Unha corda de alfinetes co chumbo cuberto por unha franxa branca e outra máis estreita bermella. Ten tamén un tramo cilíndrico cuberto de metal prateado.
É un aparato de radio de cor verde, con auricular para teléfono. É bastante grande e con moitos mandos. Os mandos son de cor negro e prateado. Nun lateral ten unha tarxeta que é o certificado de validez.
Consta dunha armadura de ferro de forma rectangular, que ten uns dentes e está aberta por unha cara. No outro extremo ten un mango de madeira bastante longo.
Caixa gris cun brazo que a recolle con dúas roscas para ter mobilidade. Ten unha pantalla que indica zonas e sendas e tres indicadores (indica fraccións de sendas)
Recipiente de cristal, pechado nunha base por un anaco de cortiza. No interior ten boliñas metálicas marróns e grises. Marca 16 segundos con 53 décimas.
Brazalete de coiro no que vai un círculo raiado duro que serve para empuxar as agullas cando se cosen as velas. Esta peza ten incorporada unha agulla de metal e un fío branco.
Anzol triple, formado por unha cana de tres caras da que saen tres curvas abertas e tres picos rectos. No outro extremo sae a patilla, que ten forma de ollo.
Roda de madeira pulida e clara, nunha cara vense tres cravos anchos e dúas circunferencias metálicas estreitas, na outra vense tres cravos estreitos e a peza de metal completa ten seis tacos metálicos no centro que van postos transversalmente.