Liteira de mulas de dúas prazas en madeira policromada con grilandas florais e, na parte traseira da caixa, bico e abrazo de Xesús e Xoán Nenos, sobre unha nube e sinalados por un anxiño, ao gusto dun Boucher ruralizado. Dúas portas e tres ventás. Non conserva o vidro que, como era habitual, formaba unha fiestra que subía e baixaba cun bastidor, dende o interior. O interior forrado con seda azul; dispón de catro ferros a modo de soporte para os varais de madeira que se apoiaban nos lombos de dous mulos (conservados no almacén). Teito en coiro rematado con cravos cónicos en bronce.
Maleta de coiro marrón forrada no seu interior con tea marrón e con neceser na tapa superior. Esquinas reforzadas con cantoneiras de coiro chatoladas. No lateral dereito leva as seguintes pegatinas: "Hotel Metropole. Venise. Cav. V. Boscaro Propr." e do "Majestic Hotel Inglaterra. Barcelona (España)". No lateral esquerdo "Hotel Cavour. Prop. Belleie Bonora e Piazza Cerrobia. Napoli" e do "Splendide Hotel Patria. Firenze. Via Calzaioli. Comm. V. Bruno"
Maleta de cartón marrón claro, cunha sobrecuberta exterior de tea beixe e reforzos nas esquinas de coiro. Bolsa interna e con correas de suxeción para a roupa.