Interior forrado de felpa azul. Dous peches de garfio e un de chave. Dous petos de madeira interiores. Ten un alfinete metálico e espacios (2) para anteollos.
Caixa en forma cónica; a parte baixa ten unha bosiña de madeira cun disco (visor), un tope para o anteollo, inversor e encaixes para pínula e anteollo; felpa azul e dous peches de garfo.
Corpo: Disco pequeño cuberto de pel branda e adios relativamente longos que se estreitan gradualmente. Nón ten púas e ten manchas negras. Cor escarlata.
Nasa a que lle faltan as redes laterais e o peso. Forma cilíndrica con oito listóns verticais e tres circunferencias. Varillas de vimbio e entrada de plástico verde.
Bombona cilíndrica realizada en ferro pintado de cor vermella cun sistema dispensador na cabeza da escuma que contén no interior. Aparello non apto para o uso en lugares con instalacións eléctricas.
Caixiña de fondo branco, depósito e bordes dourados, caixa e cheminea douradas; a porta abre lateralmente e o mango desenróscase; da parte posterior sae un ferro en forma de "L".
Interior de cor branca, caixa semicilíndrica con pantalla frontal circular e cristal; base furada; dúas asas na parte traseira; interior valeiro sen lámpada.
Forma cónica; no arco sitúase a pantalla formada por láminas de cristal pegada ó metal. Nun dos lados ábrese a porta que vai ó interior no que hai un soporte de bombilla.
Obxecto cúbico de interior branco con casquiño, soporte e cable; exterior dourado cos catro aneis e a parte traseira negra; dous buracos para os cables eléctricos.
Farol de base cuadrangular. Parte traseira con buraco, o resto dos lados con cristal dunha cor distinta cada un. Ten porta central e asa superior. Farol de aceite, sen lámpada.
Fío de nailon bastante groso, nun extremo remata nunha arandelaj vermella que se sostén cunha abrazadeira. No outro extremo remata cun aro máis pequeño, tamén cunha abrazadeira onde se amarra a corda que suxeita o anzol
Entintado negro, acuarela azul, vermella e amarela. Bandeira española e vermella. Barco inclinado. Pertence a unha colección de gravados do s. XVIII. Marco dourado cunha liña negra.