Puntal esaxerado, bodega con escotillas, temón con cana moi longa, 3 toletes por banda preto da proa. Embarcación de manga ancha, con amuras moi marcadas e popa redondeada por encima da liña de flotación. Ten bote auxiliar.
Doce variñas finas e dobres; as paredes van cubertas por unha rede de plástico negro. A porta está feita de pano de rede. Leva un cabo anudado polos dous extremos á nasa.
Estructura de catro aros dobres e dezaoito varillas. O funil é un cubo de plástico sin fondo; ten cemento no lado oposto do funil. As bases son de pano cosido con pobre fío de nailon azul.
Estructura de 10 varillas dobles, salvo as que soportan o lastre de cemento; catro aros , os dous do extremo son dobres; o funil é de plástico e as bases de pano de rede.Ten un cabo atado á parte superior.
Catro corpos circulares que suxeitan o armazón de varas; os extremos van con rede cosida a man e engarzada nos círculos metálicos interiores e máis pequenos; dúas barras de chumbo e tea semellando ó cebo.
A estructura é de madeira con catro aros dobres e dezaoito varillas. Nos laterais ten pano de rede de cor azul. O funil é de madeira. No lado oposto ó funil ten dous pedazos de cemento. No interior ten tres langostas disecadas.
É unha caixa metálica negra, ten unha pantalla negra nun lado e no outro unha computadora dixital. Ten escrito: Radio Navegation System Shipmate RS 4000
Entintado en negro iluminado con acuarela a mano. Azul (mariñeiros, vermello (mariñeiros) e amarelo (casco e paos). Dúas bandeiras, pertence a unha colección de gravados do s. XVIII. Marco dourado con liña negra.
Entintado en negro sobre papel branco, iluminado con acuarela vermella, azul e amarelas. Pertence a unha colección do s. XVIII. Marco dourado con liña negra.
Entintado en negro, policromía con vermello (cañóns), amarelo (casco e paos) e azul (casco). Dúas bandeiras españolas. Pertence a unha colección de gravados de barcos do s. XVIII. Marco dourado con liña negra.
Entintado en negro sobre papel branco, iluminado con acuarela vermella e azul (casco, cañóns e mariñeiros) e amarela (paos e casco). Dúas bandeiras vermellas. Pertence a unha colección do s. XVIII. Marco dourado con liña negra.
Caparazón groso, de forma ovalada. Fronte moi estreita, trilobulada. O primeiro par de patas torácicas ten dous quelípodos subiguais e lisos, coas marxes internas dos dáctilos provistas de dentes romos. As outras patas son moito máis finas.
Faise un seno e pásase o chicote sobre o firme, danse voltas ó redor do seno co chicote, introdúcese o chicote pola parte do seno que sobresae das voltas e aprétase.
Co cabo sobre unha superficie fórmanse tres gazas, dóbrase a do medio cara abaixo encerrando as dúas máis pequenas e tírase dos senos da gaza grande a través de cada unha das pequenas, saíndo así un par de orellas.