Dous chumbos de forma romboide ou de punta de flecha, cun nervio central que cubre a posición do buraco lonxitudinal. Os dous chumbos están unidos como se formasen unha rama.
Pez asimétrica e plana con marxes redondeados e forma de lágrima. Buraco na parte estreita, cor gris mate e o número 3 inscrito sobre a parte máis ancha.
Columna de madeira, na parte superior vai o morteiro e dous brazos con bolas (verde e vermella) na punta. No medio do corpo, a media altura, vai un clinómetro e ten base cuadrada.
Ten forma cónica, está oco polo interior, ten un buratiño na parte superior para que pase o nailon. Fai de tope para que o nailon con cordel e o anzol no saian do cefalopodo
Forma cilíndrica con tres radios; pé central que permite xirar a peza, unha arandela de enganche posterior. Disco con tres agullas que marcan de 1 a 10 millas, de 10 a 100 e de 100 a 1000 millas. Impresión en negro con fondo branco.
Hélice unida a un cabo por un gancho. Outro gancho une o outro extremo do cabo ó volante que a súa vez ten no cabo un gancho que vai engarzado ó reloxo.
Cote de pescador, pásase o chicote dende fóra para dentro pola argolla e continúa con dúas voltas redondas, despois medio cote comprendendo as dúas voltas redondas e remátase con outro cote e unha ligada.