Plataforma circular con tres pés na que vai aparafusado un casquiño semicircular achatado, protexido por outro. Forman cinco radios e unha circunferencia concéntrica á base.
Ten tres pés planos e abertura central. A base é semicircular. Cristal aplanado e no centro a marca. Defensa diferenciada do cristal cor cobrizo. Sen bombilla
Os opérculos son os que tapan a entrada da cunha cando o becho está dentro. Estas son de profundidade e semellan pulidas, pero sono polo mar. Son coñecidos co nome de "ollos maos" ou "ollos moles".
Dous fíos metálicos envoltos sobre si mesmos, rematados en espiral e unidos por unha boliña. Tamén chamado torniquete ou emerillón tipo barrilete (inglés)
É de cor branco, moi poroso, a zona máis porosa ten unha tonalidade máis escura. Ten forma semiesférica con unha ramificación. Pode ser o arranque dunha costela.
Óso que probablemente pertenza a unha paletilla ou aleta pectoral. Está fragmentado nun extremo. É de cor branco e amarelo. Nalgunhas zonas está baleiro no interior.
É un fragmento moi pequeño que formou parte doutros máis grande. Nunhas zonas a superficie é moi lisa e de cor branca, noutras partes é moi poroso e de tonalidade máis amarela.
Óso de cetáceo, estreito no centro e máis ancho nos extremos. Está fragmentado ó longo dun lateral. En ambos extremos está algo roto. Semella unha paletilla. É de cor branco e marelo.
5 filas de pedicelos das que a anterior é a máis longa e está nunha canle pronunciada pero relativamente somera que conduce á boca. Púas:na súa maioría curtas, pero algunhas da cara superior son máis longas. Cor: parda.
Consta dunha cesta circular que ten no borde un cabo e anzois clavados nel. Os anzois levan cabos pequenos que van á liña nai envoltos no interior da cesta. Tamén ten dúas boias cos seus cabos.
Rede rectangular formada por tres panos, dous trasmallos e un embalo, suxeitos por dous cabos paralelos á cortiza que leva as cortizas e a pedreira que leva os chumbos.
2 cunchas. Todas as voltas con fortes costelas nudosas. Última volta con outras dúas series de nudosidades que se continúan no labio externo como pregues de estabilización ("dedos"). Largo canal sifonal (non é un dedo). Cor blanquecina parduzca.
Peza semicircular, en ambos extremos ten dúas arandelas para seren atravesadas por un clavo. O extremo do clavo ten un candado para evitar que se abra.
Peza de pedra de formas irregulares e de cor branca. Presenta franxas de cor lousa todo arredor. Os saíntes irregulares son redondeados. Atravésaa un furado forrado dunha especie de teliña coralina.