Faise formando un bucle en firme do cabo, pasando o chicote a través do seno así formado, rodeando o firme e pasando o chicote de novo a través do seno.
Entintado en negro, fondo branco. Bandeira, mariñeiros e casco con acuarela amarela, vermella e azul. Pertence a unha colección de gravados do s. XVIII. Marco apaisado dourado con liña negra.
Dase unha volta sobre o obxeto que se quere amarrar, co firme encima e o chicote abaixo. Despois dase outra volta no mesmo sentido, co chicote por encima da anterior. Por último introdúcese o chicote dentro do seno que se formou coa segunda volta.
Barco de dous paos, cabina de dous pisos sobre cuberta e outra dun piso en popa. Unha cheminea e catro botes salvavidas; cores vermella, branco, dourado, negro e madeira. Sen velamen.
Non é unha ánfora completa, só está o comezo dos hombros, o pescozo e parte da boca. Unha das asas está completa, da outra só queda o arranque inferior. O pescozo é moi alto, e a boca está partida.
Aparello formado por unha manivela en forma de "C" cunha, para amarrar unha barrena no extremo inferior. Dáselle movemento xiratorio coa man mentras se presiona coa empuñadura coa outra.