Fotografía do bergantín-goleta "Esmeralda" da armada de Chile, case xemelgo do "Juan Sebastián de El Cano". Cara posterior con texto, fotografía en B/N e ficha técnica.
Fotografía do buque-escola "Mir" pertencente á confederación de estados da disolta Unión Soviética. Na foto contémplase o grande desplegue do seu velamen. Parte posterior texto explicativo e fotografía.
Forma de campá, oca no interior, con unha boca e rota no outro extremo. Conserva restos de gusanos marinos, tanto no seu interior como no seu exterior.
Entintado en negro, fondo branco. Bandeira, mariñeiros e casco con acuarela amarela, vermella e azul. Pertence a unha colección de gravados do s. XVIII. Marco apaisado dourado con liña negra.
Barco de dous paos, cabina de dous pisos sobre cuberta e outra dun piso en popa. Unha cheminea e catro botes salvavidas; cores vermella, branco, dourado, negro e madeira. Sen velamen.
Ententido negro sobre papel branco. Policromado a man en tres cores: azul, vermello e amarelo, (homes, botes, paos e cuberta). Pertence a unha colección de gravados do s. XVIII. Marco dourado con liña negra.
Plano medio de D. Francisco Moisés Rivera Casás no seu despacho da casa. Marco dourado envellecido. Foi o fundador e director do Museo, hoxe director honorífico.
Embarcación co casco pintado de branco cunha banda negra. Leva as inscripcións "Riveira" e "Fidalgo" tanto a babor coma a estribor. Ten 2 remos e un mastro que leva unha vela latina. O temón é de pala e contrólase cunha caña.
Motora cun par de remos, 1 tolete, 1 mastro con vela e luces de costado; motor con eixos, hélice e temón; cabo con aro salvavidas; 4 rodas de defensa e unha boia. Dúas bancadas. Cores: azul, branco e vermello (carro soporte).
Entintado negro, acuarela azul, vermella e amarela. Bandeira española e vermella. Barco inclinado. Pertence a unha colección de gravados do s. XVIII. Marco dourado cunha liña negra.