Atada ó pano cunha separación de 3 cm. Ten 12 chumbos colocados simetricamente ó longo do cabo. Altérnanse nos espacios que quedan entre as costuras do pano.
Peixe espada de madeira. Todo feito nunha peza. Ten unha peana na que se sostén. Está labrado facendo debuxo ó longo do corpo. Na peana ten gravada a cifra 2002 e tamén o nome de quen o fixo.
Cuncha con espiras esquinadas, superficie recuberta de nós callosidade da conrela. Sen ombligo. Boca grande e superficie lisa opérculo calláreo de cor branco e marrón acaranxado.
Pollicipes cornucopia. Dous grupos de percebes e seis individuos soltos. Teñen un pedúnculo vacio quedando só a pel forte e as cunchas de varias pezas que pechan, á maneira de bivalvos o corpo do animal.
Cilindro negro rematado nun capacete que leva dentro un espello orientabel a partir de dous parafusos exteriores. Pechado na base por un cristal circular.
Ten un mango de dúas pezas: unha de madeira e outra de de ferro, que suxeita a vara a barra de ferro por uns buracos que, a súa vez, ten unida unha mangueira de plástico negro e raído.
Veleiro con casco en madeira, non está pintado. Ten unha bodega con tres escotillas. O temón contrólase dende a popa coa caña. Ten dous paos e seis velas. É de manga ancha e leva un tolete de remos. Na proa ten un pao para axundar a dirixir as velas.
Cadro no que se representa un veleiro enarbolado navegando sobre un mar semi encrespado e cun fondo de ceo nublado. A figura principal está en relevo. Marco e cristal.
Placa de metal que leva unha inscripción. Nas catro esquinas ten uns buraquiños para ser atornillado ó buque. Nunha das esquinas fáltalle una pedaciño, foi recortado para que encaixara mellor no seu sitio.
Plano de los Puertos de Naos y Arrecife en la Isla de Lanzarote Islas Canarias, levantada en 1912 por la dotación del cañonero "Doña María de Molina" al mando del Capitán de Fragata D. Juan B. Aznar
Rama torcida e pulida en forma de punta de flecha á que vai atada unha pedra. A pera, por arriba, tamén está suxeita por dúas ramas xuntadas en forma de V. Ten unha trampilla e un cabo.
Portos da costa Norte de España. Contén: ría de Cedeira, ría do Barquero, porto de Cariño, ría de Vivero, ría de Ribadeo, ensenada de S. Ciprián. Está impresa a cor, con tonos azuis, verdes e pardos.