Arracadas e pendentes
As arracadas son pendentes ou adornos de orella de diversas morfoloxías e pequeno tamaño, sendo as máis típicas as de tipo amorcillado como as de Bretoña, labirintiforme como a de Burela ou con apéndices triangulares como a arracada de Suegos. Os exemplares conservados no Museo Provincial de Lugo posúen un extraordinario e minucioso labor de filigrana e granulado.
Na sala de ourivería antiga do MPL exponse tamén un pendente de tradición xermánica, formado por seis cápsulas soldadas entre si, que lembran aos pendentes de Teodosia nos mosaicos de San Vitale de Ravena.