Embarcación co casco pintado de branco cunha banda negra. Leva as inscripcións "Riveira" e "Fidalgo" tanto a babor coma a estribor. Ten 2 remos e un mastro que leva unha vela latina. O temón é de pala e contrólase cunha caña.
Motora cun par de remos, 1 tolete, 1 mastro con vela e luces de costado; motor con eixos, hélice e temón; cabo con aro salvavidas; 4 rodas de defensa e unha boia. Dúas bancadas. Cores: azul, branco e vermello (carro soporte).
Ría de Arosa. Hoja II. Océano Atlántico Norte, costa N.W. de España. Contén: Ensenadas de Santa Eugenia de Riveira, Puebla do Caramiñal, Rianxo, Carril e Villagarcía, según os traballos nacionais de 1961.
Anzó torcido con patilla redonda enganchado a un xiratorio dourado, semicuberto por unha funda de plástico cor branca e azu, que só deixa libre a curva e o pico do anzol (camufla ó anzol), semella un peixe.
Funda de plástico de cor laranxa e forma cilíndrica ata a curva do anzol, despois é plana. O anzol é curvo de patilla redonda e xiratorio, ámbolos dous cubertos pola funda, semellan un peixe.
Funda de plástico vermello e transparente con rasgos de peixe , ten dous buracos polos que se coloca o anzol, que é curvo e de patilla redonda, que ten no extremo un xiratorio dourado.
É un anzó torcido e con patilla redonda enganchado a un xiratorio dourado semi cuberto por unha funda de plástico gris que semella un peixe pequeno e que só deixa ver do anzó a curva.
Anzó torcido con patilla redonda enganchado a un xiratorio dourado, semicuberto por unha funda de plástico cor verde transparente que só deixa libre a curva e o pico do anzo, semella un peixe.
Casco de cobre con tres ventanas guarnecidas de fortes vidros. O casco iría atornillado ó peto ou coraza de bronce. Presenta a inscripción: "Siebe Gorman & Co Ltd, submarine engineer, London Patent".
Parte superior da boca do peixe espada, "Xiphias gladius", de forma alargada e rematada en punta (espada). Cor branca xa que perdeu a cuberta orgánica que a protexía e lle daba unha cor grisácea.
Peza alongada de óso que se estreita progresivamente ata acabar en punta moi afiada. Cor marrón clara. Pertencente a un peixe espada ("Xiphias gladius").
Peza alongada de óso que se estreita progresivamente ata acabar en punta moi afiada. Cor marrón clara. Pertencente a un peixe espada ("Xiphias gladius").
Peza de óso alongada que se vai estreitando. En ambos lados ten cortes transversais. É de cor escura. Nunha das caras, na zona máis ancha ten manchas de pintura verde.
A espada dun peixe espada, que está labrada facendo a forma dunha espada . A empuñadura está decorada con motivos circulares. Na folla ten labrado unha cara un peixe espada e a cabeza dun cabalo, na outra cara ten unha planta con flores no seu testo
Peza de óso que se vai estreitando progresivamente. Por unha cara é moi escura e pola outra ten unha cor máis clara, cor crema. Na parte máis ancha foi cortada e ten as marcas do corte.
Fondos cubertos de felpa azul. Caixa para ópticas e bolsa cor obscura, contén pínula e anteteollo de galileo e botelliña con aceite. Asa metálica na base do cono.