Mesa arrimadeira "decorativa ou consola" en madeira coa parte superior en mármol en tons granate e gris e con caixón central.Apoiada en catro patas de cor negro.
Mesa velador en madeira de caoba con forma de media lúa, réplica do modelo Thonet nº 43. Pé derivado en tres pés formando volutas e pináculo central no vástago de unión.
Palanganeiro en madeira de faia con espello na parte superior e almofía en louza branca. Nos laterais dous saintes para colgar toallas, do tipo que producía Thonet (vid. Nº 924)
Paraugueiro en madeira de piñeiro con tres ocos para os paraugas, co frontal con debuxos incisos en forma de grilanda de reminiscencias pompeianas e con depósito en cinc. Remátase o corpo cun tímpano de volutas que flanquean un copete de palmeta. Nos extremos, cadansúa acrótera. Para apoio dos paraugas, unha varanda curva apoiada nun balaústre composto por dúas seccións troncónicas, moi afusadas, unidas por unha moldura lenticular.
Peaña baixa de planta cadrangular en madeira de castiñeiro con repisa voada perfilada cun filete e pé de antepeito sobre arco moi apaisado. Nun dos laterais, debuxado a plumilla por D. Benxamín de Prado, o escudo de armas do apelido Taboada-Zuñiga.
Moble recibidor en madeira de castiñeiro. Na parte superior co monograma formado polas iniciais en letra inglesa e entrelazadas RAG (Ramón de Andrés García López, finado en 1918); con espello, seis colgadores para sombreiros e dous ocos laterais para colocar paraugas.
Reixa protectora de cheminea en ferro forxado, de forma rectangular. O panel, en forma de grella cadrangular, vai apoiada en dúas zapatas e leva un copete formado por dúas volutas forxadas afrontadas.
Sofá tres prazas isabelino en madeira de caoba tallada con motivos vexetais, de palmeta acantiforme nos brazos e divisións en aspa avolutada dos asentos, coroados estes con copetes calados nos extremos e central avenerado; salienta o amplo faldón tallado con motivos fitomórficos e as patas, que son cabriolé, co recorrente ornamento en forma de palma de loureiro, reminiscente do estilo Imperio. A tapicería en cor amarelo (a orixinal era vermella).
Sofá tipo fernandino con certo deixo isabelino en madeira de caoba. De tres prazas, vai apoiado en catro patas en madeira tallada con motivos gallonados. Asento, respaldo e laterais acolchados e tapizados en tea de veludo adamascado en cor verde. O respaldo, de perfil mixtilíneo, vai decorado con cabezas de cisne enfrontadas e unha palmeta no copete. Os repousabrazos, dispostos ao gusto Imperio, van tallados con motivo acantiforme. O faldón, mínimo, moldurado en bocel.
Sofá canapé de tres prazas en madeira de caoba, con apoiabrazos. Apoiado en 8 patas afusadas unidas por travesaños. Asento acolchado en tea adamascada de cor granate. Decoración de rameados sobredourados nos frontais e unha sorte de lira no respaldo (en realidade tipo shieldback), ao estilo Imperio ou Country Chippendale interpretado por Dunchan Phyfe. Da casa Cabezas, en Chantada, réplica do mesmo canapé do cuarto do Bispo. Froito dun encargo de José Taboada Zúñiga.
Soporte de forma rectangular donde está apoiada a liteira, en madeira tapizada con tea de damasco de seda natural de cor vermello.(A tea de damasco pertence ao século XVIII).
Moble toucador con espello central con duas repisas elevadas nos laterais e cadanseu caixón; na parte inferior dous caixóns grandes. Apoiado en catro pés e meseta en mármore. Rematado en frontón recto partido para aloxar un edículo coroado por tímpano semicircular. Flanqueado o espello por volutas acantizadas.
Toucador estilo Carlos IV con embutidos en marquetería de madeiras nobres con dous caixóns pequenos, outros dous máis grandes e, na parte superior, tres apartamentos para gardar obxectos; na central, un marco para un espello móbil, a modo de psiqué. Tiradores en bronce e tapadeira abatible. Patas afusadas e motivos ornamentais estilo Imperio (xarróns e grilanda floral central)
Moble toucador lavabo en madeira pintada de branco e con espello e oco para almofía. Dous pequenos caixóns cos tiradores en bronce e cadanseu toalleiro nos laterais
Moble toucador en madeira de castiñeiro, con dous caixóns frontais e meseta en mármore; espello central surmontado con ornamentación rococó de lazos drapeados e cadanseu candeeiro de bronce nos laterais. Sobre catro patas de trompeta, semellantes ao estilo Adam e con chambrana disposta en aspa, de perfil curvo, con repisa central de base circular para almofía.
Toucador en madeira de distintos tons (negro e claro) con espello biselado flanqueado por fragmentos de voluta acantizada. Na parte inferior dous caixóns e dous altillos tamén con outro dous caixóns a cada lateral, repisas en mármore branco. Tiradores en madeira tallada e apoiado en catro pequenos pés. Remate en forma de tímpano recortado para fornecer un pequeno edículo.
Vitrina en madeira, na parte inferior unha balda e na parte superior dúas portas con cristal biselado. O interior forrado con gamuza de pel beixe e compartimentos para colocar cuberterías.
Vitrina de tres corpos e catro estanterías en cada un deles. Divido en tres rúas, a central máis elevada e rematada en forma curva. Tres portas con cristal biselado. Apoiada en oito patas afusadas. Leva decoración sobredourada de rameados incisos na cara frontal. Da casa Cabezas, en Chantada, froito dun encargo de don José Taboada Zúñiga, a xogo coas cadeiras tipo Chippendale tamén encargadas, copia das do XIX da Sala de Armas e Cuarto do Bispo.
Vitrina dun só corpo con tres estantes en madeira de cor negro. Parte superior con balconciño en bronce calado coroado por pináculos. Apoiada en catro pés con forma de gadoupa tamén en bronce sobre unha bola. Moi semellante ás que tiña Daniel de Zuloaga no seu obradoiro, na igrexa de San Xoán dos Cabaleiros.