Espello con marco en madeira bañada en pan de ouro, adornos con motivos vexetais e florais na parte superior e nas dúas esquinas inferiores, dese gusto romántico que recuperou a estética do rococó.
Espello con marco en madeira. Na parte interior un ribete en bronce. Orixinariamente tiña nas catro esquinas un remate en mármore a modo de cantoneira.
Espello con marco en madeira. Na parte interior un ribete en bronce. Orixinariamente tiña nas catro esquinas un remate en mármore a modo de cantoneira.
Cornucopia tallada en madeira dourada de perfil mixtilíneo e motivos de rocalla e volutas en forma de C en estuco coroado cun copete con pinxante fitomórfico. Á parte da lúa do espello fáltalle o azogue e o marco presenta algunha falta.
Moble esquineiro; a parte inferior cunha lacena con dúas portas e aplicacións en madeira tallada, repisa en mármol e parte superior tres estantes con barrotes.
Libraría con tres estantes ou baldas. Na parte inferior, dúas pequenas lacenas con chave. Na parte media, seis compartimentos para devocionarios. Na parte superior, unha cruz potenzada en dourado e seis soportes para poñer os rosarios.
Peaña en madeira, a modo de guéridon, tallada en castiñeiro, coa figura dunha serea bicaudata que serve de cariátide. Érguese sobre dunha columna de corpo octogonal en madeira tallada con catro pequenos pés con forma de garra, ao gusto neoplateresco. Moi semellante ao estilo manexado polo escultor e decorador Maximino Magariños.
Moble leñeira en madeira de castiñeiro con dous ocos no seu interior para gardar a leña e apoiada orixinariamente en catro pés, pois faltan os do lado dereito. Organizado por dúas piastras laterais, o corpo troncopiramidal a unha auga, vai rematado cun copete de media lúa con decoración xeométrica incisa rematado en cinco pináculos flordelisados, a modo de nacente solar. O interior vai dividido en dúas seccións por unha táboa para ordear os leños.
Libraría escritorio de castiñeiro dividida en dous corpos: No inferior, tapa abatible que da lugar a oito caixóns con marquetería de madeira e óso gravado con motivos animais e vexetais (aves afrontadas enmarcadas por cadanseu ciprés) e na parte central un oco. Os tiradores dos caixóns tamén en óso. Na parte superior catro baldas e oco central. Vai apoiada sobre catro pés en madeira de piñeiro posteriores, do século XX. As gabetas semellan reutilizadas dun bargueño do século XVII, posto que o estilo do moble responde aos hábitos de finais do XIX (o baquetón co que se resolven as esquinas remite a ese momento)
Mesa labrada en madeira de castiñeiro e ferro, tallada a bisel con debuxos xeométricos e florais (xirasoles, hexapétalas, escamas, trísceles) de carácter apotropaico. Vai erguida sobre catro pés en forma de estípite e tres chambranas. Amplo faldón con dous caixóns. Quizais do oficial de carpentaría Pedro Vastero, pois delata o mesmo estilo que a peza 11 deste inventario.
Mesa encartable de centro en madeira de castiñeiro con dúas ás pregables e dous caixóns laterais (un a cada lado) e oito patas en madeira torneada e aneis lenticulares (dúas delas abatibles).
Mesa tipo buffet en madeira de nogueira para bargueño, de catro patas, as anteriores rectas e as frontais de lira, unidas por cabia inferior floriforme policromada en negro nos plementos.
Mesa comedor estensible en dúas fases, en madeira de caoba, de planta ovoidal, con lixeiro faldón na cintura e apoiada en seis patas abalaustradas, bulbosas no imóscapo e estranguladas cabo dos pés, que van sobre cadansúa roda.
Mesa estensible de dúas ás abisagradas, en madeira de castiñeiro; con seis patas lisas con chambrana torneada, dúas delas abatibles. O corpo conta con dous caixóns laterais.
Mesa velador en madeira de castiñeiro que se sostén nun soporte central rematado con tres pequenas patas avolutadas (soporte e patas pintadas en negro).
Mesa de xogos co taboleiro do xadrez debuxado e nos extremos motivos vexetais de roleos, que se sostén nun soporte central rematado en tres pequenas patas avolutadas.
Mesa de comedor ou refectorio en madeira de castiñeiro, tallada con motivos xeométricos e floróns tetrapétalos de valor apotropaico. No amplo faldón, triple caixoneira con cartucho central de perfil convexo e tiradores de ferro en forma de perno. Vai apoiada en catro patas molduradas, en forma de estípite e unidas con chambrana.
Mesa de xogos de caoba estilo Carlos IV con tapa abatible. Aberta, dispón dun pano para xogar ás cartas e, pechada, dun taboleiro de xadrez en marquetería na parte central. Apoiada en catro patas afusadas e decorada no faldón cun rameado de marquetería en tons marróns.
Mesa de xogos con tapa abatible. Aberta, un taboleiro de xogo de cartas en madeira de caoba con incrustacións de marquetería que forman rosas dos ventos. Caixón frontal. Apoiada en catro patas afusadas, unha delas abatible (que se abre para suxeitar o taboleiro cando a tapa está aberta)
Mesa de xogos en madeira de caoba con tapa abatible. Aberta, torna en taboleiro de xogo de cartas en madeira de caoba con embutidos de marquetería que debuxan o leitmotiv da rosas dos ventos. Caixón frontal. Apoiada en catro patas afusadas, unha delas abatible (que se abre para suxeitar o taboleiro cando a tapa está aberta)
Mesa de xogos co taboleiro do xadrez debuxado con fileteado de buxo e nos extremos motivos vexetais, sostida nun trípode con vástago central en forma de balaústre e pés avolutados.
Mesa de nogueira e cerdeira, apoiada en catro patas, as frontais de orde columnario toscano sobre pedestais cadrangulares, e as traseiras, piastras lisas de igual orde e baseamento.
Mesa de xogos co taboleiro do xadrez debuxado cun fileteado de buxo; nos extremos, motivos vexetais acantiformes. Sostido o taboleiro sobre un trípode con vástago central abalaustrado sobre tres pés avolutados.
Mesa de noite en madeira de castiñeiro, coas súas esquinas cortadas en chafrán. Porta no frontal resalteada cun cadrón: dá paso á lacena interior, que conta cun estante e caixón. Repisa en mármore gris veteado con antepeito no fondo.
Mesa de noite con taboleiro en madeira de marquetería, cunha flor tetrapétala enmarcada por un losange. A corola, en nácara. O cerco da mesa decórase con marquetería perimetral de motivos xeométricos. Apoiada en catro patas en madeira torneada, lenticulares, en madeira de cerdeira, con chambrana e fiadores de ferro forxado. Probabelmente fora o soporte dun contador ou bargueño.
Mesa de noite con taboleiro en marquetería de marfil e óso, e motivo decorativo no emblema central dun paxaro, quizais un melro, tamén en marfil, acompañado por trísceles de catro aspas no mesmo material. Catro patas en madeira torneada de cerdeira, de perfil lenticular, con fiadores de perfil eseado en ferro forxado. Probabelmente fora o soporte dun contador ou bargueño.
Mesa de noite en madeira de castiñeiro. Na parte inferior lacena cunha balda, na superior un caixón e tiradores en metal branco. Parte de arriba en mármore branco.
Mesa comedor en madeira de castiñeiro tallada, con triple caixoneira e tiradores en ferro. Falda da mesa con decoración xeométrica. Vai apoiada en catro patas molduradas a modo de balaústres e unidas en chambrana.
Mesa tipo buffet que serve de soporte ao bargueño. En madeira de catro pés de lira, de perfil avolutado en forma de C os dianteiros, e unidos cunha cabia inferior tallada en forma de flor pintada en negro.
Mesa de noite en madeira de castiñeiro con peita superior, pequeño estante e rematado en copete. Meseta en mármore branco. Consta dun caixón e porta decorada con motivos xeométricos en marquetería. Tiradores en bronce. Apoiada en catro pés afusados.
Mesa de noite en madeira de castiñeiro con peita superior, pequeño estante e rematado en copete. Meseta en mármore branco. Consta dun caixón e porta decorada con motivos xeométricos en marquetería. Tiradores en bronce. Apoiada en catro pés afusados.
Mesa de despacho en madeira de caoba, coa parte central oca e catro caixóns a cada lateral e unha parte central. Por outro lado, unha lacena en cada lateral cun caixón na parte superior e na central tamén oco cun caixón na parte superior.