Cor clara colchada. Un extremo vai en gaza dende o cadernal ata facer o aparello e o outro queda solto. O segundo cabo fai a gaza que suxeita o segundo gancho para recoller a carga.
Cabo colchado, gastado e de cor gris obscura. Os extremos están queimados. Anudado ó extremo esquerdo vai a chave e no dereito forma unha gaza pola que pasa o cabo da chave.
Dous cabos , cada un vai atado a un calón no centro. Son os que quedan na praia ou na embarcación para o arrastre. O chicote está queimado e collen o calón cun nó de dobre gaza.
Rectángulo formado por catro pezas de madeira que, tamén, son rectangulares. As pezas lonxitudinais sobresaen da área do rectángulo, protexendo así o fío que está envolto.
Catro anacos de madeira forman un rectángulo no que se envolve o nailon, neste van trece chumbos semellantes. Ten dous tipos de fío: un groso que leva o peso e outro máis fino que vai ó fondo; van unidos por un xiratorio.
Caixa cúbica con dous parafusos dorados debaixo dos cales hai dous buracos donde iría acoplado o compás. A tapa pecha encaixada por deslizamento, pero está solta.
Dous tubos, un con tapa enganchada á peza por unha cadea e o outro aberto. Ámbolos os dous van a un disco con tapa aparafusada que ten no interior unha peza en forma de cruz branca e cinco parafusos.