Bargueño de influencia italiana en madeira policromada imitando un acabado en carei e bronce. Dividido en tres rúas: as laterais contan con catro caixóns cada un, coa súa correspondente pechadura e embelecedor, un palastro de latón; a central, organizado a modo de portada dístila que alberga un arco de medio punto coroado a base de placas voadas e recortadas, sobresae en planta cunha porta con dobre bisagra que dá acceso a cinco caixóns en marquetería. Decorado todo o frontal con fileteado metálico en latón embutido describindo círculos encadeados.
Bargueño en madeira de castiñeiro. Composto de dous corpos: o inferior, un taquillón soporte do escritorio, é un caixón de taboleiros enteirizos ensamblado con cola de miñato con dous caixóns na cara frontal, grandes e con dúas asas de ferro recurvadas, en forma de C invertida; vai apoiado este corpo en dúas zapatas coa súa face tallada en estrías; o contador superior, ensamblado en cola de miñato reforzado con cantoneiras de ferro forxado e bisagras flordelisadas, organízase en once gabetas con tirador central circular en madeira tallada, flanqueado o tirador por placas resalteadas de perfil ovalado e resalte central, e orlado o perímetro cunha grilanda tallada policromada en vermello. Os caixóns arrodean unha lacena central con pechadura. Conta con tapa abatible mediante bisagras e perno de feche superior. A fechadura da tapa vai ornamentada cun palastro de ferro forxado con tracería calada. Nos costados, asas de ferro forxado, curvas e abalaustradas.
Bargueño, contador ou escritorio papeleira de influencia italiana, quizais napolitana, en madeira, en forma de caixa rectangular con embutidos de carei e decoración a base de mascaróns bocachave en bronce dourado. Dividido en tres corpos: os laterais contan con tres caixóns cada un (en total seis), e tiradores en bronce con bocachave; o central consiste nunha porta que sobresae en planta articulada mediante bisagra. Organízase esta fronte en disposición dístila cunha fornela central que acubilla á musa Terpsícore, fundida en bronce; este corpo dá acceso a catro caixóns interiores. Decorado con fileteado metálico en latón describindo círculos encadeados. Apoiado en catro pequenos pés lenticulares. Nos flancos, asas en ferro forxado
Papeleira de influencia ou mesmo procedencia italiana, en marquetería de madeira de piñeiro con laminado de ébano, carei e óso gravado con motivos vexetais e animais e a figura dun cabaleiro á moda do primeiro terzo do XVII que centra a composición. A caixa, ensamblada en inglete, organízase verticalmente en tres corpos: o central, con porta exterior que dá lugar a catro caixóns; os dous corpos laterais contan con tres caixón cada un. Asas laterais en ferro forxado, curvas e abalaustradas, formando unha C invertida.
Berce tipo balancín en madeira de castiñeiro, estilo Carlos IV, con cabeceiro a modo de peita curva con embutidos de marquetería en buxo que debuxan unha rosa dos ventos, estrela central de seis puntas. Os flancos, organizados por unha sucesión de seis vans delimitados por barrotiños planos de perfil eseado unidos na base. Fronte e pé de tres arcos de acordo coa mesma organización dos laterais. Apoiado sobre dous balancíns en forma de media lúa moi rebaixada. Os catro ángulos rematados por cadansúa acrótera ovoidal.
Biombo de tres follas articuladas por bisagra en madeira de piñeiro revestida con verniz escuro. En realidade, trátase dun tríptico armado con simples bastidores rematados con copete de volutas afrontadas o central, e con motivos floriformes, tamén afrontadas e debuxando un losange calado na súa unión, os laterais. Os plementos son lenzos e van pintados no seu anverso ao óleo, con pinturas de paisaxe e arquitectura que poetizan as propias dos xardíns da Alhambra e o Generalife, supoñemos que a raíz da visión pictórica dun Sorolla e da súa serie granadina. O da esquerda, por exemplo, ofrécenos o Mirador da Lindaraja empolicanda sobre o seu xardín, coa característica fonte e mailo ciprés, semellante, salvando as distancias na execución, ao encadre da mesma estampa do mestre valenciano. O asunto do lenzo central... podería tratarse da Torre de Comares. No seguinte quizais esteamos ante un recanto dos xardíns do Generalife. No reverso os lenzos van asegurados ao marco mediante bastidor de piñeiro. As escenas dos paneis extremos van enmarcadas cun trampantollo de arco de ferradura pintado. Sen asinar, os motivos decorativos dos copetes suxiren unha cronoloxía de comezos do XX.
Moble buró, sorte de bonheur de jour feminino, dese estilo Luis XV depauperado do XIX, lixeiramente panzudo, con dous caixóns na parte inferior, tres na superior e tapa abatible, apoiado en catro patas cabriolé e con motivo decorativo de palmeta no centro da cintura.
Moble buró en madeira de caoba escura; na parte superior con 13 caixóns, lacena central con caixón secreto, tiradores en cristal tallado e tapa abatible con pechadura de bronce. Na parte inferior catro caixóns grandes con tiradores en madeira de cabeza circular. Vai apoiado en catro pés lenticulares.
Buró-librería formado por dous corpos. No inferior catro caixóns con tiradores en bronce e tapa abatible que servía de escritorio. No seu interior seis caixóns (3 en cada lateral e unha pequena lacena central). Na superior, retranqueada, unha librería con tres baldas divididas á súa vez en diferentes apartamentos e con dúas portas. O moble remata con cornisa curva con decoración de rocalla sobredourada no copete.
Cadeira biedermeier de caoba, respaldo con tres barrotes, o superior en madeira torneada, o central liso e o inferior en forma de palmeta. Asento tapizado en tea adamascada en tons rosa pau. Apoiada en catro patas, as posteriores de sabre. Xunto coas outras, facía xogo co canapé do salón norte.
Cadeira en madeira de caoba. Asento acolchado en tea adamascada con granate. Catro patas afusadas unidas por travesaños. Respaldo cunha sorte de lira ao estilo Imperio ou Country Chippendale de acordo coa interpretación feita por Duncan Phyfe.

Cadeira en madeira de caoba. Asento acolchado en tea adamascada con granate. Catro patas afusadas unidas por travesaños. Respaldo cunha sorte de lira ao estilo Imperio ou Country Chippendale de acordo coa interpretación feita por Duncan Phyfe. Da casa Cabezas, en Chantada, copia das cadeiras do XIX da Sala de Armas, froito dun encargo de don José Taboada Zúñiga.

Cadeira en madeira de caoba con respaldo e asento acolchado tapizado en tea adamascada cor granate. O respaldo vai decorado cunha sorte de lira ao estilo Imperio. Decoracións de rameados nos frontais. Patas afusadas unidas en chambrana. Tipo das que facía Duncan Phyfe.

Caixa garda correspondencia de parede, en cartón lacado en cor negro con motivos xaponeses en ocre. Destaca a decoración inspirada na estampa xaponesa: sakura, Koi e ave fénix.
Cama napolitana de campaña con pavillón, en madeira pulimentada de pau de santo e incrustacións con apliques de arabesco en bronce dourado no cabeceiro. Como emblema heráldico, un tríscele dextroso de flores de lis, quizais relativos ao apelido Varela.
Cama con dosel en madeira de cerdeira con barrotiños torneados e catro pés rematados en rodas. O dosel en tea de damasco de seda azul e flecos. Cabeceiro tamén de barrotiño torneado con decoración de volutas de resonancias barrocas flanqueando unha sorte de edículo rematado en tímpano curvo.
Cama de caoba, tipo olot pero baixo a depuración do estilo Carlos IV, con cabeceiro de peita con volutas decoradas con rosetas sobredouradas nos arranques, copete de palmeta sobredourada, e estrela de seis puntas de marquetería centrada por dúas bandas concéntricas. As patas, afusadas, rematados en chisqueiros bañados en pan de ouro.
Cama portuguesa en madeira de castiñeiro torneada con decoración emblemática no cabeceiro. Orgaínzase por medio de catro grandes mastros torneados, máis altos os correspondentes ao cabeceiro, coroados por un pináculo de base bulbosa. O cabeceiro está resolto a modo de peita distribuída en dous pisos organizados en arquerías que alternan balaústres torneados e pinxantes que caen do centro de cada arco; flanquean o edículo dúas volutas acantiformes e eseadas. Resérvase o centro do tímpano resultante para acoller a talla dun froito, quizais un marmelo. Do edículo parten dúas láureas voantes, motivos que axudan a precisar a cronoloxía do moble.
Confidente de catro corpos. Parte central con capitoné. Tapizado en tons ocres con motivos florais tipo Paisley e rematado en flocadura perimetral no faldón con pasamanerías de cordón. Apoiado en dez patas con rodas.
Consola en madeira tallada con motivos florais e de rocalla e vexetais bañada en pan de ouro. Catro patas cabriolé unidas por chambrana e meseta en mármore branco, dese gusto romántico que recuperou a estética do rococó.
Escritorio papeleira en madeira de castiñeiro. A caixa resólvese con taboleiros enteiros ensamblados en cola de miñato con reforzos de bisagra de ferro forxado flordelisada e cantoneiras do mesmo. Tapa abatible por bisagra con perno, pechadura e palastro en ferro forxado ornamentado con dúas bandas laterais de tres puntas de ferro forxado de cabeza circular. O frente do contador organizado en nove gabetas superpostas organizados en columna, con tirador circular tallado en madeira. O caixón inferior da columna esquerda e máis curto que a caixoneira. O moble vai apoiado en catro pés circulares de perfil abombado. Nos flancos, asas de ferro forxado recurvadas con embelecedor.
Moble buró escritorio en madeira de castiñeiro con dous corpos: o inferior consta de cinco caixóns; o superior, retranqueado e con tapa frontal abatible, con seis pequenos caixóns no interior, pintados en tons verdes e algún deles con secreters.
Espello tremó con marco en madeira e estuco, de perfil curvo e sobredourado. Rematado na parte superior cunha tarxa vexetal a modo de copete flanqueada por motivos acantiformes. Daquel momento isabelino no que se recuperaron motivos decorativos do rococó cortesán.
Espello tremó de canto biselado con marco de madeira dourada e na parte superior copete en forma de peita, frontón partido por palmeta central, de gusto neobarroco.
Espello tremó de gusto historicista, con marco de madeira de caoba tallada formando grilandas con rosas na parte superior. Na parte inferior xardineira tamén en caoba con seis azulexos vidrados e esmaltados na parte frontal e un en cada lateral, apoiada en seis pés. Os azulexos probabelmente sexan da casa Mintons, de Staffordshire (fundada en 1793). O deseño dos azulexos corresponde a un modelo producido por esa casa entre os anos 1905 e 1908, de acordo coa estética modernista herdeira das Arts & Crafts neste caso, de aí a cronoloxía barallada para o espello. Seguen eses azulexos un deseño do célebre William de Morgan do ano 1872-1882, producido no 1898, dos que se conservan exemplares no Victoria & Albert Museum.