Peza de óso alongada que se vai estreitando. En ambos lados ten cortes transversais. É de cor escura. Nunha das caras, na zona máis ancha ten manchas de pintura verde.
A espada dun peixe espada, que está labrada facendo a forma dunha espada . A empuñadura está decorada con motivos circulares. Na folla ten labrado unha cara un peixe espada e a cabeza dun cabalo, na outra cara ten unha planta con flores no seu testo
Peza de óso que se vai estreitando progresivamente. Por unha cara é moi escura e pola outra ten unha cor máis clara, cor crema. Na parte máis ancha foi cortada e ten as marcas do corte.
Corpo: Disco pequeño cuberto de pel branda e adios relativamente longos que se estreitan gradualmente. Nón ten púas e ten manchas negras. Cor escarlata.
Cuncha menos alta que "P. vulgata" e con costelas máis finas; os marxes internos e externos poden presentar radios escuros. Cor: interior con cicatriz naranxa-crema.
Caparazón groso, de forma ovalada. Fronte moi estreita, trilobulada. O primeiro par de patas torácicas ten dous quelípodos subiguais e lisos, coas marxes internas dos dáctilos provistas de dentes romos. As outras patas son moito máis finas.
Os opérculos son os que tapan a entrada da cunha cando o becho está dentro. Estas son de profundidade e semellan pulidas, pero sono polo mar. Son coñecidos co nome de "ollos maos" ou "ollos moles".
É de cor branco, moi poroso, a zona máis porosa ten unha tonalidade máis escura. Ten forma semiesférica con unha ramificación. Pode ser o arranque dunha costela.
Óso que probablemente pertenza a unha paletilla ou aleta pectoral. Está fragmentado nun extremo. É de cor branco e amarelo. Nalgunhas zonas está baleiro no interior.
É un fragmento moi pequeño que formou parte doutros máis grande. Nunhas zonas a superficie é moi lisa e de cor branca, noutras partes é moi poroso e de tonalidade máis amarela.
Óso de cetáceo, estreito no centro e máis ancho nos extremos. Está fragmentado ó longo dun lateral. En ambos extremos está algo roto. Semella unha paletilla. É de cor branco e marelo.