Plataforma circular con tres pés na que vai aparafusado un casquiño semicircular achatado, protexido por outro. Forman cinco radios e unha circunferencia concéntrica á base.
Ten tres pés planos e abertura central. A base é semicircular. Cristal aplanado e no centro a marca. Defensa diferenciada do cristal cor cobrizo. Sen bombilla
Dous fíos metálicos envoltos sobre si mesmos, rematados en espiral e unidos por unha boliña. Tamén chamado torniquete ou emerillón tipo barrilete (inglés)
Consta dunha cesta circular que ten no borde un cabo e anzois clavados nel. Os anzois levan cabos pequenos que van á liña nai envoltos no interior da cesta. Tamén ten dúas boias cos seus cabos.
Rede rectangular formada por tres panos, dous trasmallos e un embalo, suxeitos por dous cabos paralelos á cortiza que leva as cortizas e a pedreira que leva os chumbos.
Peza semicircular, en ambos extremos ten dúas arandelas para seren atravesadas por un clavo. O extremo do clavo ten un candado para evitar que se abra.
Atada ó pano cunha separación de 3 cm. Ten 12 chumbos colocados simetricamente ó longo do cabo. Altérnanse nos espacios que quedan entre as costuras do pano.
Cilindro negro rematado nun capacete que leva dentro un espello orientabel a partir de dous parafusos exteriores. Pechado na base por un cristal circular.
Ten un mango de dúas pezas: unha de madeira e outra de de ferro, que suxeita a vara a barra de ferro por uns buracos que, a súa vez, ten unida unha mangueira de plástico negro e raído.
Rama torcida e pulida en forma de punta de flecha á que vai atada unha pedra. A pera, por arriba, tamén está suxeita por dúas ramas xuntadas en forma de V. Ten unha trampilla e un cabo.