Aparador en madeira de nogueira con dúas lacenas na parte baixa, dobre caixoneira e repisa en mármore branco. A parte superior, que é retranqueada en planta e está flanqueada por aletóns recortados, a modo de retablo barroco, conta con dúas estanterías. Remata nun tímpano partido e recortado centrado por un copete de froitas talladas, acios, uvas e marmelos.
Aparador en madeira de castiñeiro con dúas lacenas de dobre porta de follas con plafón rectangular resalteado. Vai apoiado en 6 zapatas troncopiramidais de fronte estriada.
Arca de madeira tropical cos taboleiros lateirais enteirizos, dunha soa peza, apoiado en catro pés troncopiramidais coa súa cara frontal estriada. O moble conta con dúas pechaduras de ferro na fachada. Os pernos de feche parten da tapa. Nos flancos, asas fundidas en ferro.
Arca en madeira de castiñeiro apoiado en catro zapatas. De corpo rectangular con tapa abisagrada. Conserva a pechadura en ferro forxado co seu perno e bocachave.
Arca de gardar en madeira de castiñeiro, de taboleiros enteirizos ensamblados en cola de miñato. Vai apoiada en dúas zapatas. A face frontal vai tallada con hexapétalas e unha espada rudimentaria, motivos de obvia significación apotropaica. Tamén consta da inscrición :"YZOLA DOMINGO ANTº","ANO DE 1759". Pechadura de ferro forxado con perno e palastro embelecedor.
Arca de gardar en madeira de castiñeiro; consta de catro taboleiros enteirizos ensamblados en cola de miñato e tapa con lixeira moldura, abisagrada, con perno de feche en ferro forzado e bocachabe de cerco avolutado e calado. Conserva a bocachave parte do feltro vermello orixinal. Vai apoiado en zapatas rematadas en pés troncopiramidais. A face frontal vai tallada con motivos florais e xeométricos (xirasoles, hexapétalas, escamas, trísceles) profilácticos e dous cartuchos de lados curvos e perfil convexo cunha inscrición laudatoria adicada a Xesús e María e a firma do autor, Pedro Vastero (sic), e data.
Arca de gardar en madeira de castiñeiro apoiado en zapatas. De corpo rectangular ensamblado en cola de miñato e reforzado con bisagras. Tapa abisagrada con moldura no seu borde. Conta nos flancos con cadansúa asa de ferro forxado en forma de ril, a fechadura na cara frontal e bocachave.
Armario en madeira de castiñeiro con dúas portas centrais. Na parte inferior un caixón con tiradores en bronce. Nos laterais, cadanseu bastidor con cinco estantes no interior. As esquinas anteriores e posteriores resoltas con baquetón moldurado á altura do imóscapo.
Armario de planta rectangular que se utilizaba para gardar xergóns de lá. Labrado en madeira de castiñeiro, conta con dúas portas na súa cara frontal talladas cun gran cuarterón resalteado, tallado a bisel, e outro panel inferior como sinxelos motivos ornamentais, nunha disposición que ritma o lenzo, enteirizo e ensamblado a cravo, e que se repite nos laterais. O cornisamento, co seu entaboamento moldurado, é lixeiramente voado. Salienta o faldón ondulado, con maior volume na onda central, e que serve de unión aos catro pés que soportan a estrutura. Conserva a súa pechadura orixinal en ferro. No interior tres baldas corredeiras.
Armario roupeiro que antigamente se utilizaba para gardar a roupa de cama. Fáltanlle as portas frontais e un dos bastidores laterais. Nestes, cadansúa lacena con seis baldas e na parte frontal un caixón con tiradores en ferro estilo Imperio e catro baldas. Moldura superior curva e faldón recortado, características de inspiración francesa.
Armario para gardar as pezas de caza menor en madeira de castiñeiro policromada; no seu interior con catro baldas ou estantes. Vai apoiado en catro patas. De forma rectangular, con porta e co lado esquerdo rebaixado en curva. A escena representada é de carácter cómico: un garda real inglés bebe a morro dunha botella baixo a mirada censora doutro garda. Albíscase á dereita unha arquitectura cupulada semellante á catedral de Saint Paul.
Armario en madeira de castiñeiro e caoba, con embutidos de marquetería que debuxan unha rosa dos ventos, de dúas portas de perfil trapezoidal, suliñadas as albanegas con fileteados de marquetería en buxo. Os tiradores en bronce. Apoiado en catro pés cabriolé. Un deles conserva o remate orixinal en forma de gadopa.
Banco dos chamados de "espaldar" en madeira de castiñeiro, disque provinte da igrexa parroquial de San Xoán de Tor, con asento para varias persoas: composto de dous taboleiros rectangulares e catro patas unidas por dúas chambranas.
Cadeira en madeira de caoba, coa pá dividida en tres montantes planos, de menor lonxitude que os laterais. O asento, trapezoidal, de reixiña. Presenta unha cintura lisa de decoración e catro patas afusadas. Deseño propio de mobiliario de oficina, non de ceador, propio dos anos 20-30, inspirado en modelos ingleses e americanos, producidos en serie, funcionais.

Cadeira en madeira de caoba, coa pá organizada en tres barrotiños, lisos os dos extremos e o central, en estípite abalaustrado e torneado, rematado cun copete floral, unha hexapétala enmarcada nun círculo. O asento, trapezoidal, en reixiña. Sobre catro patas afusadas.
Butaca tipo Voltaire en madeira de caoba con tapicería en tons roxos con motivos florais en marrón, respaldo recto e dous apoiabrazos avolutados. Patas dianteiras troncocónicas e molduradas provistas de pequenas rodas.
Butaca Isabelina de mediados do XIX en madeira de caoba con tapizado en tea de veludo en tons granates e ocres con motivos vexetais, respaldo ovalado e patas cabriolé.

Butaca Isabelina de mediados do XIX en madeira de caoba con tapizado en tea develudo en tons granates e ocres con motivos vexetais, respaldo ovalado e patas cabriolé.
Butaca Isabelina de mediados do XIX en madeira de caoba con tapizado en tea de veludo en tons granates e ocres con motivos vexetais, respaldo ovalado e patas cabriolé.
Butaca Isabelina de mediados do XIX en madeira de caoba con tapizado en tea de veludo en tons granates e ocres con motivos vexetais, respaldo ovalado e patas cabriolé.
Butaca isabelina de mediados do XIX en madeira de caoba tapizado en tea de veludo en tons granates e ocres con motivos vexetais, dous apoiabrazos, respaldo trapezoidal con remate floral e patas cabriolé.

Cadeira biedermeier de caoba, respaldo con tres barrotes, o superior en madeira torneada, o central liso e o inferior en forma de palmeta. Asento tapizado en tea adamascada en tons rosa palo. Apoiada en catro patas, as posteriores de sabre. Xunto coas outras, facía xogo co canapé do salón norte.