeiras. O exótico está patente na mestura de elementos de diferentes culturas: é un xardín oriental occidentalizado.
Motivos secundarios: orla tipo chinesca en bordos interior e exterior do cazo e ao longo do mango.
Xerra leiteira de forma oitavada de base poligonal. Decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal localízase no bandullo e son dúas viñetas iguais a ambos os dous lados: xardín chinés "á europea", con mestura de elementos orientais e europeos o que lle dá exotismo: pavillóns, río, palmeiras, salgueiros e rochas.
En bezo, rebezo e base, orla chinesca e con flores ao igual que na asa.
Azucreiro de forma poligonal con dúas pequenas asas laterais, decoración estampada en azul cobalto.
O tema central, no bandullo, de marcado carácter escenográfico. Concíbese como unha viñeta sen límites de marcos: represéntase un xardín chinés, procedente do modelo inglés "willow pattern", no que non todos son elementos chineses senón que está adaptado ao gusto europeo.
Xardín con dous personaxes en primeiro plano, pavillóns, río, vexetación (palmeiras, salgueiros, arbustos...). En bezo e rebezo orla chinesca e na base orla con roleos.
Xaboeira de dúas partes: contedor e espumadeira (falta a tapa). Decoración estampada en azul cobalto esvaído e negro.
Decoración a base de ramitos ou grupos de flores con roleos (mestura de elementos chinescos e europeos). Nun dos lados maiores do recipiente, anagrama en letra inglesa: "N da R" (Nicolás de la Riva). O "de la" en letra gótica.
Borde da espumadeira, orla de flores: campaíñas rubideiras enlazadas.
Xerra de lavabo en forma de "pico de parrulo". Decoración estampada en azul cobalto un pouco esvaído.
O tema principal, a ambos os dous lados do bandullo: grandes ramos de flores nos que se destacan unha rosa co seu botón, caraveis chineses e campaíñas rubideiras (tema chinesco europeo). Grande orla floral no bezo e rebezo a base de flores rubideiras (parra virxe) cos seus gabiáns. Esta mesma orla percorre a asa e en tamaño pequeno percorre a base.
Escribanía formada por catro pezas extraibles: dous tinteiros e unha salvadera que encaixan nos orificios dun soporte alongado con asas en forma de cuncha. Este soporte ademais ten relevos de rocallas e roleos na súa parte inferior.
Decoración a base de grupos de flores e aves do paraíso con roleos europeos (mestura de elementos europeos e chinescos): estas viñetas danse nos seus lados maiores, e parte delas reprodúcense nas asas e parte superior dos tinteiros.
Sopeira de forma e base redondeada, con dúas asas laterais con relevos vexetais, tanto estes como a orla que separa o colo do bandullo coma o bordo do pé, que posúen os mesmos relevos, están marcados a pincel en azul cobalto igual que as estampacións que se localizan no bandullo: tres grupos de flores e aves do paraíso en cada lado. Nestes conxuntos, de carácter chinesco, vese a asimilación de formas chinescas con formas europeas como son os roleos.
Cunca de té. Decoración estampada en azul cobalto moi esvaída.
Motivos principais: dúas viñetas do tipo "xardíns fantásticos chinescos" no bandullo. Proceden do "willow pattern". O gusto polo exótico queda patente nestas paisaxes con personaxes orientais, pavillóns, palmeiras e río. Rebozo con orla chinesca. Asa con estampación vexetal.
Xerra leiteira para xogo de café "labrado". Base poligonal, bandullo estriado e pico de "parrulo". Decoración estampada en azul cobalto esvaído.
O tema principal, localizado no bandullo está duplicado: son dúas viñetas con tema de xardín chinesco á europea cuxa orixe está no inglés: "willow pattern": río, palmeiras, pavillóns, salgueiros, personaxes... Estas dúas viñetas carecen de marco e teñen unha composición puramente teatral. Na base, bozo e rebozo, típica orla chinesca. Na asa, orla tamén chinesca.
Xaboeira de forma rectangular consistente en tres pezas: recipiente, tapa e espumadeira.
Decoración estampada en azul cobalto esvaído. O tema principal sitúase nos dous lados maiores do recipiente: son dous xardíns imaxinarios chinescos cos seus pavillóns, personaxes, palmeiras, o río, salgueiros e floreiros. O modelo procede do "willow" inglés. Son dúas viñetas que carecen de marco e teñen carácter escenográfico. Na tapa, orla chinesca ao igual que no bordo da xaboeira e a espumadeira. Parte superior da tapa, a ambos os dous lados do pomo (con relevo floral), dous ramitos de flores.
"Cepillera" formada por dúas pezas: o recipiente e a tapa. Decorada por estampación en azul cobalto esvaído.
Decoración principal tipo "xardín imaxinario oriental" cuxas formas proceden do modelo inglés "willow". Estes xardíns colócanse: dous iguais nos lados maiores da caixa e outro máis pequeno na parte inferior entre os dous tabiques; trátase de viñetas de carácter escenográfico e sen límites, todos eles teñen os mesmos elementos: pavillóns, floreiros, río, palmeiras... Como decoración secundaria, orla chinesca na tapa e dous ramitos de flores nos extremos.
Floreiro de base circular e corpo bulboso. Decoración a base de estampados en azul cobalto fundido.
O tema principal localízase no bandullo da peza e trátase de dúas viñetas que representan dous xardíns chinescos con pavillóns, palmeiras... que posúen un destacado carácter escenográfico e ausencia de marco. O modelo procede do inglés "willow pattern".
Na base, orla esvaída e en bozo e rebozo orla con decoración de "empechado" e xeométrica esvaída.
Floreiro de base circular e corpo bulboso, decorado por estampación en azul cobalto fundido. O tema principal redúcese a dúas viñetas no bandullo, que representan dúas paisaxes chinescos, xardíns con pavillóns, salgueiros, palmeiras... moi esvaídos polo que non se aprecian os detalles. Estas viñetas posúen un marcado carácter escenográfico e carencia de marco. O modelo procede do inglés "willow pattern".
Na base, orla esvaída ao igual que no bozo e rebozo: decoración de onda empechada esvaída.