Base plana de forma circular da que sae un tubo que se torce. Do outro lado saen catro arames que se xuntan no extremo e están unidos no centro por outro arame. Defensa oxidada, cor verde, cristal vermello e bom eléctricabilla.
Base plana de forma circular da que sae un tubo que se torce. Do outro lado saen catro arames que se xuntan no extremo e están unidos no centro por outro arame. Restos de esmalte branco, cristal transparente sen bombilla.
Soporte con tres saintes torcidos e base redondeada. (567/1 branca, 567/2 verde). Ten defensa con eixos triangulares e cristal (branco en 567/2 e transparente en 567/1)
Forma de proxectil con cabeza enroscable de sección oca, a punta de cabeza é de cor vermella. Culata de plástico e catro espoletas soldadas dúas das cales están perforadas para lles atar o cabo, ten atado un cabo de plástico de cor azul.
Únense dúas partes do mesmo cabo mediante unha piola ou cabo fino, danse unhas voltas sobre os cabos que imos unir formando unha gaza na que o firme e o chicotes miran cara distintas direccións
Liña composta de cebo artificial con forma de cefalópodo, de cor laranxa, con moitos flecos que esconden o anzol. Da cabeza do cefalópodo sae un fio de aramio que ten no outro extremo un xiratorio. Os ollos do cefalópodo teñen unha tonalidade vermella.
Liña composta de fío de aramio, dobre anzol e cebo artificial: folla de espiga de millo e dúas cintas de cores (zape), unha de cor vermello e outra de cor verde, están cada unha nunha das curvas do anzol.
Semellante á forma dun cefalópodo. É un calamar de plástico marelo cun anzól suxeito por un cordel no interior de cor rosa. Está unido a un cable de plástico rematado nunha arandela vermella, reforzada por unha peciña de metal ou abrazadeira.
Anaco de liña metálica. O cabo está composto por dúas fibras trenzadas, nun extremo forma un nó de gaza protexido por unha funda de plástico transparente. No outro está empatado co anzó.
É o cabo principal do aparello do que saen as brazoladas (pequenos anacos de cordón trenzado) e atadas a esta os mamotes que levan os anzois. Hai 50 mamotes e 50 brazoladas.