Benvida

O Museo Provincial de Lugo foi creado pola Deputación Provincial en 1932 co obxectivo de preservar e difundir o patrimonio cultural da provincia. Abríu ao público en 1934 na planta baixa do Pazo de San Marcos. A mediados do século XX, trasladouse ao antigo convento de San Francisco, un edificio histórico que data do século XIV e que foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

O museo conta con 29 salas expositivas organizadas en tres grandes seccións: Arqueoloxía/Historia, Belas Artes e Etnografía/Artes Decorativas. As coleccións abarcan desde restos prehistóricos ata obras de arte contemporánea, pasando por coleccións declaradas BIC como a de ourivería antiga e a sala de Castelao e outras senlleiras de reloxos, abanos, cerámica, útiles cotiáns, heráldica, louza e vidro, arte africana, etc. O edificio reformou completamente a súa arquitectura na remodelación efectuada a mediados do século pasado, segundo proxecto do arquitecto Gómez Román, pero mantén elementos emblemáticos como o claustro e as antigas dependencias conventuais (refectorio e cociña), adaptadas para exposicións permanentes e temporais.

Ademais de conservar e exhibir unha ampla variedade de pezas, o Museo Provincial de Lugo promove actividades educativas, culturais e de investigación. Converteuse nun punto de referencia para a preservación do legado cultural da provincia e forma parte da Rede Museística Provincial de Lugo. Garante o acceso aberto e inclusivo á cultura e á historia local.

PAZO DE TOR - Rede Museística Provincial de Lugo
Next page >