Tres paos, 62 cañóns repartidos en tres cubertas. Policromado con branco, marrón, azul, negro, amarelo, verde e vermello. Na proa ten unha cuncha e un escudo.
Entintado negro, policromado en azul (mariñeiro), vermella e amarela (casco e paos). Pertence a unha colección de gravados do s. XVIII. Marco dourado cunha liña negra.
Barco boniteiro de cor vermella con partes de cor branca e verde. Ten dous aros salvavidas a cada lado. A popa é redondeada e a proa ten forma máis afiada. Está dotado dos correspondentes aparellos e complementos para a pesca do bonito.
Plano xeral do solar e do edificio das Escolas o día da súa inaguración con veciños e alumnos congregados diante da fachada principal durante o acto de apertura.
Buque-Escuela "Juan Sebastián de El Cano" (España). Casco de ferro, veleiro de catro paos. Na parte posterior descríbese o buque e a súa historia acompañado dunha fotografía en B/N .
Entintado en negro, acuarela amarela, vermella e azul. Pertence a unha colección de gravados do s. XVIII. Marco dourado con liña negra. A bandeira é vermella.
Sobre cuberta de cinco pisos con ventás. Tres chemineas, dous paos, tres hélices, seis botes salvavidas e 20 aros; cores azul, branco, marrón, verde, vermello e negro.
Bergantín Goleta de tres paus, está sen velame. O casco é de cor branco, verde e marrón. Ten un áncora a cada lado da proa. Ten tres botes salvavidas e unha escotilla para baixar. O temón é de pala.
Peixe espada de madeira nun soporte. Está decorado con motivos xeométricos. Na base por: R Ansede Caínzos". Os dentes do peixe está feitos con puntas moi pequenas.
Veleiro de 3 paos con mascarón de proa dourado con forma de home. Cor branca. Obra morta de cor negra. Cuberta verde. Dous botes salvavidas e unha áncora por banda. Dúas bandeiras españolas. Oito aros salvavidas. Unha escada en cada banda.
Alto relevo do veleiro "S. Álvarez" de tres paos e co velamen desplegado. Bandeiras española e galega, casco azul e branco, áncora vermella. Protexido cun caixón con cuberta de cristal.
Puntal esaxerado, bodega con escotillas, temón con cana moi longa, 3 toletes por banda preto da proa. Embarcación de manga ancha, con amuras moi marcadas e popa redondeada por encima da liña de flotación. Ten bote auxiliar.
Catro corpos circulares que suxeitan o armazón de varas; os extremos van con rede cosida a man e engarzada nos círculos metálicos interiores e máis pequenos; dúas barras de chumbo e tea semellando ó cebo.
Entintado en negro iluminado con acuarela a mano. Azul (mariñeiros, vermello (mariñeiros) e amarelo (casco e paos). Dúas bandeiras, pertence a unha colección de gravados do s. XVIII. Marco dourado con liña negra.
Entintado en negro sobre papel branco, iluminado con acuarela vermella, azul e amarelas. Pertence a unha colección do s. XVIII. Marco dourado con liña negra.
Entintado en negro, policromía con vermello (cañóns), amarelo (casco e paos) e azul (casco). Dúas bandeiras españolas. Pertence a unha colección de gravados de barcos do s. XVIII. Marco dourado con liña negra.
Entintado en negro sobre papel branco, iluminado con acuarela vermella e azul (casco, cañóns e mariñeiros) e amarela (paos e casco). Dúas bandeiras vermellas. Pertence a unha colección do s. XVIII. Marco dourado con liña negra.
Peixe espada de madeira. Todo feito nunha peza. Ten unha peana na que se sostén. Está labrado facendo debuxo ó longo do corpo. Na peana ten gravada a cifra 2002 e tamén o nome de quen o fixo.
Veleiro con casco en madeira, non está pintado. Ten unha bodega con tres escotillas. O temón contrólase dende a popa coa caña. Ten dous paos e seis velas. É de manga ancha e leva un tolete de remos. Na proa ten un pao para axundar a dirixir as velas.
Cadro no que se representa un veleiro enarbolado navegando sobre un mar semi encrespado e cun fondo de ceo nublado. A figura principal está en relevo. Marco e cristal.
Barco de tres paos sen velamen, tres botes salvavidas, tres bandeiras: vermella, azul e amarela e verde e vermella, tamén leva a española. Cores: verde e branco no casco.
Barco de tres paos sen velamen, dous botes e sete aros salvavidas; cores do casco: braco e verde; bandeira española, outra vermella e outra azul e amarela; escaleira de gato a babor.