Sobre cuberta de cinco pisos con ventás. Tres chemineas, dous paos, tres hélices, seis botes salvavidas e 20 aros; cores azul, branco, marrón, verde, vermello e negro.
Bergantín Goleta de tres paus, está sen velame. O casco é de cor branco, verde e marrón. Ten un áncora a cada lado da proa. Ten tres botes salvavidas e unha escotilla para baixar. O temón é de pala.
Maqueta de gamela con talameiras e toletes, dúas bancadas, fondo plano, proa normal e popa plana. Ten dous remos alongados e finos, coa pa de cor branca e o guión azul. Cores branco, azul, bermello e negro.
Peixe espada de madeira nun soporte. Está decorado con motivos xeométricos. Na base por: R Ansede Caínzos". Os dentes do peixe está feitos con puntas moi pequenas.
Veleiro de 3 paos con mascarón de proa dourado con forma de home. Cor branca. Obra morta de cor negra. Cuberta verde. Dous botes salvavidas e unha áncora por banda. Dúas bandeiras españolas. Oito aros salvavidas. Unha escada en cada banda.
Nó margarita feito cunha soa corda de dous cabos, non empata unha corda con outra. Ten un pedaciño de pau en cada oco dos extremos para facer o nó máis seguro.
Alto relevo do veleiro "S. Álvarez" de tres paos e co velamen desplegado. Bandeiras española e galega, casco azul e branco, áncora vermella. Protexido cun caixón con cuberta de cristal.
Medalla de bronce pegada a unha peza de coral de cor branca lixeiramente marelenta e porosa. A medalla ten o relieve do Acorazado "España" por unha cara e o texto "Botado al agua en Ferrol 5 Febrero" pola outra, na que aparece un ramiño de laurel.
A medalla ten un relieve no centro e polo borde ten a seguinte inscripción temén en relieve: "Museo de Anclas "Philippe Couesau" 1993 Salinas- Principado de Asturias". Pola outra cara hai o relieve dunha figura humana unha praia e o mar.