Placa dourada, plana, cóncava e maciza, que ten un buraco axial no centro no cal vai encaixado o anzol (de patilla plana) e outro enriba diste circular, no que vai o mosquetón.
Base circular de forma plana con rosca da que saen catroarames horizontais que se unen no extremo. No medio teñen outro arame circular que os sustenta.
Forma cilíndrica alongada con escala de densidades en papel, seguida dunha parte ovoidal valeira e rematando nun bulbo esférico cheo de boliñas que actúa como contrapeso.
Anzó torcido con patilla redonda enganchado a un xiratorio dourado, semicuberto por unha funda de plástico cor branca e azu, que só deixa libre a curva e o pico do anzol (camufla ó anzol), semella un peixe.
Funda de plástico de cor laranxa e forma cilíndrica ata a curva do anzol, despois é plana. O anzol é curvo de patilla redonda e xiratorio, ámbolos dous cubertos pola funda, semellan un peixe.
Funda de plástico vermello e transparente con rasgos de peixe , ten dous buracos polos que se coloca o anzol, que é curvo e de patilla redonda, que ten no extremo un xiratorio dourado.
É un anzó torcido e con patilla redonda enganchado a un xiratorio dourado semi cuberto por unha funda de plástico gris que semella un peixe pequeno e que só deixa ver do anzó a curva.
Anzó torcido con patilla redonda enganchado a un xiratorio dourado, semicuberto por unha funda de plástico cor verde transparente que só deixa libre a curva e o pico do anzo, semella un peixe.
Casco de cobre con tres ventanas guarnecidas de fortes vidros. O casco iría atornillado ó peto ou coraza de bronce. Presenta a inscripción: "Siebe Gorman & Co Ltd, submarine engineer, London Patent".
Fondos cubertos de felpa azul. Caixa para ópticas e bolsa cor obscura, contén pínula e anteteollo de galileo e botelliña con aceite. Asa metálica na base do cono.
Interior forrado de felpa azul. Dous peches de garfio e un de chave. Dous petos de madeira interiores. Ten un alfinete metálico e espacios (2) para anteollos.
Caixa en forma cónica; a parte baixa ten unha bosiña de madeira cun disco (visor), un tope para o anteollo, inversor e encaixes para pínula e anteollo; felpa azul e dous peches de garfo.
Nasa a que lle faltan as redes laterais e o peso. Forma cilíndrica con oito listóns verticais e tres circunferencias. Varillas de vimbio e entrada de plástico verde.
Interior de cor branca, caixa semicilíndrica con pantalla frontal circular e cristal; base furada; dúas asas na parte traseira; interior valeiro sen lámpada.
Forma cónica; no arco sitúase a pantalla formada por láminas de cristal pegada ó metal. Nun dos lados ábrese a porta que vai ó interior no que hai un soporte de bombilla.
Obxecto cúbico de interior branco con casquiño, soporte e cable; exterior dourado cos catro aneis e a parte traseira negra; dous buracos para os cables eléctricos.
Farol de base cuadrangular. Parte traseira con buraco, o resto dos lados con cristal dunha cor distinta cada un. Ten porta central e asa superior. Farol de aceite, sen lámpada.