Roda de madeira pulida e clara, nunha cara vense tres cravos anchos e dúas circunferencias metálicas estreitas, na outra vense tres cravos estreitos e a peza de metal completa ten seis tacos metálicos no centro que van postos transversalmente.
798/1 é máis obscura, tres cravos unen a madeira coa peza de metal. 798/2 madeira clara coun dúas circunferencias de metal, tres cravos e seis pezas transversais.
Cortizas semellantes entre si. Teñen forma redonda e nun buraco vai o cabo que pecha sobre si mesmo. Hai nove cortizas. O cabo é de cor gris e é de nilón.
Aro de corcho forrado de lona en catro puntos e pintado de dor branca con franxas vermellas. Ten as inscripcións "CABO MORÁS" realizada en pintura de cor negra e "VIGO". Tamén de cor negra. Ten dous cabiños para ser atado ó buque.
Aro de corcho forrado de lona en catro puntos e pintado de cor branca con franxas vermellas. Ten as inscripcións"Cabo Morás" realizada en pintura de cor negra e "Vigo".Tamén de cor negra. Ten dous cabiños para ser atado a un buque.
Aro de corcho forrado de lona en catro puntos que están pintados de cor vermella. O resto do aro está pintado de cor branca. Ten as inscripcións "CABO MORÁS" e "VIGO" realizadas en pintura de cor negra. Ten dous cabiños para ser atado a un buque.
mostra o debuxo de seis navíos da armada española do século XVIII e XIX. Son: o "Santísima Trinidad", "Santa Ana", "Rayo", "Concepción", "Real Felipe", "Montañés". Debaixo de cada barco está escrita unha breve reseña da súa historia.
Púas de dous tipos: grandes e pequenas. As primeiras teñen crestas lonxitudinais e alcanzan o dobre de lonxitude que o diámetro do caparazón. Cor verdoso parduzco. Caparazón esférico aplanado no eixo aboral.
Óleo co tema do Bo Pastor Neno: sentado ao pé dunha árbore que identificamos cunha Cinchona. Viste túnica vermella, sombreiro de palla de ala ancha que deixa ver as crenchas rizadas. Vai protexido cunha zalea, un chaleque de pel de ovella, curtido coa lá do animal á vista. Sostén coa dereita unha longa e fina cruz de madeira. Calza sandalias de tiras vermellas, de obvia significación. Acompañado por catro ovelliñas, símbolos sacrificais por excelencia. Ao fondo, unha paisaxe apenas esbozada. Marco en madeira dourada. Semella copia libre, un tanto naïf, do lenzo atribuído a Juan Sánchez Cotán (1560-1627) conservado no Museo do Mosteiro da Concepción, en Granada. No de Tor, o autor invertiu a pose do Neno e suprimiu os instrumentos da Paixón que figuran aos pés no orixinal, o que delataría o emprego dunha fonte gravada. É moi semellante a algúns producidos en Nova España, no Perú e Quito.
A raíz da obra de Murillo, afecta á temática infantil, proliferaron as representacións do Neno Xesús na metáfora bíblica do bo pastor que coida do rabaño. Tiveron grande éxito na sociedade sevillana do XVII pola súa eficacia devocional. Destinadas na súa maior parte ao culto privado, supoñemos que a obra de Tor sería producida nalgún obradoiro vicerreinal, pode que no Ecuador, a partir de gravados importados da metrópole baixo deseños de seguidores de Murillo coma Juan Simón Gutiérrez. Atribuímos con moita reserva o lenzo ao taller do pintor Manuel Samaniego Jaramillo (Quito, 1767-1824), tamén escultor, propalador naquelas terras do tema iconográfico de Divina Pastora. A pesar do debuxo seco, das liñas de contorno moi marcadas, da pincelada ruín ou de termos visto pinturas moi semellantes da escola cusqueña, o feito de levar a sinatura Samaniego no reverso do lenzo, e o emprego de flora propia do Ecuador (leitmotiv da obra do artista quiteño) -a árbore que acubilla ao Neno semella unha Cinchona- apuntan a unha obra non do autor mais si do seu taller.
Barco de tres paos sen velamen, tres botes salvavidas, tres bandeiras: vermella, azul e amarela e verde e vermella, tamén leva a española. Cores: verde e branco no casco.
Barco de tres paos sen velamen, dous botes e sete aros salvavidas; cores do casco: braco e verde; bandeira española, outra vermella e outra azul e amarela; escaleira de gato a babor.