Aparello fino e longo que ten un oco no interior polo que se larga o fío e un entrante na parte posterior para que o fío non saia para fóra. O fío vai envolto, verticalmente, polas dúas caras do interior da agulla, rotativamente.
Caixón aberto sen peche no que vai encaixado por dous brazos un compás que marca os rumbos cardinais laterais, colaterais e as cuartas. Sen grados. O morteiro vai selado con oito parafusos.
Compás dourado aparafusado nun soporte de madeira con dous brazos e base de tres circunferencias. A rosa non ten grados. Marca o norte cunha flor de lis.
Aparafusado a unha caixa de madeira obscura. O norte sinálase cunha gran flor de lis; os grdos van marcados cada dous ceros (20-200º); a tapa vai solta e só está vernizada polacara exterior.
A rosa está dividida entre o "E" e o "W" de forma que ten unha metade branca e outra negra. Ten rumbos cardinais, laterais, colaterais e cuartas. Marca cada grado, non ten liña de Fe. Vai na súa caixa con tapa solta e peche deslizante..
Compás con rosa negra graduada, marcados os rumbos laterais e cardinais. Vai aparafusado no cubichete metálico e gris con visor de cristal e caixiña lateral con cristal para lámpada de aceite ou petroleo.
Ferramenta que consta dunha coitela curva unida perpendicularmente a una mango recto pero curto. No outro extremo da coitela ten un apéndice coa mesma función pero moito máis pequeño.
Círculo de plástico con grados marcados todo ó longo do borde e dúas agullas suxeitas por un cravo de ferro no centro. Dito círculo está engarzado entre dúas pínulas. Na parte inferior ten partida unha peza.
Círculo de plástico con grados marcados todo ó longo do borde e tres agullas suxeitas por un cravo de ferro no centro. Dito círculo está engarzado entre dúas pínulas.
Cor negra uniforme. O corpo central é unha vara con argola superior e rematado en cruz. Ós lados desta encáixase, de forma que queden libres para o movimento, dúas superficies puntiagudas e dúas varas.
Áncora tipo C.Q.R. ou áncora de arado. Consiste nuha uña de dúas caras simétricas e unidas que forman unha "V" invertida. A caña pivota lateralmente sobre o eixe.
Ten tres brazos, non ten cepo. As uñas son moi puntiegudas e en forma triangular. Ten argameo para amarrar a corda. Está pintada cunha capa de esmalte negro
En forma de cuadrado composta por dous cadros perpendiculares entre si nos que ten instalada unhas bobinas brancas na parte superior. Ten unha base circular de madeira cor marrón.