Carnada artificial con forma de cefalópodo, o corpo é laranxa e ten moitos fleques, esconde o anzol. A cabeza é de metal, ten os ollos vidrosos de cor vermella.
Tiras longas de folla de millo secas, encaixadas unhas sobre outras e empatadas á liña en forma cónica cun fío branco. Na parte máis ancha átase o feixe cun anaco de folla.
Roda maciza dentada cunha máis pequena estrelada que xiran ó mesmo tempo y en sentidos opostos. O conxunto está suxeito a unha tira de madeira alongada e que sobresae a ambos lados das rodas.
Ferramenta de madeira, que ten na base unha coitela metálica moi afiada.A coitela ten a mesma anchura que a base. É bastante estreito. Ten un asa de madeira para facilitar o seu uso.
Ferramenta de madeira que ten na base unha coitela metálica moi afiada. Ten unha regleta adicional que tapa máis ou menos a boca do corte e da o ancho do rebaixo.
Ferramenta de madeira que ten na base unhas coitelas, unha de cada lado e un sentido contrario, unha delas fai a ranura e outra a lengüeta. Está reforzado cunha lámina de ferro atornillada ó madeira.
Rede con moitas cortizas, o dobre que de chumbos, colocadas nos espacios entre as costuras do pano co cabo da cortizada. Nas transversais do pano van as chaves (cabos de peche), de forma que queda todo o pano rodeado por cabos.
Chaleco de cor laranxa con correas azuis. Ten 6 bandas reflectantes. Conserva a etiqueta (nunca foi usado). Ten un debuxo onde explica a súa utilización. Pon:"CAMPO EDER"
Vai dende un extremo da cortizada ata o final da pedreira. Polo costado vai unida o paño con anillas. Polo fondo vai atada por cabos dende o cabo da pedreira ata a anillas.
Estructura de ferro negro con dous eixos horizontais ou carretes de madeira ós que van unidos dúas rodas dentadas; cabo groso enrollado no carrete baixo que no extremo ten un gancho plano.
A parte de metal ten forma romboide, dela sae un mechón de crin e dous cordeliños brancos, ó final destes cordeliños van atados dous anzois. O anzol máis grande ten cravado unha tira de plástico de cor laranxa (cebo artificial).
A parte de metal ten forma romboide, dela sae un mechón de crin e dous cordeliños brancos, ó final destes cordeliños van atados dous anzois. O anzol máis grande ten cravado unha tira de plástico de cor branca (cebo artificial)
De forma cilíndrica cun buraco interior que atravesa a peza dun lado á outro. Ten un fío de nailón dobre que nun extremo ten un nó e no outro un mosquetón.