Campaíña en latón dourado con argola en forma de S. Supoñémoslle un uso apotropaico, talvez formou parte dun cinturón de amuletos, daqueles chamados "cinguidor" ou "dijero de infante": compoñíase dunha cinta de tea sobre a que se dispuña un número indeterminado de elementos que mesturaban o significado relixioso co profano. Neste caso, a campaíña combatía o mal de ollo en recordo difuso do tintinnabulum do mundo clásico.
Candeeiro co pé circular en cobre bañado en prata e astil abalaustrado e ornamentado con bandas gallonadas, en prata. Na parte superior un pratiño voado para recoller a cera. Con punzón de prateiro sen identificar no borde da base: un sol de raios flameantes, quizais máis ben alusiva á localidade de Écija.
Candeeiro, co pé circular en cobre bañado en prata e astil abalaustrado e ornamentado con bandas gallonadas, en prata. Na parte superior un pratiño voado para recoller a cera. Con punzón de prateiro sen identificar no borde da base: un sol de raios flameantes, quizais máis ben alusiva á localidade de Écija.
Lámpada de aceite en bronce. De pé circular co borde recurvado e astil abalaustrado, o depósito conta con tres chisqueiros. Sobre este corpo, unha abrazadeira móbil de arco calado sirve de fixación a unha pantalla plana que aumenta o adorno da peza amais de dirixir a luz. Outro brazo, menor, remata noutro panel, neste caso calado, para tamizala. O astil remata nunha ansa calada en forma de flor de lis.
Lámpada de aceite de pé circular e astil abalaustrado. O astil superior de parafuso regulable en altura. Co depósito esférico e dunha soa lapa. Conta cunha cadea con tapador de lapa e asa superior de perfil mixtilíneo.
Lámpada de aceite en bronce, de pé circular e astil abalaustrado. O depósito conta con tres chisqueiros. Sobre este corpo, unha abrazadeira móbil de arco sirve de fixación a unha pantalla plana, de forma pentagonal, o que aumenta o adorno da peza amais de dirixir a luz. Conta tamén cunha cadea con tapadeira para as lapas.
Candeeiro dunha soa luz en madeira de castiñeiro e ferro. De corpo cilíndrico con progresión volumétrica en altura rematado en bocel voado sobre pedestal troncopiramidal.
Candeeiro dunha soa luz en madeira de castiñeiro e ferro. De corpo cilíndrico con progresión volumétrica en altura rematado en bocel voado sobre pedestal troncopiramidal.
Candeeiro en bronce de pé cadrado e astil abalaustrado con estrangulacións. Basamento troncocónico con aristas concéntricas incisas. Dunha soa luz, presenta no remate repisa exvasada que serve de base a un pratiño en cristal tallado e voado para recoller a cera.
Candeeiro en bronce de pé cadrado e astil abalaustrado con estrangulacións. Basamento troncocónico con aristas concéntricas incisas. Dunha soa luz, presenta no remate repisa exvasada que serve de base a un pratiño en cristal tallado e voado para recoller a cera.
Candeeiro de cerámica de Rouen, de corpo cilíndrico, con motivos florais a pincel esmaltado en azul, amarelo e vermello e pé triangular, con cadansúa palmeta pintada en azul.
Candeeiro de cerámica de Rouen, de corpo cilíndrico, con motivos florais a pincel esmaltado en azul, amarelo e vermello e pé triangular, con cadansúa palmeta pintada en azul.
Candeeiro en madeira de nogueira dunha soa luz. O astil é de corpo tronconónico invertido e remata en talla cefaliforme por ambas caras, a modo dun deus Xano mais cos trazos dun chinés de longos bigotes. Vai apoiado nun pé formado por catro volutas en forma de C.
Lámpada de aceite en bronce de catro lapas. De pé circular co borde recurvado e astil abalaustrado. Vástago superior en parafuso para a súa regulación en altura. Conta con dous brazos calados, un deles con pantalla ovalada para dirixir e reflectir a luz. Remata nunha asa tamén calada en forma de coroa real.
Candeeiro de catro luces en porcelana tipo biscuit, orixinal da fábrica de Sitzendorf. Desmontábel en dúas pezas, base con figuración e vástago de remate, consta de tres brazos a maiores do central que remata a composición. Decorado con motivos florais e de rocalla, todo él en tons amarelos pasteis. O asunto iconográfico representado podería aludir ao amor no seu sentido tráxico en virtude do mito recreado, ainda que de acordo con esa estética rococó máis xuguetona, sofisticada e frívola que segue a peza, inspirada na pintura dun Fragonard ou dun Boucher, por exemplo. Represéntase a Psyche, ou alma humana, acompañada por un putto que poderíamos identificar con Céfiro, o vento enviado por Cupido para salvar á súa amada. Outra posibilidade é que se trate de Anteros, irmán de Cupido e personificación da vinganza do amor non correspondido. Ela vai ataviada cun chitón, coa cabeleira recollida nun moño e suxeito sobre da testa cunha cinta, e descalza. Os dous con ás de bolboreta, o seu atributo máis evidente (tanto de Psyche como de Anteros e o propio Céfiro). Onde a traxedia? Psyche e Anteros/Céfiro sopran pompas de xabrón, emblema clásico da fugacidade do tempo e polo tanto, do amor, coma así lle aconteceu a Psyche.
Candeeiro de catro luces en porcelana tipo biscuit, orixinal da fábrica de Sitzendorf. Desmontábel en dúas pezas, base con figuración e vástago de remate, consta de tres brazos a maiores do central que remata a composición. Decorado con motivos florais e de rocalla, todo él en tons amarelos pasteis. O asunto iconográfico representado é unha alegoría do Amor resolta de acordo con esa estética rococó máis xuguetona, sofisticada e frívola que segue a peza, inspirada na pintura dun Fragonard ou dun Boucher, por exemplo. Represéntase a Venus como deusa da Primavera, cáseque unha Flora, acompañada polo seu fillo, Cupido, deus do Amor. Ela vai ataviada cun chitón clásico percorrido por flores que desbordan tamén a cestiña que porta na man esquerda e que apoia na cadeira. Ao igual que Psyche, leva a cabeleira recollida nun moño e suxeito sobre da testa cunha cinta, e vai así mesmo descalza. Foi Venus quen encomendou a Psyche catro probas imposíbeis para gañar o amor do seu fillo Cupido. Conseguiu pasar as catro probas, incluída a que lle mandaba ao Hades. As ás de bolboreta aluden precisamente á condición inmortal tras pasar esa proba.
Candeeiro de tres brazos, corpo en bronce e pé circular en mármore branco. Cada brazo conta co seu pratiño voado para recoller a cera, do cal penden prismas de cristal de roca facetados, a modo de lágrimas.
Candeeiro de tres brazos, corpo en bronce e pé circular en mármore branco. Cada brazo conta co seu pratiño voado para recoller a cera, do cal penden prismas de cristal de roca facetados, a modo de lágrimas.
Candeeiro en metal bañado en prata, dunha soa luz, de pé circular moldurado, astil abalaustrado e facetado, bocel superior con cenefa de grilanda de láureas repuxadas e entrelazadas e prato voado en cristal.
Candeeiro en metal bañado en prata, dunha soa luz, de pé circular moldurado, astil abalaustrado e facetado, bocel superior con cenefa de grilanda de láureas repuxadas e entrelazadas e prato voado en cristal.