Nó margarita feito cunha soa corda de dous cabos, non empata unha corda con outra. Ten un pedaciño de pau en cada oco dos extremos para facer o nó máis seguro.
Doce variñas finas e dobres; as paredes van cubertas por unha rede de plástico negro. A porta está feita de pano de rede. Leva un cabo anudado polos dous extremos á nasa.
Estructura de catro aros dobres e dezaoito varillas. O funil é un cubo de plástico sin fondo; ten cemento no lado oposto do funil. As bases son de pano cosido con pobre fío de nailon azul.
Estructura de 10 varillas dobles, salvo as que soportan o lastre de cemento; catro aros , os dous do extremo son dobres; o funil é de plástico e as bases de pano de rede.Ten un cabo atado á parte superior.
A estructura é de madeira con catro aros dobres e dezaoito varillas. Nos laterais ten pano de rede de cor azul. O funil é de madeira. No lado oposto ó funil ten dous pedazos de cemento. No interior ten tres langostas disecadas.
É unha caixa metálica negra, ten unha pantalla negra nun lado e no outro unha computadora dixital. Ten escrito: Radio Navegation System Shipmate RS 4000
Faise un seno e pásase o chicote sobre o firme, danse voltas ó redor do seno co chicote, introdúcese o chicote pola parte do seno que sobresae das voltas e aprétase.
Co cabo sobre unha superficie fórmanse tres gazas, dóbrase a do medio cara abaixo encerrando as dúas máis pequenas e tírase dos senos da gaza grande a través de cada unha das pequenas, saíndo así un par de orellas.