Bibliografía e glosario
Bibliografía básica e glosario sobre o ouro, a ourivería prehistórica e antiga, e a colección do Museo Provincial de Lugo.

01
Bibliografía
- ALMEIDA, M., BÓVEDA, M. J. e VILASECO, I. “Galicia Different Place: da cronoloxía do ouro precastrexo e outros tópicos”. Historia Nova. Contribución dos novos historiadores de Galicia III. Santiago, 1994, p. 25-33.
- ÁLVAREZ NÚÑEZ, A. (coord.). El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia. Diputación Provincial de Lugo, 1996.
- Arqueología del oro astur: orfebrería y minería. Oviedo: Caja de Asturias, Obra Social y Cultural, 1995.
- ARMBRUSTER, B. “Instruments rotatifs dans l’orfèvrerie de l’Âge du Bronze de la Péninsule Ibérique: nouvelles connaissances sur la technique des bracelets du type Villena/Estremoz”. En V. Oliveira (coord.), Actas 1.º Congreso de Arqueología Peninsular. Porto, 1993.
- ARMBRUSTER, B. e PARREIRA, R. (coords.). Inventário do Museu Nacional de Arqueologia. Colecção de Ourivesaria. 1.º Volume. Do Calcolítico à Idade do Bronze. Lisboa, 1993.
- ARMBRUSTER, B. e PEREA, A. “Tecnología de herramientas rotativas durante el Bronce Final Atlántico: el depósito de Villena”. Trabajos de Prehistoria, 51, n.º 2, 1994, p. 69-87.
- ARMBRUSTER, B.; PEREA, A. “Macizo/hueco, soldado/fundido, morfología/tecnología, el ámbito tecnológico castreño a través de los torques con remates en doble escocia”. Trabajos de Prehistoria, 57, n.º 1, 2000, p. 97-114.
- BALSEIRO GARCÍA, A. “A Ourivería na Idade do Bronce”. Boletín do M.P.L., Tomo XI, 2003/2004, p. 33-51.
- BALSEIRO GARCÍA, A. “Aproximación a la orfebrería castrexa: el Tesoro Bedoya”. En V. Alonso Troncoso (ed.), Actas FerrolTerra Galaico-Romana. Concello de Ferrol, 1997, p. 49-67.
- BALSEIRO GARCÍA, A. Diademas áureas prerromanas. Análisis iconográfico y simbólico de la diadema de Ribadeo/Moñes. Lugo: Deputación Provincial de Lugo, 2000.
- BALSEIRO GARCÍA, A. El oro prerromano de la provincia de Lugo. Lugo: Deputación Provincial de Lugo, 1994.
- BALSEIRO GARCÍA, A. “El torques argénteo de Mondoñedo: un producto foráneo”. Boletín do M.P.L., Tomo IX, 1999/2000, p. 17-25.
- BALSEIRO GARCÍA, A. “Problemática del estudio de la orfebrería castreña”. En Actas del II Congreso de Arqueología Peninsular, tomo III, Zamora, 1999, p. 19-23.
- BARRIL VICENTE, M.; ROMERO RIAZA, A. (coords.). Torques, Belleza y Poder. Museo Arqueológico Nacional. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Madrid, 2002.
- BLANCO FREIJEIRO, A. “Origen y relaciones de la orfebrería castreña”. Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo XII, 1957, p. 5-28, 137-157 e 161-180.
- BÓVEDA FERNÁNDEZ, M.ª J. “O Ouro do Bronce en Galicia”. En R. Fábregas Valcarce (ed.), A Idade do Bronce en Galicia: Novas perspectivas, Cadernos do Seminario de Sargadelos, n.º 77, 1998, p. 129-152.
- CAAMAÑO GESTO, J. M. “A Cultura Castrexa”, vol. 2. Economía, Sociedade, Relixión e Arte. En X. R. Barreiro Fernández e R. Villares Paz, A Gran Historia de Galicia 4. A Coruña, 2007.
- CALO LOURIDO, F. A Cultura castrexa. Vigo: Edicións A Nosa Terra, 1993.
- CALO LOURIDO, F. A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1994.
- CARBALLO CALERO, L. X.; GONZÁLEZ RUIBAL, A. “A Cultura Castrexa do NW da península Ibérica en Galicia”. Boletín Auriense, n.º XXXIII, 2003, p. 25-33.
- CASAL GARCÍA, R.; BLANCO SANMARTÍN, P. “Artes Industriais Tardorromanas e Xermánicas”. En Historia da Arte Galega, vol. I. Vigo: Edicións A Nosa Terra, 1998, p. 417-432.
- CASAL GARCÍA, R.; BÓVEDA FERNÁNDEZ, M. J. “Algunhas cousas sobre ourivería galega”. En Humanitas: Estudios en homenaxe a Carlos Alonso del Real. Santiago: USC, 1996, p. 241-256.
- CASTRO PÉREZ, L. “Los torques de los dioses y de los hombres”. Cadernos de Historia. A Coruña: Vía Láctea, 1992.
- CASTRO PÉREZ, L. Os torques prehistóricos. Santiago: Servicio de Publicacións da USC, Biblioteca de Divulgación, 1990, Serie Galiza, n.º 5.
- COMENDADOR REY, B. “Los inicios de la metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica”. Brigantium, n.º 11. A Coruña, 1998.
- CRESPO PRIETO, R. “El torques de Burela”. Estudios mindonienses, 16. Ferrol, 2000, p. 545-558.
- DELIBES DE CASTRO, G. “Los tesoros prerromanos de Arrabalde (Zamora)”. En Hispania romana: desde tierra de conquista a provincia del Imperio. Madrid: Electa, 1997, vol. 2, p. 60-65.
- El oro en la España prerromana. Madrid: Revista de Arqueología, 1989.
- El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia. Diputación Provincial de Lugo, 1996.
- GALÁN DOMINGO, E.; RUÍZ-GÁLVEZ PRIEGO, M. “Divisa, dinero y moneda. Aproximación al estudio de los patrones metrológicos prehistóricos peninsulares”. Complutum Extra 6, Madrid, 1996, vol. 2, p. 151-165.
- Galicia castrexa e romana – Galicia castreña y romana (Galicia Terra Única). Lugo: Xunta de Galicia, 1997.
- Galicia no tempo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1990.
- GARCÍA VUELTA, O. “La colección de orfebrería castreña del Museo Arqueológico Nacional: notas para el estudio de su evolución”. Boletín del Museo Arqueológico Nacional, Tomo XVIII (1 e 2), 2000, p. 69-96.
- GARCÍA VUELTA, O. Orfebrería castreña. Museo Arqueológico Nacional. Madrid: Ministerio de Cultura, 2007.
- Gran Enciclopedia Gallega, s.v. “castro”, “cultura castrexa”, “romanización”, “torques”.
- GUERRA, M.ª F.; TISSOR, I. (eds.). A ourivesaria pré-histórica do Occidente Peninsular Atlântico – Compreender para preservar. Projecto AuCORRE 2013. Fundação para a Ciência e Tecnologia.
- HAUTENAUVE, H. “Les torques d’or du second Âge du fer en Europe: techniques, typologies et symbolique”. Travaux du laboratoire d’Antropologie, n.º 44. Rennes, 2005.
- LADRA FERNÁNDEZ, X. L. “Achega ao estudo contextual da ourivesaria castrexa”. Gallaecia, n.º 21, 2000, p. 177-191.
- LADRA FERNÁNDEZ, X. L. “Análisis ponderal de los torques castreños”. Complutum, n.º 11, 1999, p. 143-156.
- LADRA FERNÁNDEZ, X. L. “Análisis territorial de la distribución de hallazgos de torques áureos de la II Edad del Hierro en el NO peninsular”. En Bronce Final y Edad del Hierro en la Península Ibérica. Salamanca, 2005, p. 94-110.
- LADRA FERNÁNDEZ, X. L.; MARTINÓN TORRES, M. “Orígenes del dorado por amalgama. Aportaciones desde la orfebrería protohistórica del Noroeste de la Península Ibérica”. Trabajos de Prehistoria, 68-1, Madrid, 2011, p. 187-198.
- LADRA FERNÁNDEZ, X. L.; MARTINÓN TORRES, M. “Variacións tecnolóxicas e preferencias culturais: estudo analítico dos ouros do castro de Viladonga”. CROA. Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga, 19, 2009, p. 32-43.
- LÓPEZ CUEVILLAS, F. Las Joyas Castreñas. Madrid: CSIC, 1951.
- LÓPEZ CUEVILLAS, F. “Os torques do Noroeste hispánico”. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Tomo IV, 1932, p. 97-130.
- MONTEAGUDO GARCÍA, L. “Torques castreños de alambres enrollados”. Archivo Español de Arqueología, 25, Madrid, 1952, p. 287-296.
- O torques de Centroña. Cen anos despois. Cátedra. Revista eumesa de estudios. Monografía n.º 3. Pontedeume, 2014.
- PEINADO Y GÓMEZ, N. Torques celtas en el Museo Provincial de Lugo. Lugo, 1975.
- PEREA, A. Historia del oro en el Museo Arqueológico Nacional. Serie guías didácticas/técnicas del Museo Arqueológico Nacional. Madrid, 1996.
- PEREA, A. Orfebrería Prerromana. Arqueología del oro. Madrid, 1991.
- PEREA, A. “Los torques castreños en perspectiva”. Brigantium, n.º 14, 2003, p. 139-149.
- PÉREZ OUTEIRIÑO, B. “De Ourivesaría castrexa I. Arracadas”. Boletín Auriense. Anexo I, 1982.
- PÉREZ OUTERIÑO, B. “Achega tipolóxica para o estudio dos torques áureos do NW”. Gallaecia, n.º 12, 1990, p. 139-151.
- PÉREZ OUTERIÑO, B. “Almacenamiento de materia prima entre os ourives castrexos: lingotes planoconvexos”. En Finis Terrae. Estudos en lembranza do Prof. Alberto Balil. Santiago de Compostela, 1992, p. 97-130.
- PÉREZ OUTERIÑO, B. “Os ornitomorfos no conxunto dos motivos decorativos da orfebrería castrexa”. Boletín Auriense, n.º X, 1980, p. 9-24.
- PÉREZ OUTERIÑO, B. “Primeiras manifestacións da ourivería do NW peninsular”. En Arqueoloxía e Arte na Galicia Prehistórica e Romana. A Coruña, 1995, p. 101-118.
- PINGEL, V. Die Vorgeschichtilichen Golffunde der Iberischen Halbinsel. Eine archäologische Untersuchung zur Auswertung der Spektralanalysen. Madrider Forschungen Band 17. Berlin-New York, 1992.
- PRIETO MOLINA, S. “Los torques castreños del N.O. de la Península Ibérica”. Complutum, n.º 7, 1996, p. 195-223.
- REBOREDO CANOSA, N. “Evolución tecnológica de la metalurgia del oro desde el Calcolítico a la Edad del Hierro”. Gallaecia, n.º 19, 2000, p. 73-92.
- ROMERO MASIÁ, A. M.ª; ARIAS VILAS, F. Diccionario de termos de Arqueoloxía e Prehistoria. Vigo: Ir Indo Edicións, 1995.
- RUÍZ-GÁLVEZ PRIEGO, M. “La novia vendida: orfebrería, herencia y agricultura”. SPAL, 1, 1992.
- RUÍZ-GÁLVEZ PRIEGO, M. “La orfebrería del Bronce Final: el poder y su ostentación”. Revista de Arqueología, extra n.º 4, 1989, p. 46-57.
- RUÍZ-GÁLVEZ PRIEGO, M. “Oro y política. Alianzas comerciales y centros de poder en el Bronce Final del Occidente Peninsular”. Espacio, Tiempo y Forma, T. 1 Prehistoria, UNED, 1988, p. 325-338.
- TRAPERO PARDO, J. “Una joya de la orfebrería prehistórica lucense. El torques de Burela”. BCPMHAL, 6, 1955, p. 55-59.
- VÁZQUEZ VARELA, J. M. “Etnoarqueología de la extracción del oro de los ríos en el noroeste de la Península Ibérica”. Trabajos de Prehistoria, n.º 52, CSIC, 1995, vol. 2, p. 157-161.
- VÁZQUEZ VARELA, J. M.; GARCÍA QUINTELA, M. V. A vida cotiá na Galicia castrexa. Santiago de Compostela, 1998.
- VIGO GARCÍA, A. O Castro de Zoñán (Mondoñedo, Lugo). Escavacións 2002-2004. Mondoñedo, 2007.
- VILLAAMIL Y CASTRO, J. Adornos de oro encontrados en Galicia. Museo Español de Antigüedades. Madrid, 1874-1875.
Extraída do catálogo A colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo, 2018.
02
Glosario
- Aliaxe: Combinación de dous ou máis metais que se fundiron xuntos para mesturarse.
- Apotropaico: Protección contra os malos espíritos, forma de afastar as súas influencias a través de certos elementos ou obxectos.
- Arracada: Adorno de orella ou pendente de variadas tipoloxías podendo diferenciarse na súa estrutura xeral unha parte superior ou proximal onde se sitúa a cadeíña supralicular, se a houbera, para colgar por encima da orella; a parte medial que é o corpo da arracada con forma de media lúa, ou similar, e a parte distal, que pode ter forma de triángulo invertido soldado á parte medial aínda que non sempre está presente, situada na parte inferior da peza.
- Bateo: Sistema artesanal de busca de pebidas de ouro nos ríos consistente en remover a area do leito fluvial coa auga e vertela nun recipiente redondo e cónico para que as partículas de ouro, máis pesadas, se depositen no fondo do recipiente e o resto o leve a auga ó xiralo.
- Batido: Técnica consistente en golpear a peza de metal cun material flexible de por medio (coiro o tea) para modelar o obxecto que se quere conseguir. Por ouro batido tamén se entende o adelgazado e reducido a follas sutilísimas, que serve para dourar.
- Cera perdida: Técnica consistente na elaboración dunha peza en cera, despois cóbrese de barro e outros materiais, quentada ata a desaparición da cera do interior porque se derrete, confórmase así a matriz do molde no que despois se verte o metal fundido que ó arrefriar e tras romper a capa de barro dá como resultado a peza desexada.
- Estampado: Técnica decorativa consistente en premer a golpe de martelo cun punzón metálico sobre a superficie do reverso dunha lámina.
- Filigrana: Técnica decorativa consistente en soldar finos fíos de ouro a unha lámina ou superficie dunha peza formando motivos decorativos.
- Fundición: Derreter o mineral por medio da calor para separar o metal dos residuos.
- Granulado: Técnica decorativa consistente en soldar pequenos gránulos ou esferiñas de ouro a unha superficie formando motivos diversos.
- Martelado: Técnica que consiste en golpear directamente o metal cun instrumento tipo martelo sobre a superficie da peza para darlle a forma desexada.
- Ornitomorfos: Motivos decorativos moi presentes na ourivería castrexa que representan de forma esquemática a aves acuáticas tipo patos.
- Ouro: Do latín aurum. É o metal máis dúctil e maleable, pode reducirse con facilidade a láminas e fiarse en arame, moi bo condutor da calor e a electricidade e un dos máis pesados. De color amarela brillante e inalterable. Quimicamente é pouco activo, non se oxida nin queima en contacto co aire, é inerte ós álcalis e ós ácidos. Elemento químico situado no grupo Ib do S. P., conxuntamente co cobre e a prata. Núm. Atóm. 79. Símbolo: Au. A súa relativa escaseza e a súa aparición na natureza en estado nativo, ademais doutras características xa mencionadas, convérteno, nun metal precioso moi valorado. Actualmente un dos principais países produtores é a República Sudafricana.
- Repuxado: Técnica decorativa consistente en realizar motivos cun cicel de punta redondeada que non corta a lámina senón que imprime en negativo polo reverso para que saian en relevo no anverso.
- Soldadura: Unión de dúas pezas metálicas intercalando un metal que ó quentarse e fundirse pega os dous elementos soldándoos.
- Torque: Colar ríxido formado por unha variña de sección circular ou poligonal curvada en forma de “c” que termina en remates voluminosos en forma de periña, dobre escocia, bitroncocónicos, etc. Poden levar diversos motivos decorativos tanto na variña como nos remates sendo os máis frecuentes a filigrana en forma de oitos ou de espirais e os arames enrolados.
- Villena/Estremoz: O depósito de Villena (Alacante) demostra a práctica dunha sofisticada técnica de fundición á cera perdida en ouro e a existencia do torno de eixe horizontal ó igual que pezas como o brazalete de Estremoz (Portugal), por iso B. Armbruster e A. Perea (1994) deron en denominar tipo Villena/Extremoz ás pezas áureas cos seguintes elementos formais: obxectos cilíndricos (brazaletes) con algún dos seguintes elementos decorativos: molduras, perforacións rectangulares ou ovaladas ou puntas piramidais ou cónicas en series lineais. A este tipo pertencería o brazalete de Ourense e por derivación os de Melide e Urdiñeira do MPL.
- Xacementos primarios e secundarios: Os xacementos primarios son praceres auríferos consolidados sobre roca. Os xacementos secundarios implican un transporte e encóntranse en terreos sedimentarios, entre estes poden distinguirse os praceres aluviais consolidados e os praceres fluviais móbiles, as famosas pebidas de ouro arrastradas polos ríos ou depositadas no seu leito.
Nota. No artigo das dúas autoras citadas titulado Tecnología de herramientas rotativas durante el Bronce Final atlántico. El depósito de Villena (1994), Trabajos de Prehistoria 51(2):69-87, explícase claramente este complexo proceso de fabricación que inclúe a técnica da cera perdida e o emprego de instrumentos rotativos no Bronce Final.
Nota. Extraído do catálogo A colección de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo, 2018.
Abreviaturas utilizadas:
MPL: Museo Provincial de Lugo
CO: Catálogo do Ouro Prerromano na Provincia de Lugo
GT: Catálogo de Galicia non Tempo