O anzol apenas se ve, está tapado con plumas de ave, e estas suxeitanse con papel ó redor don anzol, que está insertado nunha peza cilíndrica prateada. O pico do anzol non ten galla.
Patilla curvada con argola cun emerillón que une a liña. Cana curvada, ten unha abrazadeira tamén de aceiro. Pico torcido e moi afiado. Prateado oscuro. Camisa de goma: 17 cm. Amarela fluorescente. Fio de nailon de 189 cm.
Doble anzól de patiña plana, na que aparece un "M" dentro dunha circunferencia. É de cana recta, da que arrancan dúas curvas, os picos son un pouco torcidos.
Faise formando un bucle en firme do cabo, pasando o chicote a través do seno así formado, rodeando o firme e pasando o chicote de novo a través do seno.
Dase unha volta sobre o obxeto que se quere amarrar, co firme encima e o chicote abaixo. Despois dase outra volta no mesmo sentido, co chicote por encima da anterior. Por último introdúcese o chicote dentro do seno que se formou coa segunda volta.
Aparello formado por unha manivela en forma de "C" cunha, para amarrar unha barrena no extremo inferior. Dáselle movemento xiratorio coa man mentras se presiona coa empuñadura coa outra.
Globo de cristal branco transparente, cuberto por un pano branco de rede. Este pano ten unha costura dun polo a outro da boia da que sae un cabo branco e trenzado.