Cunca pequena de forma troncocónica e pé con decoración estampada en azul cobalto fundido. Tipo "paisaxes imaxinarias chinescos". A decoración principal esténdese polo bandullo (dous iguais). Concíbense como dúas viñetas, sen límites nin marcos: represéntase un xardín chinesco que procede do modelo inglés "willow pattern", no que os elementos chineses se adaptaron ao gusto europeo.
Xardín con dous personaxes, pavillóns, palmeiras, arbustos, salgueiros, río... No rebozo, orla chinesca. Na asa, orla de roleos. No fondo, viñeta con pequena paisaxe chinesco.
Oveira tipo copa. Decoración estampada en azul cobalto "fundido".
O tema principal ocupa todo o bandullo da copa: paisaxe imaxinaria chinesca que deriva do modelo inglés "willow". Representación de marcado carácter escenográfico no que se representa un xardín con dous personaxes, floreiro, escalinatas, pavillóns, salgueiros e palmeiras. O elemento oriental occidentalizouse. Rebezo con orla esvaída de empechado e base fino fito con orla xeométrica.
Teteira sen tapa de forma labiada poligonal. Decorada por estampación en azul cobalto esvaído.
Motivo principal: dúas viñetas idénticas con xardíns chinescos imaxinarios colócanse e ocupan todo o bandullo; o motivo procede do "willow pattern" inglés: chineses, pagodes, río, salgueiros, palmeiras e pequena embarcación. Composición marcadamente escenográfica e exótica pola mestura de elementos orientais e occidentais. Outra pequena viñeta similar no centro do vertedor. Motivos secundarios: orla chinesca no bordo e base, tamén na asa.
Teteira de forma redondeada con tapa con pomo en forma de botón. Decoración estampada en azul cobalto esvaído.
Temas principais: son dúas viñetas idénticas que se reproducen a ambos os dous lados do bandullo, son xardíns chinescos fantásticos, con pagodes, palmeiras, salgueiros, río... sen demarcacións e cun gran carácter escenográfico.
Motivos secundarios: orla chinesca na tapa, de roleos na asa, base e vertedor (borde). Na fronte, no vertedor, pequena viñeta chinesca.
Froiteiro-ensaladeira formando cuncha, redonda e bordo ondulado. Decoración feita mediante estampados en azul-violeta nítido.
Tema principal: situada no fondo, viñeta con tema de xardín fantástico chinesco, moi exótico en canto a mestura de elementos orientais e occidentais como roleos e rocallas. O tema está baseado no inglés "willow pattern"; en primeiro plano, plataforma con chineses e dragón. Siluetando o río en zig-zag, varios pavillóns, rochas e unha pequena embarcación con vela navegando.
Orla polo bordo interior e exterior tipo chinesco. No pé, orla de roleos.
Prato chairo con bordo poligonal. Decoración principal: no centro do prato, viñeta decorativa tipo "xardín chinesco imaxinario". É unha variante do "willow pattern" inglés. Composición marcadamente escenográfica na que aparecen tres personaxes en primeiro plano, escalinatas, pontes, río en zig-zag entorno ao cal se ordenan unha serie de pavillóns, un salgueiro, unha pequena embarcación e unha illa ao fondo. Os límites da representación non aparecen delimitados. Na bufarda, orla chinesca e orla de roleos.
Salseira de pico, base ovalada, asa e tapadeira con botón en forma de froita (pera) e decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal é unha viñeta con tema chinesco que se repite a cada lado: pavillóns, palmeiras, chineses, río, rocallas...
Na base, tapadeira e asa, cenefa oriental, similar a pezas importadas de China en Inglaterra.
Na tapa vai acompañada dunha cenefa fina de roleos.
Salseira con forma de pico e base ovalada, con asa. O tema principal desenvólvese (repetido) en cada un dos lados maiores da peza; consiste nunha paisaxe imaxinaria tipo chinés que copia ao "Willow Patteru" inglés.
Na base, orla con elementos chinescos e sobre ela, cenefa con roleos (esta última desenvólvese tamén no asa da peza).
Baixo o pico, iniciais en azul escuro: "A.F.P.D".
Fonte con pozuelo para recoller as salsas, bordo de ondas e estampaxes en azul cobalto difuminado.
No centro o tema principal, que procede do "willow patteru" inglés: viñeta onde se reproduce un xardín imaxinario chinesco con pavillóns, rocallas, palmeiras, illotes e outros elementos organizados ao redor dun río en zig-zag.
Nas guardillas, orla con motivos chinescos e cenefa estreita con roleos.
Fonte fonda, ovalada, con bordo de ondas e estampaxes en azul violeta escuro.
O tema principal sitúase no centro e é unha gran viñeta con xardín imaxinario tipo chinesco con pagodas, palmeiras, illotes, rocallas..., mestura de elementos orientais e occidentais que lle dá exotismo á imaxe.
Completa a decoración, nas guardillas, ancha cenefa de motivos florais alternando con motivos chineses e fina cenefa de roleos.
Fonte de forma ochavada, chaira, con estampaxes en azul violáceo.
No centro, viñeta na que se representa unha paisaxe de inspiración chinesco, cuxa composición se organiza ao redor dun río en zig-zag: pavillóns chineses sobre rocallas, salgueiros, floreiro decorativo de xardín. En primeiro plano, sobre unha plataforma que podería ser unha reutiización dunha ponte, unha muller prepara o té ante a mirada dun cachorro. Nas guardillas, típica orla chinesca.
Prato chairo con bordo poligonal, decorado con estampados en azul.
O tema principal, que ocupa o centro do prato, representa un xardín imaxinario, chinesco, con pagodas, palmeiras, salgueiros, rocallas, embarcación sobre o río...
Completa a decoración, nas guardillas, unha orla con empechados e remate de encaixe con flores estilizadas. Cara á o centro, fina cenefa de puntas de diamante con follas pequenas estilizadas.
Prato chairo de bordo octogonal, decorado con estampaxe en negro. O tema principal é un xardín fantástico do tipo chinesco, caracterizado pola presenza de pavillóns, palmeiras, salgueiros, vasos... Completa a decoración, nas guardillas, orla ao bordo con alternancia de motivos chinescos e vexetais (florais).
O remate interno da guardilla: fina cenefa con roleos.
Prato chairo de bordo poligonal e estampaxes en cor violáceo.
No centro, paisaxe imaxinaria con elementos chinescos (pagodas, salgueiro, río, ponte...)
Completa a decoración, nas guardillas, ancha cenefa, ao bordo, de empechados baixo roleos puntillados, encaixe con flores estilizadas e fina cenefa de puntas de diamante.
Prato chairo de bordo poligonal. Decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal, que ocupa o centro do prato, é unha viñeta con paisaxe imaxinaria chinesca, con pavillóns, palmeiras, salgueiros, río con illa...
Completa a decoración, nas guardillas, unha ancha orla ao bordo, con alternancia de motivos chinescos e flores. Tamén cenefa fina de roleos.
Prato de sobremesa de bordo poligonal. Decoración estampada en azul violáceo.
O tema principal, paisaxe imaxinaria tipo "chinesca", con pavillóns, nenúfares, palmeiras, salgueiros, río e embarcación (mestura de elementos orientais e occidentais).
Nas guardillas, orla "ao bordo" con alternancia de elementos chinescos e florais. Na parte interna da guardilla, fina cenefa de roleos.
Prato sopeiro de medidas moi pequenas tendo en conta a xeneralidade, isto pode ser debido que se trate dunha vaixela infantil.
O tema principal, estampado en negro, no centro, é unha paisaxe chinesca, con salgueiro, pavillóns, río, embarcación...
Polo bordo, decoración en relevo con decoración de follas e triplo filete en negro. Vai repasado a pincel seguindo o debuxo do relevo.
Teteira de forma bulbosa, con tapadeira con remate en botón e decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal, viñeta con paisaxe imaxinaria chinesca, repítese dúas veces no bandullo, unha a cada lado do asa. Está caracterizado pola existencia de pavillóns, personaxes, escalinatas, palmeiras, góndolas, illas e rocallas.
Na fronte do vertedor, fragmento de paisaxe chinesca, do mesmo xeito que no botón da tapadeira.
No asa, bordo e tapadeira, decoración a base de orla que contén elementos chinescos alternando con flores.
Azucreiro de molde de base octogonal (posuía dúas asas laterais). Decorado con estampados en azul cobalto.
O tema principal, viñeta con paisaxe chinesca, localízase no bandullo e repítese dúas veces. Está caracterizado pola presenza dun gran río, ao redor do cal se organizan os pavillóns, palmeiras, salgueiros e rocallas. No río navega unha pequena embarcación.
Na base e boca, cenefa con decoración chinesca, e xa no pescozo, cenefa de roleos.
Azucreiro de molde de base poligonal e dúas asas laterais (actualmente una). Presenta estampados en cor violeta moi escuro (berenjena).
O tema principal: viñeta con paisaxe chinesca caracterizada pola presenza dun río en zig-zag, pavillóns, palmeiras, rocallas, escalinatas e embarcación a vela (repítese dúas veces).
Na boca e base, orla con decoración xeométrica, como facendo un empedrado e roleos puntillados. No colo, fina cenefa de rombos.
Recipiente de forma bulbosa, sen tapa, con decoración estampada en azul cobalto difuminado, o que provoca que case non se note a paisaxe imaxinaria chinesca, que se repite dúas veces no bandullo. Este consiste en pavillóns, palmeiras, salgueiros, rocallas... Completa a decoración unha fina cenefa de roleos na base.
Prato pequeno de bordo liso con estampaxes en azul cobalto.
O tema principal, no centro, é unha viñeta con paisaxe que se organiza ao redor dun río. En primeiro plano, muller e neno, detrás, varanda. Dáse mestura de elementos que fan que a composición sexa exótica: pavillóns, palmeiras, salgueiros, rocallas...
Nas guardillas, orla característica destas composicións: con elementos chinescos alternando con rocallas e fina cenefa de roleos.
Fonte mantengueira de forma ochavada e asas (actualmente) con decoración de relevos vexetais estampados en azul cobalto.
Ocupando todo o centro unha viñeta con paisaxe imaxinaria de tipo chinesco, caracterizado pola presenza de determinados elementos: pavillóns, salgueiros, rocallas, palmeiras. En primeiro plano, unha muller prepara o té ante a mirada do seu can.
Completa a decoración unha típica orla chinesca e cenefa con roleos.
Caixa de forma cilíndrica con dúas molduras, unha inferior e outra superior. Decoración estampada en azul cobalto.
O tema principal, paisaxe imaxinaria chinesca, repítese dúas veces no corpo.
Na moldura superior, cenefa con elementos chinescos. Na moldura inferior, cenefa de roleos.
Fonte fonda, ochavada, con pé alto e tapadeira con remate en flor. Orixinariamente tería asas.
Decoración estampada en violeta consistente en paisaxes imaxinarias chinescas no fondo e dúas máis pequenas na tapadeira. Completa a decoración dous ramos de rosáceas na tapa, e orla con motivos chineses alternando con flores na tapadeira e recipiente.
Fonte fonda, octogonal, con pé alto e dúas asas laterais labiadas con motivos xeométricos e vexetais en relevo. Tapadeira con remate en flor. Decoración estampada en negro: nítida no recipiente e desvaída na tapa.
Os temas principais son paisaxes chinescos, imaxinarios, no fondo do recipiente. Dúas paisaxes chinescos idénticos danse tamén na tapa nos lados maiores, e nos menores, ramitos de flores. Completan a decoración, orlas con flores e motivos chineses no bordo da tapa, recipiente e pé.
Rabanera en forma de cuncha, alongada, con relevos florais na parte máis estreita e decoración con estampaxes en negro.
No centro, paisaxe imaxinaria procedente do "willow patteru" inglés. Pavillóns, palmeiras, salgueiros, illotes e rocallas organízanse ao redor dun río en zig-zag.
Completa a decoración unha orla con elementos chinescos e unha cenefa con roleos.
Floreiro denominado nos catálogos da fábrica: "de cinco dedos", pola súa semellanza cunha man. A base é rectangular e os dedos presentan o bordo de ondas e decoración en relevo vexetal.
Fonte cuadrilonga de bordos romos, chaira, de cor branca e sen decoración.
Pertencente ao tipo de vaixela máis corrente en Sargadelos, cuxo prezo era o máis barato.
Fonte cuadrilonga de esquinas redondeadas e dúas asas en relevo. A tapadeira é alta no centro, en cuxo vértice presenta unha argola con decoración en relevo tamén vexetal.
Esfera calada de reloxo de louza de cor branca, con caixa na parte posterior para a maquinaria. Presenta un aro cos números romanos en relevo e outro aro concéntrico, no bordo, con numeración de minutos de quince en quince: 15-30-45-60. Ao bordo, decoración recortada en picos alternando con ameas.
Fragmento de candeeiro ou de centro de mesa, de cor branca, consistente nunha base de forma exagonal que posúe en cada unha das súas caras unha flor en relevo e sobre ela unha estrutura piramidal calada á que lle falta o remate do vértice que sería unha flor portavela.
Candeeiro dunha luz en forma de templete, con base exagonal sobre a que se asentan seis columnillas estriadas que soportan o peso dunha estrutura piramidal calada, asentada nun corpo exagonal e remate no vértice cunha especie de tulipán sobre a que iría a vela.
Presenta paralelismos coas tulipaneiras de Delf (Holanda) séculos XVII e XVIII e a louza cremosa de Alcora (3. ª etapa, século XVIII).
Candeeiro dunha soa luz, en cor branca, en forma de templete, con ancha base exagonal sobre a que se asentan seis columnillas de fuste estriado que soportan outro corpo exagonal sobre o que vai unha estrutura piramidal calada en cuxo vértice remata nun tulipán onde se encaixaría a vela. Presenta paralelismo coas "tulipaneras" de Delf (séculos XVII e XVIII) e a louza cremosa de Alcora do século XVIII.
Candeeiro de tres brazos, en cor branca, en forma de tres torrecillas caladas de influencia gótica, unidas entre si por un cordón, atado simetricamente que remata en dúas borlas. En cada vértice das torres hai un tulipán para suxeitar as velas.
Candeeiro de tres brazos en forma de torrecillas caladas de influencia gótica, unidas entre si cun cordón, atado, que remata simetricamente en dúas borlas. As torres rematan en tres tulipáns que suxeitarían as velas.
Fragmento de centro de mesa de base rectangular, completamente calado a base de arcos apuntados de inspiración gótica. Na parte superior, sobre unha superficie lisa cun grande orificio no centro, só quedan os arranques dos elementos que orixinariamente a constituían: catro pirámides caladas, unha en cada esquina e no centro once columnillas que soportarían o peso dunha estrutura poligonal sobre a que se asentaría outra pirámide calada que podería rematar en flor para conter unha vela.
Floreiro en branco, con forma de palma da man, con cinco dedos estendidos que presentan decoración en relevo de escamas e remate en picos. A base é poligonal e presenta tamén decoración en relevo xeométrica.
Bote de farmacia de forma cilíndrica e cor branco-cremoso. Presenta angostura no centro o que facilita o seu manexo. A boca remata nun rebordo ou labio. Tapadeira de introdución interna e pomo redondeado con forma lixeiramente apuntada.
Presenta decoración en relevo na parte central, consistente nun templete clásico con dúas columnas estriadas. No interior, elipse, dentro da cal hai decoración vexetal estilizada. Coroando todo dúas bólas e pináculos flanqueando unha coroa vexetal.
Bote de farmacia de cor branco-cremoso, de forma cilíndrica e pequena angostura na parte central para facilitar o seu manexo. A boca remata nun rebordo ou labio e a tapadeira é de introdución interna con pomo redondo e apuntado na parte superior.
Presenta decoración en relevo na parte central, consistente nun templete clásico con dúas columnas estriadas sobre plinto; dentro, elipse en cuxo interior hai vexetais estilizados e coroando o templete dous pináculos e dúas bólas flanqueando unha coroa de flores e follas.
Bote de farmacia de forma cilíndrica e cor branco-cremoso. Presenta angostura no centro o que facilita o seu manexo. A boca remata nun rebordo ou labio. Tapadeira de introdución interna e pomo con forma de landra. Presenta decoración en relevo na parte central, consistente nun templete clásico con dúas columnas estriadas. Dentro elipse que encerra decoración vexetal estilizada. Coroando o templete, dous pináculos con senllas bólas flanqueando unha coroa vexetal.
Bote de farmacia de cor branco-cremoso, de forma cilíndrica e pequena angostura na parte central, o que facilitaba o seu manexo. A boca remata nun rebordo ou labio e é de introdución interna.
Presenta decoración en relevo na parte central, consistente nun templete clásico con dúas columnas estriadas sobre un plinto; dentro, unha elipse dentada con estilización vexetal e coroándoo dous pináculos con senllas bólas flanqueando unha coroa vexetal.
Bote de farmacia de forma cilíndrica algo entallado na parte central, o que facilita o seu manexo. A boca é maior que a base e remata nun rebordo ou labio. Tapadeira de introdución interna con pomo en forma de bóla. Decoración na parte frontal a base de relevo cun escudo tipo imperio: templete con dúas columnas de fuste estriado; dentro, elipse na que hai decoración vexetal estilizada. Sobre o templete dous pináculos con bólas flanqueando coroa de follas.
Bote de farmacia de forma cilíndrica, entallado na parte central o que facilita o seu manexo. A boca remata nun rebordo ou labio. Tapadeira de introdución interna con remate en forma de piña.
Decorado na parte central en relevo cun escudo tipo imperio: templete con dúas columnas de fuste estriado; dentro, elipse na que hai decoración vexetal estilizada. Sobre o templete dous pináculos con senllas bólas flanqueando unha coroa vexetal.
Sopeira cor branco-crema (Cream-ware), de forma ovalada, con dúas asas laterais. A tapadeira presenta remate ou pomo en forma de froita (pera) e está rodeado de follas en relevo que constitúen o centro da tapa e a parte máis elevada desta. Presenta unha "S" gravada na base.
Copa para plantas de xardín en barro cor avermellado (quizais estea cuberto por unha capa de engobe).
O pé é moldurado de base circular. A copa propiamente está decorada a base de relevos con animais fantásticos alados (león alado, billas...) enlazados con vexetais estilizados. A parte inferior está gallonada e no bordo aparece decoración de perlas ou gotas. Tamén realizaron estes floreiros o taller dos Montoya (séculos XVIII e XIX).
Floreiro de xardín en forma de cráter clásica. A "copa" presenta decoración en relevo a base de animais fantásticos alados enlazados con motivos vexetais estilizados. No bordo, perlas, na parte inferior da copa, gallones. Ten dúas asas laterais que rematan en senllos mascaróns cada un. O pé é moldurado e suxeito a unha base cuadrangular. Toda a peza é branca-cremosa.