3 cunchas todas as voltas con fortes costelas nudosas. Última volta con dúas series de nudosidades que se continúan no labio externo como pregues de estabilización ("dedos") que lle prestan a éste o aspecto dun paxaro nadador. Cor: Branco parduzco.
8 especies de tamaño medio. Cunchas con bandas finas concéntricas e radiais. Cor pardo amarillent. Borde dentado únicamente no centro na parte ventral. Cuncha alargada e comprimida (ver "Donax trunculus" 870).
Fotografía do bergantín-goleta "Esmeralda" da armada de Chile, case xemelgo do "Juan Sebastián de El Cano". Cara posterior con texto, fotografía en B/N e ficha técnica.
6 cunchas. A volta final da cuncha envolve a tódalas voltas precedentes; cuncha provista de costelas enteiras. A boca é unha estreita fenda que contén 10-22 dentículos. Cuncha de cor pardo claro con 3 manchas escuras no dorso. A base é branca.
Fotografía do buque-escola "Mir" pertencente á confederación de estados da disolta Unión Soviética. Na foto contémplase o grande desplegue do seu velamen. Parte posterior texto explicativo e fotografía.
2 cunhas,cor: periostraco pardo claro, exterior branco amarelo con liñas e surcos concéntricos. Cuncha robusta. Se a observamos con lupa, os dentes cardinais aparecen finamente crestados.
2 cunchas con borde da charnela cun dente lateral anterior a cada lado. Cor rosa blanquecino. Bandas radiais claras y escuras. Cuncha alongada e comprimida similar ás do xénero "Donax".
Acta de entrega do local de nenas do porto de San Cibrao por parte de dona Manuela Goñi á mestra e ó alcalde coa testemuña e certificado do secretario. 27 de outubro de 1931. Dúas follas en Din A3.
Aparello fino e longo que ten un oco no interior polo que se larga o fío e un entrante na parte posterior para que o fío non saia para fóra. O fío vai envolto, verticalmente, polas dúas caras do interior da agulla, rotativamente.
Caixón aberto sen peche no que vai encaixado por dous brazos un compás que marca os rumbos cardinais laterais, colaterais e as cuartas. Sen grados. O morteiro vai selado con oito parafusos.
Compás dourado aparafusado nun soporte de madeira con dous brazos e base de tres circunferencias. A rosa non ten grados. Marca o norte cunha flor de lis.
Aparafusado a unha caixa de madeira obscura. O norte sinálase cunha gran flor de lis; os grdos van marcados cada dous ceros (20-200º); a tapa vai solta e só está vernizada polacara exterior.
A rosa está dividida entre o "E" e o "W" de forma que ten unha metade branca e outra negra. Ten rumbos cardinais, laterais, colaterais e cuartas. Marca cada grado, non ten liña de Fe. Vai na súa caixa con tapa solta e peche deslizante..
Compás con rosa negra graduada, marcados os rumbos laterais e cardinais. Vai aparafusado no cubichete metálico e gris con visor de cristal e caixiña lateral con cristal para lámpada de aceite ou petroleo.