Peza cilíndrica aberta de ouro laminado, decorada con sete nervios horizontais que rematan nos extremos con tres paralelos verticais, formando rectángulos concéntricos. Estes nervios están enmarcados por catro filetes que bordean toda a peza.
Peza cilíndrica aberta de ouro laminado, decorada con sete nervios horizontais que rematan nos extremos con tres verticais paralelos, formando rectángulos concéntricos. Estes nervios están enmarcados por catro filetes que bordean toda a peza.
Peza cilíndrica pechada cos bordos lixeiramente exvasados. Con dez gallóns horizontais decorados con punzón formando grupos de liñas verticais incisas descontinuas que ocupan os espazos cóncavos entre os nervios.
Lámina rectangular de forma cilíndrica, aberta, con dous furados en cada un dos seus extremos. Presenta unha decoración puntillada de tipo xeométrico, a base de liñas en forma de espiña de peixe que percorren paralelamente os bordos da peza, combinada nos extremos con tres tiras verticais de triángulos raiados.
Cinta laminada rectangular e aberta, rematada nun dos seus extremos por unha argoliña e no outro por un saínte en forma de gancho. Decorada na cara externa con tres ringleiras de fíos sogueados, enmarcados por dous nervios moi finos.
Fío de ouro macizo de sección circular, enrolado en espiral de case dúas voltas. Un dos extremos dobrado a modo de gancho e o outro en ángulo cara a fóra e cun lixeiro engrosamento na punta.
Tres fragmentos de variñas de sección circular envoltas en espiral. Dous fragmentos con variña de sección circular e remates plásticos soldados formados por un corpo cilíndrico con catro molduras circundantes, unha delas sogueada, a continuación unha franxa formada por fíos de filigrana ao aire á que lle segue unha moldura cóncava lisa e termina en tres corpos globulares en forma de periña que serven de base a un terceiro que sobresae no medio deles.
En forma de torques, presenta unha variña de sección circular que se estreita cara aos extremos, con remates que mesturan unha parte troncocónica e unha pseudoescocia.
De forna penanular con apéndice interior triangular, composto por pequenas esferas, das que se conservan 21, soldadas entre si en liñas horizontais de maior a menor. A parte medial, en forma de crecente luar moi pechado, está formada por 5 fíos retorcidos e soldados.
Fragmento correspondente ao extremo terminal dunha variña de torques maciza de sección romboidal e remate oco en dobre escocia. Carece de ornamentación.
Fragmento que corresponde ao terzo central dunha variña maciza de sección romboidal dun torques fragmentado. Decorado polas súas dúas caras exteriores con dous grupos de tres ornitomorfos enfrontados e no centro dos grupos un rectángulo recheo de circuliños, nos extremos liñas verticais con circuliños inscritos e un triángulo adornado con circuliños nun dos seus vértices. Ornamentación realizada con punzóns simples e compostos.
Fragmento correspondente ao extremo terminal dunha variña de torques maciza de sección romboidal e remate oco en dobre escocia. Decorado na base do remate cunha roseta de seis pétalos, realizada cun punzón complexo, inscrita nun círculo.
Fragmento dun torques composto por unha variña maciza de sección romboidal e remate bitroncocónico macizo. Decorado polas súas dúas caras externas a base de zigzags, realizados con circuliños estampados con punzón simple.
Probable colar ríxido que presenta unha variña de sección romboidal en forma de ferradura e terminacións lixeiramente ensanchadas. Carece de ornamentación.
Parte central dun torques de variña maciza de sección romboidal. Decorada polas súas caras externas por dúas bandas de filigrana de dous fíos entrelazados formando oitos onde se colocan esferiñas enchendo os ocos interiores, remata cun fío enrolado á variña só nun lado.
Parte central dun torques de variña de sección circular maciza, que presenta unha pequena decoración formando espigado/sogueado que rodea e ocupa 1,6 cm no centro da barra.
Banda de forma rectangular curvada, obtida por martelado, que se estreita cara aos extremos, onde leva dúas perforacións en cada un para o cerramento da peza. A parte central presenta sete tiras conseguidas pola rotura da folla e posterior repuxado destas. Nas extremidades leva unha decoración de tres liñas horizontais e dúas verticais realizadas mediante un puntillado desde o interior.
Lámina rectangular curvada, obtida por martelado, con estreitamentos nos extremos. A parte central presenta trece cortes lonxitudinais que forman catorce tiras repuxadas. Nos extremos, dobrados formando pestanas para o peche, presenta decoración puntillada de liñas verticais polo reverso, nalgún caso coincidindo coa soldadura das láminas.
Actualmente presenta a forma dun colar articulado composto por un arame de sección circular martelado cos extremos dobrados cara a fóra a modo de ganchos de peche. O dito arame parece que lle foi engadido posteriormente ao achado, este leva ensartadas nove doas macizas bitroncocónicas, con perforación central. As doas son de distintos tamaños pero con formas similares, agás unha máis alongada.
Torques composto por unha variña de sección circular cuberta nos seus dous terzos extremos por arames enrolados que forman 36 espirais a cada lado e remates ocos en forma de periña. O lenzo central, liso, aparece limitado por dúas aplicacións de filigrana dispostas en espiral arredor dun botonciño central. Ten axóuxere en ambos remates.
Torques composto por unha variña de sección circular e remates ocos piriformes. Os terzos inferiores da cariña están recubertos por arames enrolados que forman 53 espirais nun lado e 57 no outro, mentres que a parte central, totalmente lisa, aparece acoutada por dúas aplicacións de filigrana dispostas en espiral arredor de dous bastonciños centrais. Ten axóuxere en ambos remates.
Torques en forma de "C" aberto, composto por unha variña maciza de sección romboidal e terminais ocos en dobre escocia. Carece de ornamentación e ten axóuxere nun dos remates.
Torques composto por unha variña maciza deformada e remates en dobre escocia tamén macizos. Os dous terzos laterais da barra están cubertos por un arame enrolado, sobre unha alma de sección irregular, que forma 33 espirais nun lado e 32 no outro. A parte central da variña de sección circular non presenta decoración.
Torques composto por unha variña de sección circular maciza e terminal oco en dobre escocia, no outro extremo só conserva a placa de unión co desaparecido remate. Os dous terzos laterais están cubertos por arames enrolados que forman 31 espirais nun lado e 29 no outro. O terzo central presenta na cara externa unha decoración de filigrana aplicada que forma catro bandas paralelas de 88 separadas por cordonciños sogueados ou simples.
Colar ríxido en forma de omega invertida. Consta dun eixo interior sobre o que se enrolan un arame groso e outro fino soldados a unha barra interna imitando unha forma sogueada. O arame fino semella un cordonciño funicular e sóldase nos cavorcos do arame groso. Na parte central do colar o arame expándese formando 3 oitos ou entrelazos separados entre si. Os terzos laterais, despois do sogueado, presentan unha decoración de liñas incisas de puntos, círculos con punto central e arquiños e logo unha zona lisa. A continuación fórmanse dous ganchos abertos cara fóra, rematando cun ensanchamento globular e un cono truncado no extremo final.
Fragmento correspondente a media variña dun torques de sección circular, maciza e remate oco en periña. Decorado por un arame enrolado que forma 41 espirais, cubrindo o terzo extremo da variña e enlazando coa zona central lisa a través de dúas placas de dobres espirais de filigrana con botón central.
Torques composto por unha variña de sección circular maciza e remates en forma de periña ocos. Os terzos extremos da variña están recubertos por un fío que forma 81 e 88 espirais respectivamente en cada un dos lados. A parte central, lisa, aparece acoutada por dúas aplicacións de filigrana dispostas en espiral arredor dun pequeno botón central.
De forma rectangular, realizada sobre unha lámina finísima e decorada cuns diminutos calados cuadrangulares a modo de celosía. Trasnversalmente ao eixe maior, presenta deformacións verticais, unha central e dúas laterais, posible indicio dun dobrado.
Fragmento dunha torta de tamaño mediano. Por tres dos seus lados aprécianse as marcas deixadas polo cincel ao ir extraendo o metal. Unha das súas caras, a máis plana, mostra as marcas deixadas pola cristalización dendrítica característica da fundición do ouro.
Elemento de adorno persoal composto por un aro de sección planoconvexa e decorado pola súa cara exterior. A parte superior presenta un chatón plano, decorado cunha ave coas ás despregadas e unha lenda arredor que se interpreta como RAN (O) SINDE.
Placa lixeiramente ovalada, de sección rectangular con pasador de agulla de base rectangular rematada nun motivo zoomórfico. Agulla e placa decoradas con circuliños e estrías incisas, de escasa marcación, tamén pola parte da lámina entre os cabuxóns. Estes están engastados en cápsulas independentes, recheos de pasta vítrea de cor vermella moi escura e dispostos uns en forma de aspa e dous grupos de tres pequenos e cor mais claro en forma de racimo, seguindo a dirección da agulla.
Peza constituída por seis cápsulas, circulares nos extremos e no resto ovaladas, unidas entre si por soldadura formando un acio invertido. Da ringleira inferior colgan tres pequenos colgantes rematados por filamentos. Para a suspensión conta cunha argola circular terminada nun ensanchamento esférico nun dos extremos. Os discos das cápsulas decóranse no reverso con ornamentos vexetais, flores de lis sobre fondo reticulado nas cápsulas ovaladas e rosetas cuadrifolias sobre fondo cuadriculado nas cápsulas circulares. Estas cápsulas estaban destinadas ao engaste das pedras preciosas ou cabuxóns de vidro.
Torta completa de forma ovalada e sección planoconvexa. Por unha das caras aprécianse as dendritas de cristalización e as pequenas irregularidades producidas polos gases. Pola outra cara, obsérvanse os sinais da superficie sobre a que se arrefriou.
De sección planoconvexa, presenta unha cara rugosa e outra máis lisa e con pequenas fosiñas producidas polos gases durante a fundición. Aprécianse os cortes producidos pola extracción de pequenos fragmentos.
Consta de dous elementos: unha parte medial penanular e outra distal en forma de triángulo invertido coa base curva, cuxos vertices se resaltan con tres remates, estando mellor conservado o do vértice inferior. O disco superior ten forma de crecente, cos extremos superiores máis estreitos, formado por fíos soldados de diferente tipo. O triángulo está recheo de diminutos gránulos.
Peza en forma de ril, coa parte medial en forma penanular, obtida mediante a unión de láminas polos dorsos. Parte proximal con dous pivotes unidos en forma de arco e soldados aos extremos con granulado na base. Decorada polas súas dúas caras principais a base de 11 pares de fíos funicularres concéntricos aos bordos. O dorso convexo tamén está decorado.